Sobre esta web
Principios da web
-
Transparencia. ABANCA quere que a información na web sexa o máis clara e precisa posíbel. Usamos infografías e elementos visuais para que o entendas todo mellor, para que todas as contas estean claras. E declarámoslle a guerra ao asterisco. Así que se hai algo que aínda non se entende ben, por favor, pídenos que o corrixamos.
-
Comunicación. A función principal da web non é falar, senón escoitar. Incorporamos os novos modos de contarnos cousas, e oportunidades de feedback en moitos máis lugares. Para que nos digas como podemos mellorar cando aínda estamos a tempo de facelo.
-
En calquera pantalla. Marcámonos como reto que a web funcione perfectamente, vexas onde a vexas: en móbiles, tabelas, computadores… independentemente do tamaño da pantalla (o que se chama deseño responsivo). Iso significa que se tes un navegador web moi antigo quizais non poidas ver todos os contidos. Pero axudarémosche a que nos acompañes ao futuro.
-
A túa opinión é a nosa obriga. Todos os comentarios que nos fagas sobre o funcionamiento da web valorarémolos e responderémolos.