-
Como funciona a carencia no Seguro Saúde? A carencia é o período que pasa entre que se contrata un seguro e se empeza a beneficiarse da cobertura. Os períodos de carencia varían entre compañías e coberturas.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/seguros/seguro-saude#62 -
Que beneficios teño se traio o meu seguro de saúde a ABANCA? Se traes o seguro de saúde doutra compañía poderaste beneficiar dunha supresión dos períodos de carencia. Así, por exemplo, se acreditas que tiveches cobertura do seguro durante máis de 12 meses, e estás ao corrente de todos os pagamentos, non terás período de carencia. Só se manterán os períodos de carencia correspondentes en servizos de seguimento do embarazo na modalidade Esencial e asistencia ao parto, reprodución asistida e cirurxía robótica, nas modalidades Completo e Reembolso.
Pola contra, se nun momento dado desexas cambiar de compañía aseguradora debes avisar con 2 meses de antelación.
Ademais, lembra que se traes o teu Seguro Saúde a ABANCA poderás beneficiarte da Tarifa Plana de ABANCA Seguros, que inclúe o fraccionamiento das cotas, o adiamento de ata 2 mesesno pagamento, sen xuros nin comisións, e unhas bonificacións que poden chegar ata un 7%.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/seguros/seguro-saude#63 -
Que especialidades, probas e tratamentos inclúe a modalidade de Seguro Saúde Esencial? O seguro de saúde Esencial de ABANCA dá acceso, de forma ilimitada, a consultas médicas en réxime ambulatorio de medicina de familia (medicina xeral, pediatría e enfermaría) e especialidades médicas dos especialistas incluídos no cadro médico.
Especialidades incluídas:
- Alergoloxía. As vacinas serán por conta do asegurado.
- Anestesioloxía e Reanimación.
- Anxioloxía e Cirurxía Vascular.
- Aparato Dixestivo.
- Cardioloxía.
- Cirurxía Cardiovascular.
- Cirurxía Xeral e do Aparato Dixestivo.
- Cirurxía Maxilofacial.
- Cirurxía Pediátrica.
- Cirurxía Plástica e Reparadora.
- Cirurxía Torácica.
- Dermatoloxía médico cirúrxica e venereoloxía.
- Endocrinoloxía e Nutrición.
- Xeriatría.
- Hematoloxía e Hemoterapia.
- Medicina Interna.
- Nefroloxía.
- Pneumoloxía.
- Neurocirurxía.
- Neurofisioloxía Clínica.
- Neuroloxía.
- Obstetricia e Xinecoloxía.
- Medicina preventiva.
- Oftalmoloxía.
- Otorrinolaringoloxía.
- Proctoloxía. Oncoloxía médica.
- Psicoloxía Clínica.
- Psiquiatría.
- Rehabilitación e Fisioterapia.
- Reumatoloxía.
- Tratamento da dor.
- Traumatoloxía.
- Uroloxía.
Probas de diagnóstico:
- Análises clínicas.
- Anatomía Patolóxica e Citopatoloxía.
- Detección precoz da xordeira nos nenos.
- Diagnóstico Cardiolóxico.
- Diagnóstico Xinecolóxico.
- Diagnóstico Obstétrico.
- Neurofisioloxía Clínica.
- Probas de Pneumoloxía.
- Probas Dixestivas.
- Radiodiagnóstico.
Tratamentos:
- Osixenoterapia.
- Laserterapia.
Consulta todos os detalles destes servizos aquí.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/seguros/seguro-saude#653 -
Que vantaxes ofrece o servizo gratuíto Club Saúde do seguro de saúde ABANCA? O seguro de saúde ABANCA inclúe, en todas as modalidades, acceso aos servizos do Club de saúde.
O Club de saúde dá acceso a unha rede de especialistas relacionados co benestar e a saúde en especialidades que non están incluídas ou están limitadas no teu seguro, con vantaxes exclusivas, a prezos especiais e acceso a unha variedade de tratamentos alternativos.
Algunhas das categorías incluídas son: Acupuntura, Audiófonos, Club Saúde en Forma, Balnearios, Centros de Recoñecemento, Cirurxía Estética, Cirurxía Plástica Ocular, Cirurxía Refractiva Oftalmolóxica Láser, Comida Sa A Domicilio, Concepto Bobath, Conservación Células Nai Cordón, Dermatoscopia Dixital, Dietética, Disfunción Eréctil, Ecografías 5D, Estética, Estudo da Pisada, Fisioterapia, entre outros.
Consulta todos os detalles destes servizos aquí.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/seguros/seguro-saude#654 -
Que cobre a asistencia dental básica do seguro de saúde ABANCA? O seguro de saúde ABANCA inclúe, en todas as modalidades, cobertura dental con prestacións gratuítas, tales como:
- Primeira visita e entrega de orzamento
- Curas
- Fluorizacións
- Limpeza de boca anual
- Tartrectomía
- Puído de dentes
- Tinguidura e índice de placa
- Radiografías odontolóxicas
- Apertura polpar cameral
- Estudo implantolóxico
- Parafuso de cicatrización
- Parafuso de cementación
- Retirar puntos.
Ademais, tamén dá acceso a outras prestacións dentais a prezos especiais, con clínicas dentais en todo o territorio nacional, e acceso ás distintas especialidades odontolóxicas: Odontoloxía Xeral, Odontopediatría, Ortodoncista, Implantoloxía e Periodoncia.
Consulta todos os detalles destes servizos aquí.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/seguros/seguro-saude#655 -
Que especialidades, probas e tratamentos inclúe a modalidade de Seguro Saúde Completo? O seguro de saúde Completo de ABANCA dá acceso, de forma ilimitada, a consultas médicas de medicina de familia (medicina xeral, pediatría e enfermaría), urxencias e especialidades médicas dos especialistas incluídos no cadro médico.
Especialidades incluídas:
- Alergoloxía.
- Anestesioloxía e Reanimación. Anxioloxía e Cirurxía Vascular.
- Aparato Dixestivo. I
- Cardioloxía.
- Cirurxía Cardiovascular.
- Cirurxía Xeral e do Aparato Dixestivo.
- Cirurxía Maxilofacial.
- Cirurxía Pediátrica.
- Cirurxía Plástica e Reparadora.
- Cirurxía Torácica.
- Dermatoloxía médico cirúrxica e venereoloxía.
- Endocrinoloxía e Nutrición.
- Hematoloxía e Hemoterapia.
- Medicina Interna.
- Nefroloxía.
- Neonatoloxía.
- Pneumoloxía.
- Neurocirurxía.
- Neurofisioloxía Clínica.
- Neuroloxía.
- Obstetricia e Xinecoloxía.
- Oncoloxía médica.
- Otorrinolaringoloxía.
- Psicoloxía clínica.
- Psiquiatría.
- Radioterapia.
- Rehabilitación e Fisioterapia.
- Reumatoloxía.
- Tratamento da dor.
- Traumatoloxía e Cirurxía Ortopédica.
- Uroloxía.
Probas diagnósticas:
- Análises clínicas.
- Anatomía Patolóxica e Citopatoloxía.
- Dermatoscopia Dixital.
- Detección do ganglio sentinela.
- Detección precoz da xordeira nos nenos.
- Diagnóstico Cardiolóxico.
- Diagnóstico Xinecolóxico.
- Diagnóstico Obstétrico.
- Xenética.
- Medicina Nuclear.
- Neurofisioloxía Clínica.
- Probas de Pneumoloxía.
- Probas Dixestivas.
- Radiodiagnóstico:
Tratamentos:
- Aerosolterapia-ventiloterapia.
- Osixenoterapia.
- Logofoniatría e foniatría.
- Laserterapia.
- Quimioterapia e oncoloxía radioterápica.
Consulta todos os detalles destes servizos aquí.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/seguros/seguro-saude#656 -
Que cobre o seguro de saúde Reembolso? A modalidade do seguro de Saúde Reembolso de ABANCA dá acceso, de forma ilimitada, a consultas médicas de medicina de familia (medicina xeral, pediatría e enfermaría), urxencias e especialidades médicas dos especialistas incluídos no cadro médico.
Ademais, esta modalidade dá a opción de acudir a calquera especialista ou centro médico, non incluído no cadro médico, reembolsando ata o 80% da factura, co límite máximo fixado en cada cobertura.
Consulta todos os detalles destes servizos aquí.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/seguros/seguro-saude#658 -
Que inclúe a cobertura opcional de Reembolso de especialidades médicas no seguro de saúde de ABANCA? Esta cobertura opcional está dispoñible para as modalidades seguro de saúde Básico ou Completo. Con esta cobertura, o asegurado terá a posibilidade de acudir a un profesional sanitario fóra do cadro médico, dentro das especialidades médicas incluídas. Reembolsaráselle ata o 50% da factura das consultas médicas e probas diagnósticas realizadas, ata un límite de 100 € por consulta.
As especialidades incluídas son:
- Medicina Xeral
- Enfermaría
- Xinecoloxía e Obstetricia
- Pediatría
- Uroloxía
- Oftalmoloxía
- Dermatoloxía
- Cardioloxía
- Alergoloxía
- Otorrinolaringoloxía
– Traumatoloxía
Consulta todos os detalles destes servizos aquí.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/seguros/seguro-saude#659 -
Que cobre a cobertura opcional de Asistencia dental Máis no seguro de saúde de ABANCA? A cobertura opcional Asistencia Dental Máis amplía as especialidades e os servizos de cobertura dental gratuítos xa incluídos no seguro de saúde ABANCA, incluíndo adicionalmente as seguintes prestacións gratuítas:
- Ortopantomografía
- Telerradiografía Lateral ou frontal de Cranio
- Radiografía de ATM
- Estudo Tomográfico-Unha Arcada
- Estudo Tomográfico-Dúas Arcadas
- Diagnóstico e sondaxe
- Talladura selectiva
- Análise oclusal
- Tests microbiolóxicos /estudos bioquímicos.
Ademais poderás gozar doutras prestacións dentais a prezos especiais. Consulta todos os detalles destes servizos aquí.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/seguros/seguro-saude#657 -
Aclaracións sobre o cuestionario do seguro de Saúde ABANCA A seguir enumérase unha listaxe de enfermidades/cirurxías que NON son
relevantes para o cuestionario de saúde:- Alerxias
- Operación de apendicite
- Parto ou cesárea
- Operación de ligaduras de trompas
- Operación de fimose
- Vasectomía
- Anxinas, catarros ocasionais (menos de 2 episodios anuais)
- < de 8 dioptrías de miopía, astigmatismo ou hipermetropía
Os fármacos que Non son necesarios indicar cando se realice o cuestionario
son:- Tratamentos para as alerxias
- Tratamentos con anticonceptivos
- Paracetamol/ibuprofeno ocasional
Exemplos de enfermidades hereditarias:
- Enfermidade de Huntington
- Enfermidades neuromusculares como a distrofia miotónica tipo 1 (de
Steinert) ou a distrofia muscular de Duchenne/Becker - Síndrome de Marfan
- Fibrose quística
- Hemofilia
Algúns exemplos de enfermidades conxénitas (presentes desde o nacemento):
- Espiña bífida
- Enfermidades conxénitas do corazón: comunicación interauricular,
comunicación interventrícular, tetraloxía de Fallot - Síndrome de Treacher Collins
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/seguros/seguro-saude#661 -
Que son os períodos de carencia? É o intervalo de tempo durante o que aínda non son efectivas algunhas das coberturas incluídas no seguro. Este prazo compútase por meses contados desde a data de entrada en vigor do contrato para cada un dos asegurados incluíos nel.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/seguros/seguro-saude#684 -
Que se entende por "número de cuartos" no seguro de fogar de ABANCA? O número de cuartos fai referencia aos posibles espazos habilitados para durmir, sexan estes utilizados ou non para tal fin, excluíndo a cociña, o salón e os baños deste cómputo.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/seguros/seguro-saude#724