-
Por que non podo incluír algúns seguros na miña Tarifa Plana Seguros? Nalgúns casos precisas solicitalo cunha antelación mínima á data de renovación (normalmente entre 20 e 60 días, en función do tipo de seguro). Para a túa comodidade, procuraremos enviarche unha mensaxe á túa banca móbil cando poidas engadir estes seguros.Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/seguros/tarifa-plana-seguros#447 -
Que seguros podo incluír na Tarifa Plana Seguros? Podes incluír todos os seguros que teñas contratados a túa familia e mais ti connosco, sempre que sexas o titular da conta.
Os seguros cos que podes contratar a Tarifa Plana Seguros son:
Porén, non poderás incluír na Tarifa Plana Seguros os seguros de prima única ou aqueles que non estean nestas modalidades.Tampouco poderás incluír os seguros que non comercialice ABANCA Seguros, pero lembra que si podes traer seguros doutras compañías a ABANCA Seguros para aproveitar as nosas vantaxes.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/seguros/tarifa-plana-seguros#195 -
Como funciona o adiamento de pagamentos coa Tarifa Plana Seguros? Coa Tarifa Plana Seguros podes adiar ata dous pagamentos ao ano. Se aprazas o pagamento dunha cota, cobrarémosche o importe xunto coa seguinte mensualidade. Se decides adiar o pago de 2 cotas cobraránseche nos dous recibos posteriores.Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/seguros/tarifa-plana-seguros#196 -
Como funciona a bonificación da Tarifa Plana Seguros? A bonificación da Tarifa Plana Seguros aplícase sobre cada cota mensual e se actualiza coa contratación de cada seguro. A bonificación é maior cantas máis modalidades de seguros inclúas na conta. Por exemplo, se inclúes un seguro de vida, un seguro de fogar e dous seguros de auto, computarán como 4 seguros pero só 3 modalidades, polo que a bonificación será dun 3%.
A domiciliación de varios seguros correspondentes á mesma modalidade computarán para estes efectos como unha única modalidade.
Non serán obxecto de bonificación os seguros combinados con operacións de activo formalizados con ABANCA (préstamo persoal ou hipotecario) nin os seguros de protección de pagos.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/seguros/tarifa-plana-seguros#197