-
As coberturas das pólizas, son as que aparecen nesta web? As coberturas que se explican nesta web correspóndense cunhas determinadas pólizas que están en vigor agora mesmo. Estas condicións poden non ser as mesmas que as da póliza que asinaras ti no seu día, ou cás da póliza que vaias asinar no futuro. En calquera caso, o documento polo que te debes guiar para establecer a cobertura de cada seguro é o contrato que asinases.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/seguros/dubidas-xerais#59 -
Como podo dar de baixa un seguro? Calquera xestión relacionada cos teus seguros podes realizala en calquera das nosas oficinas de ABANCACompárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/seguros/dubidas-xerais#179 -
Que é a regra proporcional nos seguros? A regra proporcional é unha fórmula que se utiliza para calcular a indemnización que recibes en caso dun sinistro parcial nos bens que tes asegurados. Esta regra aplícase cando existe un infraseguro, é dicir, cando aseguraches o valor da túa vivenda ou dos teus bens por un importe inferior ao seu valor real, por exemplo, para pagar menos na túa cota mensual por errar no cálculo dos bens asegurados.
Se se dese ese caso, calcularíaseche a indemnización tendo en conta a diferenza entre o que aseguraches e o valor real dos bens. Por exemplo, se o valor real da túa vivenda é de 60.000 € e a tes asegurada por 40.000 €, e se destrúe a metade, recibirás 20.000 € en lugar de 30.000 €.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/seguros/dubidas-xerais#18