ABANCA Cash
Esquece a tarxeta na casa e retira diñeiro en efectivo só co teu móbil en cualquera dos milleiros de caixeiros da rede Hal Cash (e en todos os de ABANCA!). Sen tarxeta, sen agobios.
-
Inmediato
Podes retirar diñeiro no caixeiro desde o mesmo momento en que se fai a orde con ABANCA Cash.
-
Sen tarxeta
Non é necesario ter tarxeta para dispoñer de efectivo. Co móbil e un caixeiro chega.
-
Envío de móbil a móbil
Con ABANCA Cash podes enviarlle cartos a calquera móbil, aínda que non sexa cliente de ABANCA, e retiralo en efectivo ao instante.
-
Seguro
Cun sistema dobre de referencia SMS e chave secreta só pode recoller o diñeiro que enviaches quen ti queres. Ninguén máis.
Con ABANCA Cash dispós de máis de 12.000 caixeiros en todo o mundo onde retirar oefectivo ou aos que enviárllelo. A quen ti queiras, sen gastos nin comisións.
Momentos perfectos para usalo
Deixaches a carteira na casa? Necesitas enviarlle diñeiro a un amigo? De súpeto non che funciona a tarxeta? Aínda que non teñas a tarxeta á man poderás enviar e retirar cartos en efectivo. Estas son algunhas situacións en que podes tirarlle partido a ABANCA Cash.
E todo superdoado
-
E se non se utiliza unha operación enviada?
Se finalmente non se retira o diñeiro no caixeiro, devolveráseche á conta de orixe nun prazo máximo de 10 días.
-
Como podo sacar diñeiro con ABANCA Cash?
Dende a banca electrónica ou dende a app de ABANCA.
-
Podo enviarme diñeiro a min mesmo?
Claro! Da mesma forma que lle envías cartos a outras persoas, podes mandalos a ti mesmo.
-
É un servizo seguro?
Completamente! Enviaraslle ao teu amigo unha chave e nós lle enviaremos outra ao móbil. Con 2 contrasinais asegurámonos de que as chaves non as interceptan outras persoas.
Coñece o resto de superpoderes