Activa as túas notificacións
É importante pola túa seguridade, pola túa comodidade e para seguir comprando por internet.
As notificacións push son as mensaxes que unha aplicación pode mostrar no teu teléfono, mesmo se non a estás a utilizar. En función do tipo de aplicación, a importancia destas notificacións é maior ou menor.
No noso caso, na app de ABANCA, utilizamos estas notificacións por exemplo para enviar alertas de uso e seguridade ou para identificarte de forma segura en certas operacións e pronto serán necesarias para mercar en Internet pola entrada en vigor de novas leis comunitarias e estatais dirixidas a protexer os teus datos.
As notificacións push son completamente gratis, utilizarémolas para verificar a túa identidade en determinadas compras, como esixe a nova regulación, ou para informarte de cando se realice un pagamento cunha das túas tarxetas de crédito ou débito. Só as utilizaremos para enviarche información comercial personalizada se ti estás de acordo. Ademais, na nosa app podes configurar de forma sinxela que alertas desexas recibir.
Por favor, activa as túas notificacións agora. Podes facelo accedendo a esta ligazón, é moi rápido e sinxelo (só tardarás uns segundos!) ou continúa lendo sobre as vantaxes das notificacións.
Por que debes activar as notificacións?
Como che comentabamos, a nova lexislación comunitaria obriga a todos os bancos e comercios a utilizar métodos de dobre autenticación para as compras en liña. Se queres coñecer máis detalles sobre esta lexislación analizámolo no noso blog.
Ademais, ten en conta todo o que podes obter a través destas notificacións push:
- Seguridade: utilizamos as notificacións push como factor de autenticación forte no uso doutras canles e, se queres, avisámoste das compras realizadas coas túas tarxetas.
- A tranquilidade que ofrece saber que sempre te avisaremos cando se realicen movementos e operacións nas túas contas.
- Podes configurar comodamente que alertas recibir no teu móbil: cando che fan un ingreso, se tes un descuberto, se non hai saldo abondo para cargar un recibo…
- Recibir estas notificacións push é gratis.
- Rápido, porque recibes a información de xeito inmediato.
- E sempre poderás consultar as mensaxes no teu buzón dixital da app de banca móbil de ABANCA.