-
Cales son os códigos IBAN e SWIFT ou BIC da miña conta? Podes consultar o teu IBAN ou número de conta na túa banca electrónica ou móbil.
O BIC ou SWIFT de ABANCA é CAGLESMMXXX. Este é o código que nos identifica como entidade ante todos os demais bancos e entidades financeiras do mundo, e é un código que deberás facilitar se che van facer unha transferencia desde o estranxeiro.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/produtos/contas#115 -
Que ocorre cunha conta se o titular falece? Se o falecido era o único titular, dase de baixa aos autorizados.Que acontece co saldo? Bloquéase o que había na data de falecemento.
Se hai varios titulares, unicamente se bloqueará a parte do saldo correspondente ao falecido á data de falecemento (normalmente a parte proporcional en función do número de titulares).
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/produtos/contas#60 -
Que operativa se pode realizar coa Conta de Pago Básica? A Conta de Pago Básica (CPB) permíteche realizar a seguinte operativa:
- Ingresos e reintegros en euros (estes últimos poderanse realizar en calquera oficina da Entidade en España e en caixeiros de ABANCA dentro da Unión Europea).
- Ademais, con esta conta poden realizarse ata 120 operacións de pago anuais en euros dentro da Unión Europea, entendendo como tales: domiciliacións de recibos, ordes de transferencia permanentes e transferencias realizadas tanto na nosa rede de oficinas como a través dos servizos de Banca a Distancia de ABANCA.
Para poder operar a distancia os clientes poden contratar unha tarxeta de débito, ou prepago, e realizar compras, incluíndo pagos online dentro da UE.Tamén poden contratar os servizos de Banca a Distancia (inclúe e-correspondencia).
Non se considerarán operacións de pago e por tanto non se permitirá a vinculación á CPB de ningún outro produto ou servizo que non sexan os detallados nos parágrafos anteriores.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/produtos/contas#445 -
Quen pode solicitar unha Conta de Pago Básica? Só poderán solicitar esta conta as persoas que non sexan titulares doutra conta en ningunha entidade española, ademais deben ser residentes legalmente na Unión Europea, solicitantes de asilo ou, que aínda non tendo permiso de residencia non poidan ser expulsados.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/produtos/contas#446 -
Onde podo consultar os meus puntos Netclub? Podes consultar o teu saldo de puntos Netclub na e-correspondencia da túa app ou banca electrónica. E realizar un pedido, é moi fácil! Só tes que acceder a www.netclub.abanca.comSerás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
Poderás cambiar os puntos Netclub por libros, videoxogos, tecnoloxía e calquera dos outros artigos que aparecen no catálogo NetclubSerás redirixido a outro sitio web.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/produtos/contas#288 -
Como poden ser os titulares dunha conta? Algunhas contas correntes e de aforro poñen restricións a determinados tipos de titulares. Por exemplo, hai contas específicas para empresas, e hai contas polo contrario que só poden abrilas os particulares, non as empresas.
A maior parte das veces as contas poden ter varios titulares, ou cotitulares: deste xeito, varios de vós podedes compartir a mesma conta corrente: para todos os efectos a conta é de todos, e computa como ben de cada un de vós. No caso de ter varios cotitulares podedes escoller se queredes que sexan indistintos, é dicir, que cada un poida operar libremente coa conta, ou que sexan mancomunados, de maneira que sexan necesarias varias sinaturas para facer as operacións.
Ademais, podes sinalar outras persoas para que sexan autorizadas. As persoas autorizadas poderán realizar un determinado número e tipo de xestións nas contas, pero non serán titulares. É dicir, non son propietarios da conta.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/produtos/contas#19 -
Que pasa se teño un descuberto na Conta Online ABANCA? Un descuberto é o que coloquialmente coñecemos como estar en números vermellos. Prodúcese cando retiras diñeiro ou che fan cargos nunha conta onde non tes saldo suficiente. Nese caso, o banco estache adiantando uns cartos que non tes, polo que terás que devolverllo e pagar algúns custos como o interese de demora pola cantidade que está en descuberto, e durante o período que permaneza así. Tamén se cobra unha comisión por estar en descuberto, e se tardas máis de 5 días hábiles en ingresar o diñeiro e poñer a conta en saldo positivo, aplicarase un cargo pola xestión de recobro da falta de pagamento.
Lembra que podes dar de alta o servizo de avisos desde a túa banca electrónica ou móbil para que che enviemos un SMS ou un email cando a túa conta entre en descuberto, para que poidas ingresar o diñeiro canto antes e evitar os custos que xera.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/produtos/contas#132 -
Xa son cliente de ABANCA e quero contratar unha Conta Online Clara, podo? Podes abrir unha Conta Online Clara, que poderás ter ata un máximo de dúas contas deste tipo, e acumúlanseche todas as vantaxes. Por unha parte terás os beneficios propios da Conta Clara (sen comisións de mantemento, transferencias non urxentes gratis, tarxeta de débito gratuita e posibilidade de ter unha tarxeta Visa Tú de crédito gratis o primeiro ano...) e pola outra manterás os teus privilexios do Programa Servizos ABANCA.
Poderás contratala totalmente online nuns minutos!
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/produtos/contas#350 -
Que pasa se deixo de cumprir os requisitos da Conta Online Clara? A Conta Online Clara está pensada para clientes con perfil dixital e que prefiren realizar as súas operacións a través da app de banca móbil ou na banca electrónica. Se realizas ingresos, reintegros, traspasos ou transferencias na oficina durante dous meses seguidos perderás os privilexios desta conta e pasarás a ter unha conta estándar.
Unha conta estándar trae asociada unha serie de pagos polos servizos que che ofrecemos e que terías que empezar a pagar. Con todo, co Programa Servizos ABANCA é moi fácil que non pagues por estes servizos se cumpres uns requisitos moi sinxelos. Podes comprobalo na nosa web.
En calquera caso, antes de que teñas que empezar a pagar, avisarémoste.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/produtos/contas#351 -
Que pasa coa miña Conta Online Clara se fago algunha operación na oficina? A Conta Online Clara está pensada para clientes con perfil dixital e que prefiren realizar as súas operacións a través da app de banca móbil ou na banca electrónica. Se realizas ingresos, reintegros inferiores a 600€ en ventanilla ou vas a oficina a realizar transferencias ou traspasos de calquera importe durante dous meses seguidos perderás os privilexios desta conta e pasarás a unha conta estándar.
Para que isto non suceda, avisarémoste a tempo no caso de que estés incumprindo algunha das condicións e poder evitar deste xeito a cancelación da Conta Online Clara.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/produtos/contas#352 -
Que se consideran produtos de aforro no Programa Servizos ABANCA? Son produtos de aforro todas as contas e depósitos, tanto á vista como a prazo, fondos de investimento, plans de pensións, contas de aforro, accións, valores… En ABANCA é moi fácil non pagar polos principais servizos bancarios. Se queres coñecer os requisitos que necesitas cumprir, consulta a nosa web.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/produtos/contas#24 -
E que pasa coa miña Conta Online Clara cando cumpla 35, ou se o segundo titular xa ten 35 anos? Non te preocupes! A túa conta seguirá mantendo as mellores condicións! Cando cumpras os 35 (ou para aqueles titulares que xa os teñan) só apreciará cambios nas tarxetas. Xa non terás a tarxeta Tú NX senón unha Visa Débito que seguirá sendo de balde!
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/produtos/contas#353 -
Que é o IBAN? Agora teño dous números de conta? O IBAN, ou Número Internacional de Conta Bancaria, é o novo código identificador de contas correntes. Aínda que xa existía desde hai tempo, nos últimos meses volveuse un número obrigatorio en toda a SEPA. A súa función é facilitar os pagamentos internacionais e funciona en toda a Unión Europea, Islandia, Suíza, Liechtenstein, Noruega e Mónaco.
Agora segues tendo as mesmas contas ca antes, pero podes referirte a elas con dous números lixeiramente distintos: o número antigo (o CCC, formado por 20 díxitos) e o novo código IBAN, que é exactamente igual có anterior agás por catro caracteres que se lle engaden ao comezo: o código ES (España) e dous díxitos de control. Se queres saber cal é o IBAN de calquera conta segundo esta nova normativa, podes utilizar este conversor.
De forma progresiva, deixaremos de utilizar os antigos formatos de conta para usar o IBAN. Pero non te preocupes, pois vai ser unha transición progresiva e doada da que non te vas nin decatar. Podes consultar o IBAN das túas contas na sección Contas da banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web ou, de forma máis sinxela, nesta mesma web, no conversor de números de conta.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/produtos/contas#81 -
Son cliente de TARGOBANK, podo realizar operacións en calquera oficina de ABANCA? Aínda que TARGOBANK xa forma parte do Grupo ABANCA, por agora os clientes de TARGOBANK non poden realizar operacións nas oficinas de ABANCA. Máis adiante xa se poderán realizar todo tipo de operacións en todas as sucursais.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/produtos/contas#534 -
Como podo facerme cliente de ABANCA? Se aínda non es cliente de ABANCA, podes contratar a Conta Online Clara desde esta mesma webSerás redirixido a outro sitio web. Levarache menos de 10 minutos!
Durante o proceso indicarémosche todos os pasos que debes seguir, lembra ter a man o teu documento de identidade DNI ou NIE para facerlle unha fotografía, solicitarémosche uns datos persoais e un teléfono de contacto.
Para finalizar todo este proceso, enviarémosche por email os contratos, a ficha de cliente e pedirémosche un documento que nos indique o sector no que traballas (estamos obrigados por lei a solicitarche esta información). Por exemplo, unha copia da nómina ou do informe de vida laboral da Seguridade Social.
Con estes sinxelos pasos, faraste cliente de ABANCA e terás a túa Conta Online Clara completamente operativa e as túas claves de banca a distancia. Non esquezas descargar a nosa app para iOS Serás redirixido a outro sitio webou Android Serás redirixido a outro sitio webe xestiona o teu diñeiro cando e onde queiras.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/produtos/contas#359 -
A Conta Online Clara e a Conta Redonda teñen unha conta de prazo vinculada, como funciona o aforro automático? Se contrataches a Conta Online Clara antes do 1 de febreiro de 2021, terás unha conta principal e unha conta de prazo vinculadas. Os aforros son automáticos e fanse da conta principal á de prazo (ou aforro) unha vez superados os 3000€ e unha vez ao mes.
O primeiro mes no que o teu saldo supere os 3000€ (ou a cantidade que seleccionases) farase un traspaso á conta de aforro cun prazo a seis meses. E se ao mes seguinte volveses superar o limiar, faríase a 5 meses, e así sucesivamente. Ao chegar ao sexto mes, fusionariamos todos os teus aforros e renovaríanse por outros 6 meses.
Outra funcionalidade interesante da túa Conta Online Clara é que o saldo dispoñible é a suma da conta principal e a de aforro. Así, por exemplo, se non che chega o saldo da primeira conta, faise un traspaso automático desde a de aforro.
Na túa app de ABANCA, na sección ‘Personalizar’, podes informarte e realizar cambios que te axuden a xestionar mellor a túa Conta Online Clara ou a túa Conta Redonda.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/produtos/contas#250 -
Son autónomo, que vantaxes me dá a Conta Online Clara? Se es autónomo terás todas as vantaxes da Conta Online Clara, pero ademais as vantaxes que che dá o Programa Servizos ABANCA, que poden ser máis no caso dun autónomo que se foses só un particular.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/produtos/contas#252 -
Como podo dar de baixa ou cancelar a miña conta? Para solicitar a cancelación dunha conta cómpre que acudas a unha oficina de ABANCA. Sempre é aconsellable que acudas á túa oficina xestora, onde tes os produtos contratados, pero se non é posible tamén poderás acudir á túa oficina de ABANCA máis próxima.
Se contrataches a conta en liña ou por teléfono, poderás chamar ao 981 910 534 e solicitar a cancelación.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/produtos/contas#147 -
Como podo realizar unha transferencia nacional? Podes realizar transferencias nacionais desde a túa banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web e app de ABANCA.
Tamén podes facelas por teléfono coas túas claves de banca telefónica chamándonos ao 981 17 96 00 (ou ao +34 981 17 96 00 se o fas desde o estranxeiro) en horario de luns a venres de 08:00 a 22:00 h.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/produtos/contas#148 -
Que é unha transferencia inmediata? As transferencias inmediatas permítenche realizar envíos de diñeiro de ata 15.000 euros en menos de 20 segundos a calquera país da SEPA. Calquera día e a calquera hora. Para realizalas, só necesitarás coñecer o IBAN da conta de destino.
Unha transferencia pódese enviar como inmediata se o banco de destino admite este tipo de operacións. Só nestes casos informarémosche de que dispós de envío inmediato.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/produtos/contas#364 -
Como podo realizar unha transferencia internacional? Considéranse transferencias internacionais a todas aquelas transferencias cuxo destino son países non SEPA. O territorio SEPA está constituído por 34 países que operan coa moeda euro: os 28 que forman a Unión Europea máis Islandia, Lietchestein, Noruega, Suíza, Mónaco e San Mariño.
Podes realizar unha transferencia internacional desde a túa banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web e banca móbil. Lembra que para realizar estas transferencias, ademais dos datos do beneficiario, debes introducir o BIC ou SWIFT do banco de destino. O importe das transferencias internacionais debe de ser inferior a 50.000 € (ou o seu contravalor en divisas). Os gastos son compartidos entre o ordenante e o beneficiario. As operacións en moeda diferente ao Euro deben de enviarse entre as 08:30 e as 17:00 horas.
Se o prefires podes ordenar as túas transferencias internacionais coas túas claves de banca telefónica no 981 17 96 00 (ou ao +34 981 17 96 00 se nos chamas desde o estranxeiro) en horario de luns a venres, de 08:00 a 22:00 h.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/produtos/contas#149 -
Como podo realizar un pagamento programado ou unha transferencia periódica? Podes establecer envíos de diñeiro programados desde a app de ABANCA ou
desde o ordenador.
Na banca móbil, cando realizas un envío de diñeiro ás túas contas ou a outras
persoas podes programalo como periódico e seleccionar a data de inicio, fin e
frecuencia. Tamén poderás dar de alta, consultar, modificar e xestionar todos
os pagamentos programados desde o menú de Contas > Operar > Pagamentos
programados.
Desde a banca electrónica, deberás facelo desde o menú de Transferencias.
Lembra que podes utilizar os envíos periódicos de diñeiro para pagar o
alugueiro todos os meses, facer un traspaso á túa conta de aforro cando
cobres a nómina, ou o que elixas!Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/produtos/contas#150 -
Como consultar un xustificante dunha transferencia? Podes obter un xustificante dunha transferencia en formato PDF desde a túa banca electrónica e móbil.
Desde o ordenador, deberás acceder a ‘Transferencias’ > ‘Consultas’ > ‘Transferencias da túa banca electrónica’. Desde o móbil, deberás atopar a transferencia entre os teus movementos e descargar o xustificante, así de sinxelo! Ten en conta que pode tardar un intre en aparecerche a opción de descargalo.
Se non dispós do servizo de banca a distancia, animámosche a que o contrates gratis e 100% onlineSerás redirixido a outro sitio web. En caso contrario, deberás acudir a unha das nosas oficinas para realizar este trámite.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/produtos/contas#151 -
Como solicitar o extracto de movementos da miña conta? Podes obter un extracto dos movementos da túa conta desde a banca electrónica ou móbil.
No ordenador, na opción ‘Contas’ da túa banca electrónica. Tan só será necesario que selecciones o período de datas que desexas consultar e o formato do resultado da consulta: Excel, Microsoft Money OFC, Microsoft Money OFX, Norma 43 AEB e PDF.
Dende o móbil, selecciona o período de datas que desexas consultar e preme en ‘Compartir’ > ‘Exportar movementos’. Descargarase o archivo en formato Excel.
Se non dispós do servizo de banca a distancia, animámosche a que o contrates gratis e 100% onlineSerás redirixido a outro sitio web. En caso contrario, deberás acudir a unha das nosas oficinas para realizar este trámite.Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/produtos/contas#153 -
Que é o Número de Referencia Completo ou NRC? O NRC ou Número de Referencia Completo é un código que xera a entidade bancaria no momento no que realizas o pago dun tributo. Serve para acreditar ese pago ante a Axencia Estatal da Administración Tributaria (AEAT).
Se necesitas saber o NRC dun tributo que xa pagaches podes consultalo na túa banca electrónica de empresasSerás redirixido a outro sitio web (no concepto do movemento da túa conta) ou na túa oficina de ABANCA.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/produtos/contas#261 -
Que datos son necesarios para unha transferencia internacional? Para realizar unha transferencia internacional necesitas o Swift/BIC do banco de destino, o nome do beneficiario (persoa /empresa que recibe o diñeiro) e o IBAN da conta na que se van a ingresar os fondos.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/produtos/contas#208 -
Os obxectos do catálogo Netclub teñen algún efecto na miña declaración da renda? Conforme a normativa vixente, os obxectos promocionais constitúen unha retribución en especie para ti, polo que están suxeitos ao Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas (IRPF). Que significa isto? Pois que ABANCA, cando che entregue un obxecto do catálogo Netclub, vaiche imputar o valor da retribución en especie para efectos da súa declaración de IRPF, tal e como o esixe a normativa.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/produtos/contas#262 -
Quero que me envíen diñeiro desde o estranxeiro a través dunha transferencia internacional, que datos teño que facilitar? Se che van a enviar diñeiro desde o estranxeiro, deberás facilitar á persoa que che vaia a facer o ingreso o código Swift/BIC de ABANCA e o IBAN da conta de destino.
O código Swift/BIC de ABANCA é CAGLESMMXXX.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/produtos/contas#209 -
Que documentación necesito para abrir unha Conta Online ABANCA? Para abrir unha conta só precisas un documento de identidade vixente, por exemplo o DNI ou o pasaporte, e se traballas ou recibes algún tipo de prestación ou pensión, un documento acreditativo da túa situación laboral, de acordo ás leis vixentes de servizos bancarios, de xeito que podamos garantir a túa identidade. Pode ser unha nómina, unha historia laboral, certificado de IRPF ou do pago dalgún imposto, por exemplo. E se non estás a traballar e non recibes prestación, bastará co DNI.Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/produtos/contas#384 -
Renumeraron as miñas contas, onde podo consultar o seu IBAN anterior ? Se as túas contas cambiaron de numeración e necesitas consultar o IBAN anterior poderás facelo na túa banca electrónica, no menú “Contas -> Nova Numeración”Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/produtos/contas#496 -
Como funciona o servizo de traslado de recibos e domiciliacións? Poñemos á túa disposición un servizo dixital de cambio de recibosSerás redirixido a outro sitio web que che permite traer a ABANCA os recibos que teñas domiciliados noutro banco de forma gratuíta.
Este servizo préstao Qwist GmbH, unha empresa tecnolóxica europea regulada pola Autoridade de Supervisión Financeira alemá.
Estamos comprometidos coa seguridade. Utilizamos as ferramentas contempladas na lei europea de openbanking para simplificar procesos como o traspaso de domiciliacións.
Durante o proceso pedirémosche os datos de acceso á banca online da entidade desde a que queres traspasar os teus recibos: só os utilizaremos para esta finalidade. Nunca consultaremos nin trataremos ningún dato persoal nin financeiro.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/produtos/contas#558 -
Que requisitos teño que cumprir para abrir de forma online unha Conta Online Clara? Para abrir unha Conta Online Clara de forma online tes que ser residente en España e ter máis de 18 anos.
Non é necesario que domicilies a túa nómina para gozar de todas as vantaxes de a Conta Online Clara pero se o fas, podes beneficiarte das nosas promocións. Lembra que para poder gozar deste beneficio é necesario que despois de facer a domiciliación da nómina, chegue á túa Conta Online Clara polo menos o teu primeiro ingreso.
Facerte cliente é moi sinxelo, 100% online e só che levará uns minutos. Para ser o máis áxiles posible, debes ter a man o teu documento de identidade (DNI ou NIE), o teu teléfono móbil e un documento que acredite a túa actividade económica (a copia da nómina, IRPF ou vida laboral da Seguridade Social, carné de estudante, por exemplo). Ao final farémosche un vídeo selfie para identificarte, asegúrate de que o teu dispositivo ten cámara ou en caso contrario, poderás seleccionar finalizar nunha oficina.
Non te preocupes, iremoste guiando a medida que avances no formulario de contratación.Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/produtos/contas#561 -
Estou a tratar de contratar a Conta Online Clara online e dame erro, que podo facer?
Seguramente no texto da mensaxe de erro che explicamos o que pasou e os motivos polos que non podes continuar. En calquera caso, chamarémoste canto antes para tratar de solucionalo ou, se o prefires, podes chamarnos ti ao teléfono que figura no formulario.Lembra que te atenderemos de luns a venres de 8:00 a 22.00.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/produtos/contas#563 -
Se teño unha Conta Online Clara dicides que non podo realizar "operativa en ventanilla", pero que é exactamente? Cando falamos de “operativa en ventanilla” referímonos a realizar operacións como ingresos, reintegros, transferencias ou traspasos desde unha oficina. No caso dos ingresos ou reintegros, podes ir a unha oficina sen que te penalicemos se o importe é superior a 600€.
Se vemos que fas este tipo de operacións nas nosas oficinas dous meses seguidos (as revisións mensuais realízanse o terceiro día hábil de cada mes, vendo a operativa do mes anterior pechado), a túa Conta Online Clara cancelaríase e a Conta pasaría a ter as condicións dunha conta corrente estándar, que si que ten comisións de administración e mantemento e que non conleva o resto de vantaxes desta conta para as tarxetas e transferencias, que pasarán a ter comisións.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/produtos/contas#564 -
Que é a comisión de administración e mantemento? Ter unha conta bancaria en calquera banco leva asociado o pago polos servizos que che ofrecemos. Entre estes servizos están:
- Atención multicanle gratuíta 365 días ao ano, 7 días á semana e as 24 horas do día: caixeiros, atención telefónica, banca electrónica e móbil
- Información detallada dos movementos e operacións realizados na túa conta
- Atención personalizada en nosas máis de 600 oficinas
- A custodia do teu diñeiro
- Xestionar as túas domiciliacións e devolucións de recibos
- E moito máis
En ABANCA é moi fácil que non pagues comisións. Se queres coñecer os requisitos que precisas cumprir, consulta a nosa web.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/produtos/contas#287 -
Como podo facer unha transferencia inmediata? Podes realizar transferencias inmediatas a través da banca electrónica na banca móbil. Só necesitarás coñecer o IBAN da conta de destino.
Terás que realizar a transferencia como o fas habitualmente e, se a entidade de destino está certificada con esta tecnoloxía, avisarémosche de que podes realizala de forma instantánea.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/produtos/contas#362 -
En que consiste a Tarifa Plana Seguros que se contrata coa Conta Online Clara? Ten algún custo? A Tarifa Plana Seguros contrátase coa Conta Online Clara e non ten ningún custo para ti, así se algún día contratas un seguro con ABANCA poderás pagalo en 12 mensualidades idénticas, sen intereses nin comisións ( TIN 0%, 0% TAE). É máis cómodo, non?
Ten en conta que a concesión deste produto está suxeita á análise de riscos da entidade, por iso se indica ao contratala que está en estudo.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/produtos/contas#562 -
Vou poder recuperar o importe que me retiraron da conta de maneira fraudulenta? Desde ABANCA dedicaremos todos os nosos esforzos para que poidas recuperar o importe, mais non cho podemos garantir. Cada fraude ten as súas particularidades e analízase unha a unha.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/produtos/contas#582 -
Tiña que recibir un ingreso por Bizum e en lugar diso aparece un cargo, como é posible? Bizum permite facer un pagamento ou solicitalo. Cando recibas a notificación desta ferramenta, fíxate na mensaxe xa que esta especifica que vas autorizar. Podes obter máis información nesta entrada do noso blog Contas ClarasSerás redirixido a outro sitio web
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/produtos/contas#583 -
Estou recibindo constantemente SMS, con avisos para que acceda á miña conta por razóns de seguridade, son lexítimas estas mensaxes? Non, desde ABANCA non che enviaremos mensaxes con ligazóns para que introduzas as claves de acceso. No caso de que accederas por un erro chama ao 900 815 525 (ou ao +34 981 910 525 se nos chamas desde o estranxeiro).
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/produtos/contas#587 -
Que é o phishing? O phishing é un intento de estafa no que os ciberdelincuentes, utilizando habitualmente o correo electrónico, pretenden conseguir os teus datos persoais desde contrasinais ata números de tarxetas ou contas bancarias. Podes obter máis información nesta entrada do noso blog Contas Claras.Serás redirixido a outro sitio web
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/produtos/contas#589 -
Que é o smishing? O smishing é unha variante do phishing na que os ciberdelincuentes utilizan as mensaxes de texto para intentar conseguir os teus datos persoais desde contrasinais ata números de tarxetas ou contas.
Podes obter máis información nesta entrada do noso blog Contas Claras.Serás redirixido a outro sitio web
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/produtos/contas#590 -
Por que non me deron a tarxeta Tú de crédito se está no paquete da Conta Online Clara? A concesión da tarxeta Visa Tú de crédito está suxeita a unha análise de risco, pero non te preocupes se agora non cumpres cos requisitos, volverémola analizar máis adiante.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/produtos/contas#635 -
En que consiste a Conta Peto? A Conta Peto permitirache aforrar grazas ao redondeo das compras coas tarxetas de ABANCA.
Cando pagues coas túas tarxetas compras superiores a 15 €, automaticamente, realizarase un traspaso desde a túa conta á Conta Peto polo que falte para o redondeo múltiplo de 5 €. Aquí dámosche toda a información.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/produtos/contas#641 -
Como podo incluír titulares ou autorizados nunha conta? Se necesitas incluír unha ou varias persoas na conta teredes que acudir a
unha oficina de ABANCA en horario de 8:15 a 14:15 de luns a venres (agás os festivos) ou, se preferides horario de tarde, podedes solicitar cita previa.
Terás que ter en conta que se decidides ser cotitulares, para todos os efectos, a conta é de todos e computa como ben de cada un de vós.
Deberedes decidir que dispoñibilidade terá a conta, indistinta, é dicir, que
cada un poida operar libremente ou que sexa mancomunada, necesitando a
sinatura de varios para facer as operacións.
Tamén existe a figura de autorizado, esta persoa poderá realizar un
determinado número e tipo de xestións na conta pero non será titular. É dicir,
non será propietario da conta.
Se o que necesitades é que unha das persoas que aparecen na conta xa non
figure nela tamén cómpre que acudades a unha oficina de ABANCA.Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/produtos/contas#651 -
Que requisitos debe cumprir o meu amigo ou amiga para poder participar na promoción? Para que os dous vos poidades beneficiar dos incentivos da Conta Online Clara, o teu amigo deberá:
- Contratar unha Conta Online Clara
- Domiciliar a nómina ou pensión
- Non ter domiciliada en ABANCA nos últimos 12 meses a nómina ou pensión
- Asinar o compromiso de permanencia de 24 meses
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/produtos/contas#665 -
Existe algún límite de amigos aos que podo invitar para que contraten a súa Conta Online Clara? Si, poderás realizar un máximo de 10 prescricións polo que o beneficio máximo serán 500 €.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/produtos/contas#666 -
Canto diñeiro podo recibir se invito un amigo á Conta Online Clara? Por cada amigo ou amiga que traias a ABANCA, e domicilie a nómina ou pensión, podes levar 50 € netos (tras a práctica da retención fiscal vixente).
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/produtos/contas#667 -
Cando vou recibir os incentivos por cada amigo que invite e contrate a súa Conta Online Clara? Recibirás os incentivos despois do primeiro ingreso da nómina ou pensión do teu amigo. Por ser o prescritor da conta e recomendarnos, ti recibes 50 € (tras a práctica da retención fiscal vixente) e, como novo cliente, o teu amigo obterá 300 € ou 150 €, segundo a súa nómina ou pensión.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/produtos/contas#668 -
Compartíronme un código de cliente para contratar unha Conta Online Clara, que pasos debo seguir? Contratar a túa Conta Online Clara é moi sinxelo. Só debes facer a solicitude en liña desde a nosa webSerás redirixido a outro sitio web e completar os pasos que se requiren. Se recibiches un código de cliente a través dun amigo, pedirémosche que o introduzas durante o proceso de contratación. Posteriormente, para que ti e quen che compartiu o código poidades beneficiarvos do incentivo, deberás domiciliar a nómina ou pensión na túa nova Conta Online Clara.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/produtos/contas#669 -
Hai algún requisito de permanencia para que me poida beneficiar da promoción? Para que te poidas beneficiar da promoción Invita un amigo, unha vez que domicilies a nómina ou pensión, deberás cumprir unha permanencia de 24 meses.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/produtos/contas#670 -
Se xa tiven domiciliada a nómina, podo beneficiarme da promoción Invita un amigo? Para beneficiarte da promoción non deberás ter a nómina ou pensión domiciliada en ABANCA nalgún momento dos últimos 12 meses.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/produtos/contas#671 -
Canto diñeiro podo recibir se domicilio a nómina ou pensión nunha Conta Online Clara? O incentivo que recibirás por domiciliar a nómina ou pensión a través da túa nova Conta Online Clara dependerá da contía. Para nóminas ou pensións iguais ou superiores a 1200 €, poderás beneficiarte dun incentivo de 300 euros netos e, se a túa nómina ou pensión é de entre 800 € e 1200 €, con 150 euros netos.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/produtos/contas#672 -
Que é Invita un amigo? “Invita un amigo” é un programa de fidelización, que che permite obter incentivos por cada amigo ou amiga que nos recomendes e contrate unha Conta Online Clara domiciliando a nómina ou pensión. Por ser o noso cliente, obtés un incentivo de 50 €. Á súa vez, o teu amigo ou amiga poderá beneficiarse con 150 € ou 300 €, dependendo da súa nómina ou pensión.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/produtos/contas#664 -
En que consiste o noso apoio á restauración ambiental de bosques en Galicia? Promovemos a plantación de especies autóctonas de Galicia, coníferas ecoloxicamente adaptadas ás áreas onde se realizan as plantacións. Concretamente en áreas forestais degradadas que necesitan ser restauradas porque se viron afectadas por incendios forestais ou por catástrofes naturais.
Para iso contamos coa axuda do equipo de expertos da Fundación Arume e da Asociación Forestal de Galicia, que se encargará de plantar as árbores na época do ano idónea e coidalos da mellor forma posible para que crezan sas e fortes. As actuacións seguen un modelo silvícola establecido que debe contar cunha certificación baseada en boas prácticas de xestión forestal.
No ano 2022, apoiamos a restauración de máis de 55.000 árbores autóctonas, nunha superficie de 52 hectáreas en zonas das 4 provincias galegas, como O Rosal, Dodro, O Valadouro, Lobeira ou Lalín. Desde o ano 2020 levamos plantadas máis de 180.000 especies.
O obxectivo desta iniciativa é compensar as emisións de CO2 que non puidemos reducir da nosa pegada operativa e lograr ser neutros en carbono. ABANCA é neutra en carbono desde o ano 2020.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/produtos/contas#675 -
Cantos titulares pode ter a Conta Online Clara? A Conta Online Clara pode ter ata dous titulares. Podes contratar unha conta nova con dous titulares ou ben incluír outra persoa como titular nunha conta que teñas en ABANCA.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/produtos/contas#707 -
Cantas Contas Online Clara podo ter? Podes ser titular dun máximo de dúas Contas Online Clara.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/produtos/contas#728 -
Como podo desistir ou cancelar un produto contratado online? Para desistir dun produto que acabas de contratar en liña ou por teléfono, existe un prazo determinado do que te informamos no contrato. Se estás dentro deste prazo, poderás desistir chamándonos ao 981 910 534 ou ben nunha oficina de ABANCA. Sempre é aconsellable que acudas á túa oficina xestora, onde tes os produtos contratados, pero se non é posible tamén poderás acudir á túa oficina de ABANCA máis próxima.
Se o que queres é cancelar un produto contratado en liña e estás fóra do prazo de desistencia, poderás chamar igualmente ao 981 910 534 e solicitalo.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/produtos/contas#729