-
Que documentación necesito para contratar un Seguro Coche? En realidade, moi pouca. Só che solicitamos o teu DNI, o carné de conducir dos condutores (tanto do tomador como do propietario), o permiso de circulación do coche e a súa ficha técnica.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/seguros/seguro-coche#55 -
Con que compañías traballades no Seguro Coche? Creamos desde cero un seguro para o teu coche coa nosa compañía propia ABANCA Seguros Generales. Trátase dun seguro 100% ABANCA que che coñece, asesora e está sempre ao teu carón. Ademais das vantaxes e coberturas principais, poderás incluír nos teus seguro paquetes opcionais, así como coberturas ON- OFF que poderás acender e apagar desde a túa app de ABANCA para que as teñas dispoñibles só cando realmente as necesites.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/seguros/seguro-coche#56 -
O Seguro Coche cubre a miña moto? De momento as motos non están cubertas a través do noso Seguro Copiloto, pero as compañías Caser, Liberty e Pelayo coas que traballamos nestes casos proporcionaranche o seguro que necesitas para a túa moto. Achégate á túa oficina ABANCA máis próxima ou chámanos para que che axudemos a atopar o seguro que necesitas.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/seguros/seguro-coche#551 -
Que é a verificación do vehículo e como se realiza? A verificación é o ditame profesional e obxectivo do estado dun vehículo, unha avaría ou un dano, baseándose nos resultados da revisión dun perito.
Este proceso realizarase mediante unha videochamada, no caso excepcional de que non poidas utilizar esta canle, poderás solicitar a verificación presencial do vehículo no momento de marcar a cita co perito.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/seguros/seguro-coche#676 -
Que vehículos teñen que realizar a verificación? A verificación realizaráselles a todos os vehículos que contraten un seguro de Todo risco con ou sen franquía, agás os vehículos novos que teñan unha data de primeira matriculación menor ou igual a 14 días no momento no que entra en efecto o seguro.
No caso de que realices un aumento de modalidade ou un cambio de vehículo á modalidade de Todo risco (con e sen franquía), tamén cumprirá realizar a verificación do vehículo.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/seguros/seguro-coche#677 -
Como se inicia o proceso de verificación? A compañía CED encargarase de poñerse en contacto contigo para marcar unha cita na que realizar a verificación do teu vehículo.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/seguros/seguro-coche#678 -
Cando se inicia a verificación e de cantos días dispoño para realizala? O período de verificación será de 10 días naturais, por este motivo, CED contactará contigo 10 días antes de que entre en efecto o seguro, para que a revisión do vehículo estea finalizada no momento da data de efecto.
No caso de que o seguro entre en efecto o propio día da contratación ou nos 10 días seguintes á contratación, CED porase en contacto contigo o antes posible para axilizar o proceso.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/seguros/seguro-coche#679 -
De que protección dispoño se o seguro entrou en efecto antes de que realice a verificación? O seguro contrátase e actívase de forma natural, independentemente do proceso de verificación mais, mentres non se realice, a cobertura de danos propios non estará activa consonte o que se establece nas condicións da póliza.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/seguros/seguro-coche#680 -
O resultado da verificación pode modificar a modalidade que contratei? Si, naqueles casos nos que o perito identifique danos no vehículo superiores á franquía contratada cambiarase de forma automática a modalidade. En función dos danos identificados, pasará a Todo Risco con Franquía, submodalidade de 200, 300 ou 400 euros, ou á modalidade de Terceiros Ampliado. Neste suposto, notificarase mediante a e-correspondencia da Banca Móbil, ademais do envío por correo postal certificado.
No caso de non estar conforme co cambio, o tomador disporá dun prazo máximo de 10 días naturais desde a comunicación da nova modalidade para cancelalo.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/seguros/seguro-coche#681