Información importante
sobre as túas compras por internet
A chegada da directiva europea de Servizos de Pago, máis coñecida como PSD2, modificou a forma na que os europeos compramos e pagamos na internet co obxectivo, entre outros, de protexernos de posibles fraudes e suplantacións de identidade.
Agora, cando fagas unha compra en determinados sitios web ou nalgunhas aplicacións móbiles, será necesario que te identifiques co teu móbil e dunha forma máis rigorosa que ata o de agora. Sigue lendo!
Xa utilizas a app de banca móbil de ABANCA?
Boas novas: se utilizas a nosa app de banca móbil, serache moi fácil adaptarte.
Simplemente asegúrate de que tes as notificacións activadas (podes facelo desde aquí se navegas desde o teu móbil)
Cando realices o pago dunha compra por internet, e se o ecommerce así o require, enviarémosche a confirmación da operación a través dunha notificación da túa app de ABANCA. Poderás facer os teus pagos da forma máis cómoda e segura, e seguir comprando o que che apeteza e onde che apeteza.
Esta comprobación de seguridade é unha das melloras da directiva PSD2: a Autenticación Reforzada de Clientes, un extra de seguridade para as túas compras por internet.
E se non tes a app de ABANCA...
Se por algún motivo non queres descargar a app de ABANCA, ten en conta que para poder comprar en determinados sitios pedirémosche que valides cada compra utilizando o teu NIF e o contrasinal da túa Banca Electrónica, ou co PIN da túa tarxeta financeira. A maiores, tamén che enviaremos un SMS cunha clave dun só uso, polo que é importante que te asegures de que temos o teu número de móbil actualizado.
Para saber máis...
dúbidas
-
Que podo facer se non recibo a notificación na miña app para confirmar unha compra?
Se estás a pagar unha compra por internet e non recibes a notificación na túa banca móbil para confirmala, non te preocupes. Tan só deberás facer clic en "Non recibiches a notificación na túa Banca Móbil?" e darémosche unha alternativa.
Ademais, recomendámosche que revises se tes as notificacións activadas no teu móbil para que as túas compras sexan o máis sinxelas posible.
NO BLOG