-
Como se cancela o Anticipo de Bolsas MEC? O Anticipo das Bolsas MEC vence ao cabo de 10 meses, é dicir, cancelarase automáticamente ao remate dese período. En calquera caso, se queres cancelar o adianto antes de que chegue esa data podes facelo: só tes que comunicarllo á túa oficina para que fagan o trámite e retiren a cantidade adiantada da túa conta.Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/produtos/prestamos-abanca-estudia#315 -
Para que bolsas podo pedir o Adianto de Axudas MEC? Podes pedir o Adianto de Axudas do Ministerio de Educación e Cultura para calquera das axudas que dependen do ministerio, entre elas as bolsas para os estudos de grao, diplomatura e licenciatura, as bolsas para os estudos de mestrado, as bolsas para os estudos de doutoramento ou as axudas do programa Erasmus, entre outras.
Tamén podes optar ao adianto de axudas para o ensino de bacharelato ou formación profesional, pero lembra que tes que ter polo menos 18 anos para poder beneficiarte deste adianto.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/produtos/prestamos-abanca-estudia#316 -
Que gastos ten un Préstamo ABANCA Estudia? Os Préstamos ABANCA Estuda non teñen apenas gastos. Non teñen comisión de estudo nin de mantenmento, e só teñen comisión de apertura.
- No caso dos Préstamos ABANCA Estudia e Préstamos ABANCA Estudia UIE, esta comisión será únicamente do 1%.
- O Adianto das Axudas do Ministerio de Educación e Cultura ten unha comisión de apertura do 3,75%, pero non ten ningún tipo de interese.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/produtos/prestamos-abanca-estudia#317 - No caso dos Préstamos ABANCA Estudia e Préstamos ABANCA Estudia UIE, esta comisión será únicamente do 1%.
-
Que documentación teño que proporcionar para solicitar un préstamo ABANCA Estuda? Para concederche un Préstamo ABANCA Estuda necesitaremos que nos proporciones o xustificante da matrícula do grao ou posgrao que vaias realizar.
No caso do Adianto das Axudas do Ministerio de Educación e Cultura o que nos tes que proporcionar é o comprobante da concesión da bolsa e, ademais, que estableceses unha conta de ABANCA para recibir o ingreso da bolsa. Podes abrir unha conta directamente desde esta web, 100% online.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/produtos/prestamos-abanca-estudia#318