-
Vou comprar unha casa, algún consello? Se te animaches a dar o paso e vas comprar unha vivenda, contámosche todo no que tes que fixarte para que non te leves ningún susto. Dános o mesmo se é unha casa nova ou de segunda man, pero nesta guíaAbrirase nunha nova ventá. explicamoscho todo para cada caso: seguros, hipotecas, Euribor, taxas...
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/produtos/hipotecas#342 -
Que vantaxes ten a Hipoteca Mari Carmen que non teñan outras? A principal vantaxe da Hipoteca Mari Carmen é o tipo de xuro que é moi competitivo e ademais podes facer que sexa moito máis reducido. Se domicilias a túa nómina e contratas un seguro de fogar, vida ou realizas compras coa tarxeta de crédito ABANCA, a cota rebáixaseche considerablemente.
Fai a túa simulación de como se che rebaixará o empréstito se o pides con nós. Pero ademais:
- A Hipoteca Mari Carmen non ten comisións de estudo, nin amortización anticipada e tampouco de apertura.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/produtos/hipotecas#137 -
Como solicito a hipoteca de ABANCA? Podes comezar simulando como sería a túa hipoteca tan só introducindo os datos de compra da vivenda e respondendo algunhas preguntas sobre a túa situación actual.
Nun minuto poderás visualizar a cota mensual e as condicións das distintas hipotecas que ofrece ABANCA.
Se estás interesado na oferta que che damos, poderás solicitar unha cita telefónica ou presencial con nós e informámoste da mellor opción para ti.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/produtos/hipotecas#138 -
Que podo facer para rebaixar a cota da hipoteca? Canto máis amplíes a duración da hipoteca, menor será a cantidade que teñas que pagar todos os meses. Mais lembra que iso tamén significa que en total, ao pagar os xuros durante máis tempo, pagarás un pouco máis. Ademais o prazo de devolución da hipoteca ten un límite máximo de 30 anos.
Se preferirías rebaixar a cota mensual, a Hipoteca Mari Carmen dispón dunha serie de bonificacións que che poden axudar:
- Ingresando todos os meses na conta a nómina ou a pensión, ou porque con regularidade achegas diñeiro á túa conta:
- Se domicilias a túa nómina ou pensión, ou se realizas ingresos mensuais de 600 € ou máis, ou se domicilias os teus seguros sociais, a bonificación é dun -0,20% no tipo de xuro.
- Se os teus ingresos son de 2.500 € ao mes ou máis (ou 3.500 ou máis en diferentes ingresos), ou se domicilias os teus seguros socias e mantés un saldo medio de 2.000 € na túa conta, terás unha bonificación do -0,40%. Tamén se che aplicará se tendo un ingreso recurrente superior a 600 € contratas un seguro de proteción de pagos polo valor do que resta de crédito.
- Contratando un seguro de vida polo 100% do saldo pendente da hipoteca na data de revisión, descontas - 0,25%.
- Contratando un seguro de fogar vencellado á hipoteca e que teña unha cobertura cando menos igual ao valor de taxación, a bonificación é de - 0,20%.
- Realizando 24 compras ao ano coa túa tarxeta de crédito ABANCA, ou gastando con ela cando menos 2.500 € ao ano, redúceseche un -0,15%
En total poderías rebaixar até o 1% o tipo de xuro. Consulta as condicións na páxina da Hipoteca Mari Carmen ou realiza a túa propia simulación.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/produtos/hipotecas#139 -
Poderiades financiarme o 100% da vivenda? O habitual é financiar como máximo o 80% do menor dos seguintes importes: o valor de taxación actualizado da vivenda a hipotecar, ou o prezo polo que vas pagar.
Para financiar o 100%, habería que realizar unha análise a maiores da hipoteca: examinariamos as características da vivenda, estudariamos a túa situación económica e a da túa unidade familiar, e teriamos en conta que outras garantías poderías achegar (por exemplo, se podes ter máis avalistas ou garantías hipotecarias adicionais). Solicitar máis do 80% pode diminuír a probabilidade de concesión do empréstito.
En todo caso, recomendámosche que consultes na túa oficina o teu caso particular.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/produtos/hipotecas#140 -
Que ocorre cun empréstito hipotecario/avalista se o titular falece? Seguiranse endebedando as cotas na conta asociada e non poderá modificarse mentres non se tramite o cambio de titularidade do inmoble hipotecado e do préstamo.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/produtos/hipotecas#141 -
En caso de falecemento que pasa cos bens inmobles con hipoteca? Se existen bens inmobles con hipoteca, os herdeiros deberedes de tramitar no Rexistro da Propiedade correspondente a inscrición a nome do que resulte adxudicatario. (Non te preocupes, para este trámite podemos axudarte desde ABANCA).
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/produtos/hipotecas#142 -
Documentación dun empréstito hipotecario Consulta toda a documentación precisas para solicitar un empréstito hipotecario na nosa guía de compra de vivenda.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/produtos/hipotecas#43 -
Cales son as vantaxes da hipoteca a tipo fixo Mari Carmen? A hipoteca a tipo fixo Mari Carmen é unha hipoteca coa que pagarás sempre a mesma cota, desde o primeiro mes ata o último, coa tranquilidade que iso supón. Ademais conta cun tipo de xuro moi competitivo que podes mellorar co sistema de bonificacións, facendo que sexa aínda máis reducido. Bota as contas.
Ademais, fácemonos cargo nós dos gastos de notaría, rexistro e xestoría. Nin comisión de apertura!
Tes toda a información na FIPRE e nas Condicións Xerais do Contraro, dous documentos que deberías ler con repouso se ao cabo te decides a mercar casa.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/produtos/hipotecas#313 -
Cando empezo a beneficiarme das bonificacións na miña hipoteca? As bonificacións aplícanse desde a sinatura da hipoteca. As condicións que orixinan estas bonificacións revisarémolas periodicamente, unhas semanas antes de que haxa que recalcular os xuros da hipoteca. E lembra que as primas dos seguros deberán ser abonadas cando contrates ou renoves a hipoteca.
Por outra parte, as bonificacións por domiciliación de nómina, pensión ou seguros sociais non son acumulables: dependendo da súa contía ou do saldo medio terás [unha bonificación de cota ou outra](ayuda-hipotecas#cota-mensual-hipoteca-maricarmen.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/produtos/hipotecas#314 -
Que se entende por unidade familiar? O debedor, o seu cónxuxe non separado legalmente ou parella de feito rexistrada e os fillos, con independencia da súa idade, que residan na vivenda, incluíndo os vinculados por unha relación de tutela, garda ou acollemento familiar e o seu cónxuxe non separado legalmente ou parella de feito rexistrada, que residan na vivenda.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/produtos/hipotecas#494 -
Como podo regularizar impagos nas miñas contas, tarxetas ou préstamos? Poderás realizar o pago total ou parcial da túa débeda a través de:
- a app de ABANCA ou a banca electrónica, transferindo fondos á conta na que che facemos os cargos
- no teu caixeiro ou oficina máis próximos
- no 900 81 58 58
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/produtos/hipotecas#553 -
Como fago un ingreso nun préstamo impagado a través do caixeiro? A través do caixeiro, introducindo a túa tarxeta de débito, podes realizar ingresos na conta vinculada á tarxeta en calquera momento do día. Desta forma, consegues ter saldo dispoñible na conta onde che cargamos as cotas do préstamo.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/produtos/hipotecas#554 -
Como fago un ingreso nun préstamo impagado a través da banca electrónica? Desde a túa banca electrónica, en calquera momento do día, podes enviar diñeiro das túas contas á conta vinculada ao préstamo e desta forma ter saldo dispoñible cando che carguemos as cotas do préstamo.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/produtos/hipotecas#555 -
En que casos podo solicitar o Código de Boas Prácticas? Existen dous Códigos de Boas Prácticas en vigor aos que ABANCA está actualmente adherido:
- Código Boas Prácticas 2022 (NCBP2022) - Alivio carga hipotecaria con motivo da suba dos tipos de xuro. Para préstamo/crédito a tipo de xuro variable titularidade persoa física con garantía hipotecaria sobre a vivenda habitual do debedor ou do hipotecante non debedor, formalizado con anterioridade ao 31.12.2022, e cuxo prezo de adquisición non exceda de 300.000 euros. Máis información e documentación necesaria para solicitalo.
- Código Boas Prácticas 2012 (CBP) - Reestruturación da débeda hipotecaria de debedores sen recursos. Para préstamo/crédito titularidade persoa física con garantía hipotecaria sobre a vivenda habitual, cuxo debedor estea situado no "limiar de exclusión", e que estean vixentes na data de entrada en vigor do CBP 2012 ou que se subscriban posteriormente. Máis información e documentación necesaria para solicitalo.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/produtos/hipotecas#639 -
Que vantaxes ten a Hipoteca Xove? A Hipoteca Xove busca facilitar o acceso á primeira vivenda para os menores de 35 ou 36 anos, en función da comunidade autónoma, coa posibilidade de financiar ata o 100%. Podes consultar as condicións especiais da túa comunidade para hipoteca fixa ou hipoteca variable na nosa web.
E, se xa o tes claro, solicita unha cita telefónica ou presencial cun xestor especializadoSerás redirixido a outro sitio web e axudarémoste co proceso.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/produtos/hipotecas#720 -
Que requisitos debo cumprir para poder solicitar unha Hipoteca Xove? O requisito principal para acceder á Hipoteca Xove con aval comunitario é que sexas menor de 35 ou 36 anos, en función da túa comunidade autónoma. Ademais, cómpre residir nunha das comunidades que están dentro do plan A Miña Primeira Vivenda.
Ten en conta que esta Hipoteca Xove se destina á compra da túa primeira vivenda, e que as condicións poden variar segundo a túa comunidade. Podes consultar máis detalles na nosa web ou solicitar unha cita cun xestor especializadoSerás redirixido a outro sitio web para analizar o teu caso.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/produtos/hipotecas#721 -
Como podo amortizar o préstamo ou a hipoteca? Para amortizar parte do teu préstamo persoal ou da hipoteca, podes realizar un traspaso a través da banca electrónica ou da banca telefónica. Ou se o prefires, podes acudir á oficina máis próxima. Ten en conta que a amortización poderá imputarse ou ben á redución do importe das cotas ou ben á redución do número de cotas.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/produtos/hipotecas#737