Chave ABANCA

Coñece o novo sistema de verificación da identidade deseñado para incrementar a túa seguridade ante intentos de suplantación de identidade como o phishing.
Imaxe dunha nena entrando na súa aplicación ABANCA

Presentámosche Chave ABANCA, un innovador sistema de seguridade que permite confirmar a túa identidade mantendo a mesma experiencia de usuario.

Actívaa agora e goza da comodidade e mais a tranquilidade que che ofrece o noso novo sistema de verificación.

Vantaxes de activar a túa Chave ABANCA

Máis cómodo

Confirmar as operacións é sinxelísimo: sen contrasinais dun só uso ou SMS.

Máis fácil

Usa o sistema de bloqueo do teu dispositivo (cara, impresión dixital ou PIN) para verificar que es ti.

Totalmente privadas

Os teus datos biométricos gárdanse no teu dispositivo e nunca se comparten con ABANCA.

Configurable

Só che pediremos a Chave ABANCA en momentos puntuais ou, se así o prefires, para calquera outra operación importante.

Máis cómodo

Confirmar as operacións é sinxelísimo: sen contrasinais dun só uso ou SMS.

Máis fácil

Usa o sistema de bloqueo do teu dispositivo (cara, impresión dixital ou PIN) para verificar que es ti.

Totalmente privadas

Os teus datos biométricos gárdanse no teu dispositivo e nunca se comparten con ABANCA.

Configurable

Só che pediremos a Chave ABANCA en momentos puntuais ou, se así o prefires, para calquera outra operación importante.

Como podo activar a miña Chave ABANCA?

¿Tes preguntas? Nós respostas

dúbidas

A Chave ABANCA é un novo sistema de validación de identidade que se basea na tecnoloxía Passkey.

Este método de seguridade utiliza o método de bloqueo do teu dispositivo persoal (a túa cara, impresión dixital ou PIN) para validar operacións importantes en liña e protexer a túa información privada. Ten en conta que os teus datos biométricos se gardan no teu dispositivo e nunca se comparten con ABANCA.

Passkey é un novo estándar de inicio de sesión seguro creado pola FIDO Alliance e o Consorcio World Wide Web. Ademais, proporciona o maior nivel de protección porque che permite confirmar a identidade de forma segura sen necesidade de introducir contrasinais dun único uso.

ABANCA é a primeira entidade financeira española que implementa esta tecnoloxía na banca móbil.

1. Abre a app de ABANCA e accede ao menú de Seguridade

2. Selecciona Chave ABANCA 

3. Inicia a sesión coa túa conta de iCloud en Apple ou de Google en Android para vincular o método de bloqueo do teu dispositivo persoal (a túa cara, impresión dixital ou PIN), e listo!

Levarache menos dun minuto! Ten en conta que para activar Chave ABANCA o sistema operativo do teu móbil debe ser iOS 16, Android 9 ou posterior.

Ao ter a túa Chave ABANCA activa, estaslles agregando unha capa adicional de seguridade ás túas contas baseada no sistema de acceso ao teu dispositivo persoal (a túa cara, impresión dixital ou PIN), o que dificulta significativamente que os atacantes poidan realizar operacións en remoto suplantando a túa identidade.

Por exemplo, nun caso de phishing, os estafadores intentan enganarte para que reveles información confidencial, como as túas claves de acceso á app. Coa túa Chave ABANCA activa, se caes nun intento de phishing e proporcionas as túas claves, o ciberdelincuente, unha vez instalada a app, terá máis difícil enviar diñeiro facéndose pasar por ti, xa que se lle podería requirir, para confirmar a súa identidade, as claves de acceso que tes habilitadas no teu dispositivo coa Chave ABANCA.

Así, no caso de que teñas habilitada a túa cara ou a impresión dixital como método de desbloqueo do teu dispositivo, deberá confirmar a súa identidade cos teus datos biométricos (datos que só tes ti) ou no caso de que utilices PIN, co PIN do teu dispositivo (dato que só sabes ti).

Podes acceder ás túas Chaves ABANCA desde a app, en Menú > Seguridade.

Aquí poderás consultar as que tes activas, crear unhas novas ou dar de baixa as que xa non utilices.

Para activar Chave ABANCA o sistema operativo do teu móbil debe ser iOS 16, Android 9 ou posteriores. Ademais, debes ter un sistema de bloqueo no móbil.

Cando non poidas usar a impresión dixital, o recoñecemento facial ou o padrón de bloqueo, Chave ABANCA pedirache o código de acceso do teu dispositivo ou o contrasinal do sistema para autenticar as credenciais.

Proximamente iremos implementando Chave ABANCA noutras plataformas, como na banca electrónica.

Se activas a protección avanzada, sempre che solicitaremos confirmar a túa identidade con Chave ABANCA (a túa cara, pegada ou PIN) cando envíes diñeiro ou realices outras operacións pola banca móbil.

Se non activas a protección avanzada, só che pediremos a Chave ABANCA en operacións puntuais.

Para aproveitar todas as funcionalidades do teu dispositivo Android, como as que permiten usar Chave ABANCA, cómpre que teñas a aplicación Servizos de Google Play instalada e actualizada. Pódelo facer así: 

Abre Google Play e busca Servizos de Google Play. Se che aparece o botón 'Actualizar', significa que a app non está ao día. Preme sobre el e espera a que se descargue e instale.

A túa conta permanecerá segura xa que o ladrón non poderá acceder ao teu dispositivo sen o método de desbloqueo que configuraches (a túa cara, pegada ou PIN).

Sempre poderás acceder ás túas chaves de acceso desde calquera outro dispositivo asociado á túa conta de Apple ID ou Google ID para recuperalas ou borralas. No caso de que non o teñas vinculado, consulta as recomendacións de seguridade de Apple e Google.

Neste caso, é importante que te poñas en contacto connosco canto antes para que podamos seguir mantendo a túa conta protexida. 

 

ABANCA respecta a privacidade dos seus clientes. Ao crear a chave de acceso permites que, para realizar algunhas operacións, verifiquemos que es ti. Para iso, solicitaremos ao teu dispositivo que valide a túa identidade a través do sistema de desbloqueo que configurases no teu dispositivo (cara, pegada ou PIN). O teu PIN ou datos biométricos só se almacenan no teu dispositivo e ABANCA nunca terá acceso a eles.

Atopa máis información sobre o tratamento dos teus datos na nosa Política de Privacidade de apps.