AXENTES FINANCEIROS
Queres traballar para un dos maiores bancos españois? Descobre as vantaxes de formar parte da rede de axentes ABANCA.
-
O teu tempo, o teu negocio
Autonomía co apoio dun gran grupo financeiro.
-
Tecnoloxía e produto
Un banco tradicional desenvolto sobre tecnoloxía de vangarda.
-
Especialistas en persoas
Oferta financeira e aseguradora para profesionais e grandes patrimonios.
-
Catálogo á túa medida
Cunha gama de produtos que che permitirá chegar tan lonxe como queiras.
Apoio dunha marca líder
ABANCA é un banco internacional con presenza en 11 países, con máis de 700 oficinas, e que conta cunha rede de axentes encargada de apoiar a estratexia de crecemento do banco en todo o territorio peninsular (España e Portugal).
Rede comercial conectada
Traballar para ABANCA darache acceso a todos os recursos comerciais dos que dispoñen os máis de 6200 empregados de ABANCA. Ademais, contarás co apoio das vantaxes comerciais que ofrecen as nosas canles de comunicación, cunha forte presenza dixital.
Profesionais con experiencia e dedicación
Os axentes financeiros de ABANCA destacan polo compromiso cos nosos clientes, seguindo os parámetros de calidade, transparencia e proximidade que caracterizan o noso Sentir Común. Son profesionais con dedicación personalizada, que coñecen o mercado, e contan con:
- Experiencia contrastada no sector financeiro
- Titulación MIFID e en constante actualización
- Un perfil comercial emprendedor
-
Contacta con nós agora
Xa podes ser axente dun dos mellores referentes financeiros da península Ibérica. Descubre agora as vantaxes de formar parte da rede de axentes de ABANCA. Recibe máis información cubrindo este formulario e porémonos en contacto contigo.
Enviando este email aceptas la política de datos y privacidad de ABANCA. Puedes consultar la Política de Privacidad aquí
Para saber máis...
dúbidas
-
ABANCA, unha das dez primeiras entidades financeiras españolas por volume de activos, é un banco con sede en Galicia que aposta por unha nova forma de facer banca, baseada no que nós denominamos Sentir Común, e nuns valores moi claros: responsabilidade, confiabilidade, calidade e innovación.
Contamos cunha rede de arredor de 700 oficinas distribuídas por España e outros 9 países. Traballamos aquí máis de 4.600 persoas dedicadas a satisfacer as necesidades de clientes e clientas coma ti.
En Galicia, onde se atopa a razón social de ABANCA estamos presentes no 87% dos concellos, polo que damos cobertura ao 98% da poboación. Somos, ademais, o primeiro financiador do tecido empresarial galego, un compromiso co desenvolvemento, o futuro e a prosperidade que forma parte, tamén, da alma deste novo banco.
Fóra de Galicia contamos cunha rede comercial de 114 oficinas, con especial presenza en León, Asturias e Madrid.
-
Podes inscribirte na comunidade de talento de ABANCA, empleo.abanca.com. Déixanos o teu currículo e coñece as ofertas de emprego que ofrecemos antes que ninguén.
-
Queremos conciliar os atributos da banca tradicional coas características dun banco de última xeración que aposta pola innovación como un dos seus valores primordiais.
En ABANCA o cliente está no centro de todas as nosas decisións, e se nos gusta dicir que somos unha banca de persoas para persoas é porque os nosos empregados son a outra parte fundamental deste Sentir Común.
O noso modelo é dunha banca de servizo e proximidade.
-
A alma deste banco e desta marca resúmese nunha emoción: Sentir Común. O Sentir Común é un compromiso cos nosos clientes: o de facer sempre o que sexa mellor para todos; o de mollarse se os demais se mollan. Sentir Común é ter o pés na terra e ir todos no mesmo barco. Sentir Común é escoitar e responder. Con transparencia e honestidade, con proximidade e sinxeleza.
Ademais, neste novo banco todos os empregados e empregadas comprometémonos con catro valores irrenunciables: responsabilidade (somos serios e cumprimos coa palabra dada); confiabilidade (dicimos sempre a verdade, porque é a única forma de xerar confianza); innovación (porque o mellor sempre está esperando uns pasos máis adiante) e calidade (porque nos propomos ser os mellores, cada día, para superar as expectativas dos nosos clientes).
-
¿Cómo podo ser máis ecolóxico na miña xestión bancaria?
Cada 100 clientes que se apuntan a correspondencia electrónica salvan unha árbore ao longo do ano, aproximadamente. Se a finais de este ano conséguese que 100.000 usuarios opten por non recibir papel, salvaremos 1.000 árbores. E a cifra seguirá aumentando.
-
Servizo de Atención ao Cliente. Como podo poñer unha reclamación?
Se sufriches algunha incidencia e non a puideches resolver na túa oficina, podes dirixirte ao noso Servizo de Atención ao Cliente.
Atenderemos cualquera queixa ou reclamación que presentes no prazo máximo dun mes desde que a recibamos.
-
Como podo contactar con ABANCA?
Para contactar connosco, envíanos a túa consulta a través do seguinte formulario ou chámanos ao teléfono 900 815 522. Se chamas desde o extranxeiro faino ao +34 981 910 522.
Se o prefires, podes contactarnos a través do buzón da túa banca electrónica desde a sección de 'Axuda e Contacto' tanto se nos escribes a nivel particular como representando á túa empresa.
-
Tes todas as garantías derivadas das normativas regulatorias que cumprimos como entidade financeira española e europea, e da aplicación do noso modelo de goberno corporativo, a altura dos máis elevados estándares internacionais.
Os nosos indicadores de redabilidade, solvencia e liquidez avalan a nosa estratexia de sostenibilidade a longo prazo, focalizada no negocio minorista tradicional e a concesión de crédito.
ABANCA obtivo no 2015 un beneficio neto de 330 millóns de euros, o que supón unha rendabilidade (ROTE) do 8,7%, unha das máis elevadas do mercado bancario en España.
Somos unha das entidades máis solventes do sector financeiro español e europeo, o que nos permite superar o nivel de capital mínimo requerido de acordo coas directrices de Basilea III.
Dispoñemos dunha posición de liquidez de 10.917 millóns de euros en activos dispoñibles e capacidade de emisión, cifra coa que cumprimos amplamente os requerimentos esixibles en 2018.
Desenvolvimos un novo modelo comercial onde cobran protagonismo a solidez, a atención ao cliente e a innovación, así que estamos nas mellores condicións para atender, con responsabilidade e sentido común, as túas necesidades.
-
Que podemos agardar os empresarios e emprendedores de ABANCA?
Sentir Común tamén é preocuparnos polo futuro, polo noso contorno. Por iso ABANCA nace cun claro compromiso cos empresarios, cos emprendedores, coa industria e o comercio. O noso obxectivo é formalizar máis de 12.000 millóns de euros en crédito nos próximos tres anos, dos que 8.300 millóns estarán dirixidos ao financiamento da economía produtiva.
Queremos, ademais, dar un forte pulo á actividade internacional, acompañando as nosas empresas na súa internacionalización, estreitando os vencellos coa colonia galega no exterior e aproveitando o potencial de Banesco Internacional nos países onde está presente.