No mundo onde ti estás

Somos un banco con vocación internacional onde, durante moitas décadas, traballamos man a man cos galegos e demais españois que vivían no exterior. E seguimos facéndoo, ofreciéndoche os servizos e vantaxes de ABANCA cando máis os necesitas. Preto ou lonxe, estamos sempre contigo.

Antes de nada, grazas

Dende o comezo, cando aínda non nos chamabamos ABANCA, ti e outros coma ti fostes a nosa razón de ser, o noso apoio no día a día e a razón para chegar a ser o que somos. E ti non estiveches sempre no mesmo lugar: tiveches que moverte e evolucionar, como o fixemos nós.

ABANCA non sería o que é hoxe sen todos os que, coma ti, seguistes confiando os aforros, as nóminas e pensións, en nós, a pesar de estar moi lonxe dos vosos lugares de nacemento. E queremos darvos as grazas por deixarnos facer de ponte coas vosas familias, por podervos axudar e traballar con vós, por recibir o voso apoio e os vosos investimentos a pesar da distancia. Este era e segue a ser o lugar onde mellor vos tratamos.

Solucións para ti

Esteas onde esteas podes solicitar e contratar produtos en ABANCA, e xestionar os teus aforros coma se estiveses nas nosas oficinas.

Se xa hai tempo que marchaches, pode que esteas pensando en volver e instalarte de novo na terra. Podes mercar propiedades coa axuda da nosa Hipoteca Mari Carmen, unha hipoteca que se adapta aos cambios da túa vida e coa que poderás aprazar até dous anos de cotas. E también podemos axudarche cun empréstito persoal para cubrir os gastos do cambio de vida.

E se estás entre os que aínda acaban de partir, pero xa empezas a pensar no futuro, temos moitas opcións de investimento. Depósitos con distintos prazos e tipos de xuro, pero tamén Plans de pensións, para que cando volvas o fagas coa tranquilidade dun futuro asegurado.

Manexa os teus aforros dende onde esteas

Grazas á banca a distancia podes beneficiarte de todos os nosos servizos directamente dende a web ou dende o móbil, sen ter que achegarte a unha oficina. Xa non importa en que parte do mundo te atopes: podes informarte sobre calquera dos nosos produtos e servizos a través de internet. E nalgúns casos, mesmo contratalos directamente online.

Coa banca electrónica podes xestionar todas as túas contas e produtos de aforro dende calquera sitio, mesmo a través do teu teléfono móbil, coa máxima seguridade. Este é o xeito máis cómodo de faceres as operacións a calquera hora, calquera día e dende calquera lugar, levándonos sempre no teu peto.

Descubre o preto que estamos

E ademais de beneficiarte de todos os nosos servizos a través da web e a banca a distancia, tamén podes atoparnos en calquera destas oficinas.

Frankfurt

Mainzer Landstrasse, 69

Frankfurt am Main

60329 Alemania

Responsable: Bernardo Luis López Bertram

Londres

Malta House

36-38 Picadilly, 4th floor

W1J 0DP Londres

Reino Unido

Responsable: Elena Hernández Fernández

París

París

111 Rue du Faubourg Saint-Honoré

75008 Paris

Francia

Responsable: Francisco Martinez Serrado

Ginebra

27, Quai Des Berges

1201

Genéve-1

1211 Suiza

Responsable: Alfonso López López

Visita a web »

Zurich

Talacker, 50, 8º

Zurich

8001 Suiza

Responsable: José Manuel Silveira Orgeira

México DF

C/ Lago Zurich, 219

Plaza Carso, Int.204

Colonia Ampliación Granada

11529 México DF

México

Responsable: Miguel Javier Alvarez Freire

Panamá

C/ Aquilino de la Guardia. Torre Banesco, 10º

Ciudad de Panamá

Panamá

Responsable: Juan Ignacio Prado Sánchez

Caracas

Avenida Principal de las Mercedes

Torre Banesco II - Urb. El Rosal

Caracas

1060 Venezuela

Responsable: Julio Hernández Crisafi

Lisboa

Av. 5 de Outubro, 48

1050-057

Lisboa - Portugal

www.abanca.pt

Responsable: Joao Pedro Deconinck Pimenta

Río de Janeiro

Rúa Lauro Muller, 116. Sala 2201

Botafogo – Rio de Janeiro

Brasil 22290

Responsable: Jose Luis Nogueira Carniado

Miami

ABANCA USA

1395 Brickell Avenue,

Suite 1500,

Miami

E cando veñas, achégate a falar con nós

Tamén podes pórte en contacto connosco a través deste formulario e contestarémosche canto antes.

Se extraviaches a túa tarxeta de crédito ou débito, ou cres que cha puideron roubar, chámanos rapidamente ao 900 815 524 (+34 981 910 524 se nos chamas desde fóra de España) para que a bloqueemos, e así ninguén poderá utilizala no teu lugar.

Lembra que tamén podes xestionar os produtos que tes contratados a través de banca telefónica chamando ao +34 981 179 600 e coas túas claves de banca a distancia.

Para saber máis...

dúbidas

  • ¿Que necesito para abrir unha conta en ABANCA se non resido en España?

    Se desexas abrir unha conta en ABANCA pero non resides en España, é necesario que te poñas en contacto cun dos nosos xestores que te axudarán en todo o que necesites. Para a alta, necesitarás a seguinte documentación:

    • Un documento identificativo como o pasaporte, NIF ou un documento oficinal estranxeiro.
    • A declaración de residencia fiscal.
    • Un certificado fiscal expedido pola facenda do país no que estés residindo.
    • Un certificado fiscal de convenio expedido pola facenda do país no que resides.
    • O teu domicilio no estranxeiro e en España.
    • O teu número de identificación fiscal do país onde resides.

    Ademais desta documentación que é obrigatoria, agredecemos que aportes tamén o número de teléfono móbil e fixo do país no que estés residindo e España, así como o mail para poder ofrecerche en todo momento os mellores servizos.

Introduce o teu número e chamarémoste de contado.
O noso horario de atención é de luns a venres, de 8 da mañá a 10 do serán.