Banca telefónica
Mentres fas footing. No taxi. Na cola do pan. Podes contratar, activar, desactivar… Un servizo exclusivo, para todo o mundo. Porque sempre que o necesites estaremos ao cabo do teléfono, a uns segundos de distancia.
-
Canto custa?
Ao igual que todos os servizos da banca a distancia, a banca telefónica é completamente gratuíta.
-
Que aforro?
Aforras en tempo e gañas en comodidade.
-
Como funciona?
Só tes que facer unha chamada e profesionais de alta cualificación xestionarán por ti a operación que queres realizar.
-
É seguro, verdade?
Por suposto! Chama sempre ao teléfono que che indicamos aquí e un sistema automático pedirache as túas claves de banca a distancia.
Dende a banca telefónica poderás realizar entre outras estas operacións, para que todo sexa máis doado e práctico:
- Consultar os saldos e movementos.
- Pagar ou devolver os recibos.
- Consultar e dar de baixa domiciliacións.
- Facer transferencias.
- Mudar o límite e a modalidade de pagamento da túa tarxeta.
- …E moitas máis!
Unha simple chamada
Se non tes conexión a internet, estás no estranxeiro ou na montaña e che resulta máis rápido e cómodo chamarnos por teléfono, podes realizar operacións como se estiveses na oficina chamándonos directamente ao 981 17 96 00 (ou ao 0034 981 17 96 00 se estás no estranxeiro).
Contarás con profesionais cualificados para atenderte, que se asegurarán de que ningunha operación che resulte complicada, nin as habituais nin aquelas que non o son tanto.
O servizo de atención telefónica funciona dende as 8 da mañá ás 10 da noite, de luns a venres laborables. E se o necesitas tamén dispomos dun servizo 24 horas, que funciona cun menú automático de operacións rápidas.
Todo o que necesitas para empezar a utilizar a banca telefónica son as chaves de banca a distancia, que podes conseguir ao solicitares este servizo gratuíto.
Para saber máis...
dúbidas
-
Que operacións podo facer en banca telefónica?
Dende a túa banca telefónica poderás realizar, entre outras, estas operacións:
- Consultar o saldo e os movementos
- Pagar e devolver os recibos
- Consultar e dar de baixa domiciliacións
- Facer transferencias
- Cambiar o límite e a modalidade de pagamento da tarxeta
- Enviar diñeiro a calquera móbil (Hal-Cash)
- ...E moitas máis!
-
Podo facer operacións por banca telefónica desde o estranxeiro?
Para empregar a banca telefónica desde o estranxeiro, debes chamar ao 0034 981 179 600
DOCUMENTACIÓN
NO BLOG