-
Como funciona o informe de gastos na Banca electrónica? O informe de gastos é unha ferramenta gratuíta fantástica para xestionar o teu diñeiro da forma máis eficiente. A través dun documento moi completo onde agrupamos os teus gastos por categorías (caixeiros, supermercados, restaurantes, saúde…) poderás saber dunha ollada en que gastas os aforros.
Interésache? Activalo é moi sinxelo: podes facelo cando e onde ti queiras, dende a túa banca electrónica. Tes que acceder ao apartado ‘Tarxetas’, e dentro deste a ‘Informe de gastos’, na columna da esquerda. Se xa tes a app de banca móbil, podes acceder á tarxeta da que queres o informe e pulsar sobre os tres puntos da dereita. Aí preséntase a opción 'Informe de gastos' onde se pode ver o detalle.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/banca-electronica/outras-operativas#230 -
Para que serve o buzón digital? O buzón dixital é sinxelo, cómodo e sustentable. Grazas a el poderás:
- Consultar os movementos das túas contas e traxetas
- Gardar e imprimir todas as comunicacións do teu banco desde calquera dispositivo con acceso a internet
- Recibir un aviso mensual de nova correspondencia por email ou SMS, que poderás xestionar en ‘O meu perfil’
- Realizar procuras das comunicacións que che enviemos
- Modificar o contrasinal
Lembra que só terás este servizo dispoñible se che avisamos previamente por correo postal.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/banca-electronica/outras-operativas#401 -
Como podo realizar un envío de diñeiro entre as miñas contas? Se dispós do servizo de banca a distancia podes realizar un envío de diñeiro entre as túas contas ou a outro titular mediante a banca electrónica, seleccionando a opción Transferencias.
Tamén podes realizalo desde a túa banca móbil seleccionando a conta desexada ‘Enviar diñeiro' > 'Ás miñas contas ou tarxetas de ABANCA’ e seleccionar cóntaa /tarxeta de destino; ou chamando ao servizo de banca telefónica ao teléfono 981 179 600.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/banca-electronica/outras-operativas#188 -
Como podo actualizar os meus datos de contacto? Ter actualizados os teus datos é fundamental para poder ofrecerche o mellor servizo. Por iso, se mudas de enderezo, de teléfono, ou de correo, é importante que os actualices. Poñemos a túa disposición dúas formas moi sinxelas de facelo. Podes:
- Se tes claves de banca telefónica, chámanos ao 981 17 96 00 (+34 981 17 96 00 se estás no estranxeiro)
- Ou achegarche a unha das moitas oficinas que temos preto de ti.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/banca-electronica/outras-operativas#189 -
Podo pagar impostos, multas ou recibos pola banca electrónica ou pola app? Se es cliente de ABANCA e descargáchesche a app de banca móbil, é moi sinxelo. Só tes que entrar no teu app de banca móbil, seleccionar a conta desde a que desexas realizar o pago e pulsar en acceder ‘Operar’ > ‘Pago de recibos’ e capturar o código de barras da multa ou recibo (como facer unha foto). Tamén podes realizar o pago desde a túa banca electrónica ou banca telefónica chamando ao 981 17 96 00 (ou +34 981 17 96 00 se chamas desde o estranxeiro) .
Só poderás pagar e domiciliar os recibos que indiquen que ABANCA é entidade colaboradora:
- Impostos, contribucións e taxas da túa cidade (IBI, Lixo, IVTM, etc.)
- Recibos de subministracións (luz, auga, gas, etc.)
- Recibos da Seguridade Social.
- Multas de Concellos
Para o pago de impostos e taxas de comunidades autónomas, poderás facelo na web de cada Comunidade.
E se es autónomo ou profesional, tamén poderás pagar tributos desde a banca electrónica de empresas.
Se non tes as claves para usar a túa banca a distancia, podes contratala facilmente aquí e enviarémoschas.
Se non es cliente, podes pagar cunha tarxeta financeira unha multa ou un recibo utilizando a nosa pasarela de pagos.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/banca-electronica/outras-operativas#193 -
Que pasa se intentan cobrarme un recibo e non teño saldo na miña conta? En ABANCA realizamos varios intentos para cobrar o recibo ata as 15 horas do día seguinte á data de cobro. Se antes dese momento non hai saldo suficiente na conta de cobro, infórmase o emisor de que o recibo foi rexeitado. Posteriormente se o provedor volve a emitir o recibo, realizarase un novo intento de cobro.
Podes xestionar os teus recibos pendentes desde:
- Banca móbil, na opción ‘Contas' > ‘Operar’ > ’Domiciliacións' acceder á empresa do recibo, pulsar no despregable e ‘Pagar recibo’.
- Banca electrónica de particulares, na opción 'Recibos e impostos' > 'Recibos pendentes'.
- Banca electrónica de empresas, na opción 'Pagos/Domiciliacións' > 'Domiciliacións' > 'Os meus recibos pendentes'.
- Na túa oficina de ABANCA.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/banca-electronica/outras-operativas#358 -
Enviei un ficheiro de transferencias. Cando chegarán aos seus destinatarios? Se realizaches o envío antes das 12 h chegarán ese mesmo día a todos os destinatarios. Se enviaches o ficheiro de transferencias antes das 20 h, chegarán o mesmo día aos clientes de ABANCA e ao día seguinte hábil, ás contas doutras entidades financeiras.Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/banca-electronica/outras-operativas#144 -
Como podo xestionar as miñas contas dende a miña casa? Podes consultar as túas contas na sección 'Posición Global' ou na opción 'Contas' da túa banca electrónica. Tamén podes realizar esta consulta a través de banca móbil na app de ABANCA ou no teléfono 981 179 600 (ou no +34 981 179 600 se nos chamas desde o estranxeiro) identificándote coas claves do servizo de banca a distancia.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/banca-electronica/outras-operativas#146 -
Como podo consultar as comisións das transferencias? En ABANCA, as transferencias a España e á Unión Europea en euros e non urxentes son gratis se tes unha conta sen libreta na que todos os titulares teñades entre 16 e 29 anos.
Ademais, tamén che sairán gratis se as fas desde unha Conta Online Clara ou estás no nivel Premium do Programa Servizos ABANCA.
Para o resto de casos, podes consultar as tarifas vixentes.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/banca-electronica/outras-operativas#152 -
Como podo devolver un recibo domiciliado sen ter que ir á oficina? Podes devolver un recibo domiciliado desde a túa banca móbil, pulsando sobre o movemento da conta. Abrimos o movemento e aparece unha icona que nos mostra se ‘se pode devolver’. Se é así basta con seleccionar a opción ‘Devolver recibo’ e automaticamente desaparece dos recibos cargados. Tamén podes facelo desde a túa banca electrónica, na opción 'Recibos e Impostos'
Se non dispós do servizo de banca a distancia, animámosche a que o contrates gratis e 100% online.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/banca-electronica/outras-operativas#160 -
Como podo deixar de recibir avisos por email? Aconsellámosche que non deas de baixa o servizo porque pode ser moi útil para ti. Por exemplo, cando fas unha compra de importe elevado con tarxeta, avisarémosche para que esteas ao tanto.
Podes darte de baixa ou realizar modificacións desde a opción ‘Servizos Móbiles – Avisos’ da túa banca electrónica.
Tamén podes dar de baixa estas notificacións se tes as túas claves de banca telefónica, chamando ao teléfono 981 17 96 00 (+34 981 17 96 00 se chamas desde o estranxeiro).
Se non tes banca a distancia, podes solicitar a baixa do servizo de avisos na túa oficina de ABANCA.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/banca-electronica/outras-operativas#161 -
Como podo conseguir billetes en moeda estranxeira (libras, dólares ou outras divisas)? Se necesitas billetes en moeda estranxeira para as túas viaxes ou outras cuestións, podes solicitar ou ingresar moeda estranxeira en calquera das nosas oficinas. Ten en conta que pode levarnos uns días conseguir os billetes.
Tamén podes solicitalos no 981 17 96 00 (ou no +34 981 17 96 00 se nos chamas desde o estranxeiro). Darémosche unha cita na oficina máis preta de ti para que non fagas colas e teñas os billetes preparados.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/banca-electronica/outras-operativas#162 -
Operacións dispoñibles con contas en divisas Se es cliente de Banca a Distancia, podes ordenar traspasos en euros ou en divisas entre as túas contas. Para iso debes acceder á opción Transferencia – A outros países da túa Banca Electrónica. Antes de realizar o traspaso confirmarémosche o tipo de cambio que se aplica na operación e os datos para que comprobes que a transacción é correcta.Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/banca-electronica/outras-operativas#163 -
Como fago un ingreso nun préstamo impagado a través da banca electrónica? Desde a túa banca electrónica, en calquera momento do día, podes enviar diñeiro das túas contas á conta vinculada ao préstamo e desta forma ter saldo dispoñible cando che carguemos as cotas do préstamo.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/banca-electronica/outras-operativas#555 -
Como podo descargar o certificado de titularidade? O certificado de titularidade pódelo obter a través da Banca Móbil ou Banca Electrónica. Se entras pola BM, accede á conta da que necesitas o certificado e preme sobre a icona de compartir. No caso de que accedas pola Banca Electrónica entra en consultar a conta e ao final atoparás a posibilidade de descargar o documento.
Podes obter máis información nesta entrada do noso blog Contas Claras
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/banca-electronica/outras-operativas#579 -
Onde podo consultar a miña información fiscal? Para axudarche coa túa declaración da renda, en cada exercicio fiscal e coincidindo co comezo da campaña da Renda, facilitámosche un documento con toda a información fiscal dos produtos que tes contratados con ABANCA. Podes atopala na túa Correspondencia da túa banca electrónica, banca móbil ou no teu buzón dixital. Aínda que a data pode variar, adoita estar dispoñible xa desde os primeiros días do mes de abril.
Non tes banca a distancia? Podes solicitala gratis desde esta web, sirve para isto e para moito máis!
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/banca-electronica/outras-operativas#540 -
Cando recibirei un correo de aviso de contido novo en e-correspondencia? Recibirás unha mensaxe cada quince días se non accedeches á sección de e-correspondencia na túa banca electrónica ou na túa app de banca móvil nese tempo. En calquera caso, podes modificar esta frecuencia en calquera oficina.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/banca-electronica/outras-operativas#305