-
Que é SOFia, o chat con IA xenerativa, e como funciona? O noso novo chat con IA xenerativa é unha ferramenta avanzada que utiliza intelixencia artificial xenerativa para responder as túas preguntas e guiarte o mellor posible cunha linguaxe próxima e coloquial.
Está deseñado para ofrecerche respostas sinxelas con toda a información que posúe da nosa web e está dispoñible as 24 horas do día, todos os días da semana.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/banca-electronica/chat-sofia#744 -
É seguro usar SOFia, o chat de IA? Si, o chat é completamente seguro xa que se aplican as correspondentes medidas de seguridade. Non almacena información persoal dos usuarios e garante a confidencialidade das túas consultas.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/banca-electronica/chat-sofia#745 -
Que tipo de consultas podo resolver co chat SOFia? SOFia pode resolver consultas e dúbidas sobre os nosos produtos e servicios baseándose nas preguntas frecuentes dos nosos clientes e en toda a información publicada en abanca.com.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/banca-electronica/chat-sofia#746 -
Pode o chat SOFia responder preguntas sobre as miñas contas ou datos persoais? Non, o chat non pode acceder a información específica da túa conta nin responder consultas persoais sobre os teus datos financeiros.
Para estas consultas, recomendámosche que contactes co teu xestor ou que utilices as canles nas que estás identificado como a app, a banca electrónica ou a banca telefónica.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/banca-electronica/chat-sofia#747 -
Que vantaxes ten o chat SOFia fronte a outras canles de atención? O chat ofrece unha resposta rápida e cunha linguaxe moi próxima. Ademais, ofréceche respostas sintetizadas a partir de toda a información dispoñible en abanca.com.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/banca-electronica/chat-sofia#748 -
Substitúe o chat SOFia os xestores persoais? Non, o chat non substitúe a atención personalizada dos nosos xestores. Está deseñado para asistir en consultas e dúbidas xerais e para guiarte o mellor posible entre toda a información da nosa web.
Con todo, se buscas atención personalizada ou tes dúbidas sobre produtos específicos, podes seguir contactando co teu xestor ou pedir unha cita na oficina máis próxima.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/banca-electronica/chat-sofia#749 -
Que consultas non resolve o chat de IA SOFia? - Non ofrece información sobre os teus produtos ou os datos persoais
- Non substitúe o rol dun xestor personalizado
- Non realiza xestións por ti
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/banca-electronica/chat-sofia#750