Envía diñeiro de móbil a móbil con Bizum
Con Bizum podes enviar e recibir diñeiro de case calquera persoa. Só necesitas saber o número de teléfono e que sexa cliente dun dos máis de 30 bancos españois da rede Bizum.Serás redirixido a outro sitio web
E todo de maneira gratuíta, segura e inmediata. A persoa a que lle estás enviando o diñeiro recibirao ao instante, sen esperas, e recibirá un aviso no móbil.
Para enviar un Bizum, só tes que seguir os seguintes pasos.

App de ABANCA

Destinatario

Cantidade
Paga tus compras online con Bizum
Poderás pagar as túas compras con Bizum naquelas tendas online que teñan Bizum como opción de pago. É seguro e moi fácil!
1. Selecciona a opción 'Pagar con Bizum' ao momento de finalizar a túa compra.
2. Introduce o teu número de teléfono e valida a compra desde a app de ABANCA.
3. Se aínda non tes activado Bizum, poderalo configurar directamente na app en poucos segundos. Contámosche como facelo!

Donacións a ONG e asociacións
A app de ABANCA tamén che permite realizar doazóns a contas solidarias de ONG e outras organizacións sen ánimo de lucro.
Deberás acceder a ‘Enviar diñeiro’ > ‘Bizum’ > 'Facer un donativo'. Poderás buscar a asociación coa que queiras colaborar no buscador ou teclear o código da organización. Só terás que introducir o importe e listo!

Como activar Bizum por primeira vez?
Para empezar a utilizar Bizum, o primeiro que deberás facer é activalo desde a banca móbil. Só che levará uns poucos segundos!
1. Accede a ‘Menú’ > ‘Personaliza a túa app > ‘Bizum’.
2. Confirma o número de móbil e selecciona a conta desde a que queres enviar e recibir os teus pagamentos Bizum.
3. Acepta as condicións de uso do servizo, e listo!

¿Tes preguntas? Nós respostas
Mostrámosche como facer un Bizum de forma clara e sinxela desde a app de ABANCA.
- Selecciona a conta desde onde queres enviar o diñeiro.
- Preme Enviar diñeiro > Bizum
- Busca ou introduce o móbil do destinatario, o concepto e mais o importe do Bizum.
- Preme en enviar diñeiro, e listo!
Ao momento o beneficiario recibirá o importe na súa conta ou lle indicaremos como pode cobralo se non está dado de alta en Bizum.
Se es ti o que recibes o pago chegarache unha notificación ao móbil. Desde ese momento xa terás o diñeiro dispoñible na túa conta.