Banca electrónica para empresas
Realiza as xestións habituais da túa empresa desde o teu computador ou tablet. E coas mellores tarifas para as túas operacións frecuentes.
- 981 910 522 tel:+34981910522
- Solicita a túa banca a distancia! https://solicitudonline.abanca.com/empresas/gl/solicitar_banca_distancia_empresas/J
A banca electrónica é a forma máis cómoda para facer todas as túas operacións bancarias a calquera hora, calquera día, sen desprazamentos e desde calquera sitio onde teñas conexión a internet.
A banca electrónica é un servizo sen custo que ademais che ofrece mellores tarifas que se acodes a realizar a operación á oficina. Moitos servizos, ademais, son gratuítos. Podes consultar todas as tarifas nun cadro de prezos ou, con máis detalle, nas preguntas e respostas sobre banca a electrónica.
E todo coa maior seguridade posible. Ofrecémosche os sistemas máis seguros con chaves de reforzo que che permiten operar con toda tranquilidade desde o teu computador. De todos os xeitos, non esquezas seguir as recomendacións de seguridade que che aconsellamos sempre.
-
Canto custa?
Os servizos da banca electrónica para empresas son completamente gratuítos. Só tes que solicitalo nunha oficina.
-
Que aforro?
Aforras tempo e diñeiro, e gañas en comodidade, pois case todas as operacións básicas son máis baratas ca realizadas na oficina.
-
Quen o pode usar?
Calquera persoa apoderada da túa empresa pode usar a banca electrónica e realizar as operacións económicas necesarias.
-
Quen me protexe?
Ofrecémosche os sistemas máis seguros para operar electronicamente.
Desde a túa banca electrónica poderás realizar, entre outras, estas operacións para que che sexa todo máis fácil e práctico:
- Crea, envía e xestiona ficheiros seguindo os estándares da normativa SEPA
- Ingresar cheques, pagarés de conta corrente e pagos domiciliados
- Realizar transferencias inmediatas e financiadas
- Xestiona as tarxetas de empresa: actívaas, accede a informes de gasto ou cambia límites de uso, entre outros
- Poderás pagar recibos e impostos online
- Xestionar as túas operacións de financiamento para exportacións, compravenda de divisas a prazo, remesas de exportación e importación…
- Tamén poderás optimizar os teus recursos no pago a provedores co noso servizo de confirming
- Xestionar a administración e cobro de facturas co noso servizo de factoring
- Consultar as estatísticas do teu TPV
- E, por suposto, todas as túas operacións habituais!
Para saber máis...
dúbidas
-
Como podo recuperar as chaves de acceso á Banca Electrónica de Empresas?
Se non podes acceder á túa Banca Electrónica é posible que esteas nunha destas situacións:
- Que as claves que esteas a introducir non sexan correctas.
- Que as claves estean bloqueadas.
Podes solicitar un novo PIN ou a sinatura electrónica en calquera das nosas oficinas.
-
Para que vale o token de seguridade e como se usa?
O token é un dispositivo externo que xera unha clave diferente para cada operación. Se xa dispós dun, no momento de accederes á banca electrónica solicitarémosche esa chave xunto co número de usuario e mailo PIN.
Lembra que podes utilizar, no seu lugar, o móbil (mensaxes SMS) como reforzo de seguridade. podes solicitar o cambio de token a mensaxes sms na túa oficina máis próxima.
DOCUMENTACIÓN