1 / 6
Escala numérica, na que 1/6 é o indicador de menor risco e 6/6, de maior risco
FONDO DE GARANTÍA
ABANCA está adscrita ao Fondo de Garantía de Depósitos de entidades de crédito. O Fondo garante ata un máximo de 100.000 euros por depositante e entidade de crédito.
Conta Netclub, aforrar ten recompensa
A Conta Netclub é unha conta infantil deseñada para fomentar o aforro entre os máis pequenos da casa. Se os ensinas a que miren antes de cruzar ou que aten os cordóns, por que non ensinalos a que aforren?
Aforrar ten recompensa
-
Conta Netclub
Unha conta para ensinar aos teus fillos a que se esforcen: a medida que vaian aforrando recibirán puntos que poderán trocar por libros, películas, xoguetes…
-
Programa de puntos Netclub
A medida que se incremente o saldo da conta infantil do teu fillo, irá acumulando puntos Netclub que logo poderá cambiar no catálogo Netclub.
-
Como cambiar os puntos
Temos unha web na que atoparás un catálogo con xoguetes educativos, libros, música, tecnoloxía… Elixe os que queiras, e listo!
-
Para a túa filla ou fillo
A Conta Netclub de ABANCA é unha conta de aforro infantil que está destinada a aforradores desde 0 a 15 anos.
Aprender a aforrar desde meniños ten moito que ver con aprender a ter paciencia e esforzarse para conseguir un obxectivo. A Conta Netclub está deseñada sobre esa base: unha conta infantil para nenos con idades comprendidas entre 0 e 15 anos que recompensa o seu esforzo por aforrar.
A medida que o teu fillo ou a túa filla vaian aforrando, irán acumulando puntos Netclub que poderán cambiar por libros, música, tecnoloxía… É unha conta perfecta para empezar a aforrar e, por suposto, sen comisións nin xuros de ningún tipo (TXN 0% e TAE 0%).
Calquera saldo que presente a conta non se remunerará, se o saldo existente fose por exemplo 6000 €, a remuneración por dito importe sería 0 €.
Como funciona o Programa Netclub?
Irás sumando puntos trimestralmente, segundo o saldo medio que teñas na conta nese momento: 1 punto por cada 50 euros de saldo. Por exemplo: se abrises unha Conta Netclub o día 1 de xaneiro con 50 euros e mantiveses esa cantidade ata o 31 de decembro, recibirías catro puntos, un cada trimestre.
Tes toda a información nas bases do programa, pero lembra que para coñecer os puntos que vas acumulando tes dúas opcións: cada tres meses recibirás un extracto na túa e-correspondencia informándote do teu saldo e tamén nos podes chamar ao 981 910 522.
De acordo coa normativa vixente, esta retribución por parte de ABANCA constitúe o que se coñece como un "rendemento de capital mobiliario en especie", e por tanto está suxeito ao Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas (IRPF) por parte de quen o recibe, e sometida, no seu caso, á correspondente obrigación de ingreso a conta por parte do pagador. Corresponderá a ABANCA a práctica do ingreso a conta aplicable, no seu caso, cuxa contía será asumida por ABANCA como maior importe da retribución. En ningún caso poderán ser obxecto de compensación económica ou retribución en efectivo os productos do noso catálogo Netclub.
Que documentación necesito?
Dedicamos moitos recursos para facilitar a contratación en liña dos nosos produtos e servizos, pero neste caso cómpre que acudas a unha oficina, xa que o titular da conta será o menor. Necesitaremos o libro de familia ou a folla de inscrición no rexistro, o DNI do menor e o DNI dos representantes legais.
No caso de que os representantes legais non sexan os pais, é necesario presentar a documentación que acredite esa condición. A partir de aquí, aforrar e ter recompensa por iso será moi fácil coa Conta Netclub e co catálogo que ti e o teu fillo tedes ao voso dispor.
E cando meu fillo sexa maior de idade?
Non te preocupes: cando cumpra 16 anos entrará no nivel Xove do Programa Servizos ABANCA, sen que teñades que facer nada, e poderá gozar dunha morea de beneficios ata que cumpra 30 anos:
-
Non pagará comisións de mantemento se a conta está ao seu nome e todos os titulares teñen entre 16 e 29 anos.
-
Terá unha tarxeta Mastercard Tú NX gratis coa que poderá retirar diñeiro a débito en calquera caixeiro de ABANCA e ata 5 veces ao mes na Rede Euro 6000, Euronet, Banco Sabadell, Bankinter, Caja de Arquitectos, Caja de Ingenieros e Euro Automatic Cash. Ten en conta que pode haber bancos que che cobren unha comisión polo uso do caixeiro (nós non!), así que fíxate porque todos os bancos (en España é obrigatorio) deberían avisar desta comisión mediante unha mensaxe na pantalla do caixeiro para que poidas confirmala ou anulala.
-
Poderá facer transferencias gratis a través da súa banca electrónica e da app de ABANCA, que tamén é gratis.
Conta Netclub: transparencia e garantías
Conforme o establecido na Orde ECC/2316/2015, dende febreiro de 2016 determinadas entidades que prestan servizos de investimento ou comercializan algún dos produtos financeiros afectados por esa Orde deben amosar un indicador do risco como o do cadro que encabeza esta ficha, que ten por obxecto “garantir un apropiado nivel de protección ao cliente ou potencial cliente de produtos financeiros mediante o establecemento dun sistema normalizado de información e clasificación que lle advirta sobre o seu nivel de risco e lle permita elixir os que mellor se lles axeiten ás súas necesidades e preferencias de aforro e investimento. Trátase dunha escala numérica, do 1 ao 6, onde 1/6 é o indicador de menor risco e 6/6 o de maior risco.
Ten en conta tamén que ABANCA está adscrita ao Fondo de Garantía de Depósitos español. O límite da cobertura é de 100.000 € por depositante e entidade de crédito. Tes máis información na ficha de información precontractual.
Para saber máis...
dúbidas
-
Os obxectos do catálogo Netclub teñen algún efecto na miña declaración da renda?
Conforme a normativa vixente, os obxectos promocionais constitúen unha retribución en especie para ti, polo que están suxeitos ao Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas (IRPF). Que significa isto? Pois que ABANCA, cando che entregue un obxecto do catálogo Netclub, vaiche imputar o valor da retribución en especie para efectos da súa declaración de IRPF, tal e como o esixe a normativa.
-
Onde podo consultar os meus puntos Netclub?
Podes consultar o teu saldo de puntos Netclub na e-correspondencia da túa app ou banca electrónica. E realizar un pedido, é moi fácil! Só tes que acceder a www.netclub.abanca.com
Poderás cambiar os puntos Netclub por libros, videoxogos, tecnoloxía e calquera dos outros artigos que aparecen no catálogo Netclub.
DOCUMENTACIÓN
- Amosámosche a información da Conta Netclub no seguinte PDF que contén a Ficha de Información Precontractual (FIPRE). (En pdf)
- Consulta o Documento Informativo de Comisións (DIC). (En pdf)
- Coñece as bases do programa Netclub (En pdf)
- Lista de servizos máis representativos asociados a esta conta (En pdf)
- Se queres solicitar un traslado de contas a ABANCA, contámosche como facelo
NO BLOG