-
Por que ABANCA me pide unha copia ou unha fotografía do meu DNI actualizado? A lei esíxenos manter actualizada a documentación dos nosos cliente. Por isto, ao contratar algún produto ou ao acudir a unha oficina, pódenche solicitar unha copia do teu documento de identidade actualizado.
Tamén, é posible que che chegue unha solicitude a través da túa app de banca móbil indicando que tes documentos caducados. Nese caso, é importante que nos remitas o documento vixente para evitar problemas coas túas contas. É moi fácil! Só tes que seguir os pasos que che indicamos na app.
Se queres saber máis sobre estes sistemas de seguridade,contámoscho no noso blog.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/glosario/actualizar-documentos#530 -
Por que ABANCA me pide un documento que xustifique a miña actividade laboral? A lei esíxenos manter actualizada a documentación dos nosos clientes. Por isto, ao contratar algún produto ou ao acudir a unha oficina, pódenche solicitar unha copia dun documento que xustifique a túa actividade laboral. Por exemplo unha nómina, a vida laboral da Seguridade Social, unha copia da páxina de IRPF onde se indique o nome da empresa e a súa actividade...
Tamén, é posible que che chegue unha solicitude a través da túa app de banca móbil. Nese caso, é importante que nos remitas o documento vixente para evitar problemas coas túas contas. É moi fácil! Só tes que seguir os pasos que che indicamos en a app de ABANCA.
Se queres saber máis sobre estes sistemas de seguridade, contámoscho no noso blog.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/glosario/actualizar-documentos#531