-
Que importe se aplica nas operacións de fondos de investimento? Seguindo a normativa, as operacións de subscrición e reembolso de participacións de fondos de investimento, incluídas as asociadas a un traspaso de fondos, realízanse a un prezo ou valor liquidativo descoñecido no momento en que o cliente dá a orde. Na maioría das operacións este prezo calcúlase a partir do valor asignado a cada participación a peche do día da solicitude ou do seguinte día hábil. Por este motivo, o importe resultante da operación pode non ser exactamente igual ao indicado na orde. Ademais, no caso de operacións de reembolso a fiscalidade española obriga a reter unha porcentaxe das posibles ganancias (plusvalías) xeradas sobre os fondos que se retiren.
Na documentación legal de cada fondo establécense os criterios de liquidación, a data do valor liquidativo que corresponde aplicar, a hora de corte (hora a partir da cal unha solicitude se considera como realizada o día hábil seguinte) e a data en que cada sociedade xestora determina o valor liquidativo diario.
Podes ampliar a información na web da CNMV:
- CNMV - Operativa con valores, fondos de investimento e outras IIC
- CNMV - Fondos de investimento: subscrición, reembolso e traspaso
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/produtos/investimento#501 -
Canto custa mercar e vender valores a través da banca a distancia ou do bróker online? Se realizas as túas operacións a través do bróker online desde a túa banca electrónica ou app, terás unha tarifa plana por operación, en función do volume da compravenda e do mercado no que queiras operar. Consulta toda a información sobre as nosas tarifas!
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/produtos/investimento#66 -
Que fondo de investimento proporciona máis rendibilidade? A rendibilidade depende das condicións de mercado, da evolución dos tipos de interese e da bolsa, ademais da propia configuración dos fondos de investimento.
En xeral, os fondos cunha maior porcentaxe de renda variable (investimentos sobre as que non é fácil prever o seu comportamento), ofrecen unha maior rendibilidade. Os fondos con maior porcentaxe de activos de renda fixa ofrecen potencialmente unha rendibilidade menor que os anteriores, pero o risco tamen pode ser menor.
En calquera caso, antes de investir consulta con detalle os folletos de cada un dos produtos de investimento, onde se detallan as súas características.Podes informarte na información detallada de cada fondo, no Broker online ou en calquera das nosas oficinas. Tamen podes facelo na sociedade xestora, e na web da Comisión Nacional do Mercado de Valores
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/produtos/investimento#198 -
Que ocorre cos valores bancarios se o seu titular falece? En ABANCA facémosche unha proposta de repartición, en función das cotas que resulten do testamento ou declaración de herdeiros, que debedes asinar os herdeiros e cotitulares, aínda que podedes modificala sempre que esteades todos de acordo. Unha vez asinada, e sempre que se comprobou a correcta tributación do imposto, ABANCA procederá a facer os traspasos desde as contas do falecido ás contas de valores dos herdeiros e/ou cotitulares, aplicando a correspondente comisión por traspaso de valores.Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/produtos/investimento#199