Axudamos os nosos clientes a maximizar as súas rendibilidades tendo en conta o risco dos productos e adecuando a súa carteira personalizada ás oportunidades do mercado e, en especial, ás súas necesidades e perfil de risco. Ademais, recibirá periodicamente formes integrais totalmente personalizados de posición e rendibilidade dos seus produtos que lle permitirá realizar un seguimento polo miúdo da evolución e rendemento dos seus investimentos.

Ademais dos servizos que lle detallamos a seguir, todos os nosos clientes de ABANCA Privada teñen ao seu alcance o noso catálogo de produtos premium tanto para a xestión diaria coma de solucións de financiamento ou de investimento. Produtos estruturados elaborados á medida, máis de 8000 fondos de investimento de xestoras nacionais e internacionais, seguros de aforro ou investimento, plans de pensións…

Contacte cun dos nosos banqueiros especializados e elaborarán unha proposta para vostede, tamen lle dará o documento cos datos fundamentais e os folletos informativos de cada producto, así como o resto de documentación legal exixible, antes de realizar calquer xestión. Terá acceso a todos os servizos do banco a través do seu banqueiro privado.

Xestión de Carteiras

Cada cliente da Banca Privada de ABANCA dispón dunha carteira propia e diferenciada, adaptada aos seus obxectivos, á súa estratexia e ao seu perfil investidor. Este tipo de xestión de boutique, persegue a rendibilidade, a especialización, a innovación e o control do nivel de risco con ferramentas que lle permitirán saber o estado do seu patrimonio en tempo real.

Ademais, poñemos ao seu dispor exclusivos modelos Alpha Cíclica, Alpha Future ou Alpha Responsable e o máis premium de todos, Alpha Platinum, baseados nunha innovadora metodoloxía de xestión onde o proceso de asignación de activos se realiza baseándose na análise do ciclo económico, o momento do mercado e a aplicación de filtros cuantitativos e cualitativos para concluír nun posicionamento estratéxico, táctico e personalizado.

prueba-bp1

Planificación Patrimonial

Un servizo especializado e persoal, que emprega toda a experiencia, coñecemento e tecnoloxía dun grupo financeiro internacional para axudalo a formular as estruturas patrimoniais máis eficientes para a súa situación financeira, as súas necesidades de liquidez e que se saberá integrar cos seus asesores fiscais ou xurídicos.

Unha xestión próxima, permanente, dos seus investimentos, para a súa tranquilidade e mais a da súa familia.

prueba-bp2

Fusións e adquisicións

Identificamos, desenvolvemos, asesoramos e executamos operacións industriais e empresariais grazas a unha rede que se estende desde España e Portugal por once países de Europa e América.

Contará cun equipo transversal de profesionais cunha amplísima experiencia que traballarán para lograr os obxectivos dos nosos clientes a curto ou longo prazo: adquisicións, fusións, desinvestimento, LBO, MBO, BIMBO…

prueba-bp3

Real Estate

A dilatada experiencia de ABANCA Grupo Inmobiliario e a nosa dimensión internacional permítennos ofrecerlles oportunidades de valor aos nosos clientes para investir en diversos tipos de mercados, activos e territorios.

En ABANCA ofrecémoslles un soporte rigoroso e asesoramento integral aos investidores interesados no real estate con activos propios ou de terceiros e con independencia do fin que teñan, xa sexa no mercador residencial, comercial, retail ou institucional.

prueba-bp4

Xestión Alternativa

A estrutura patrimonial e fiscal dos nosos clientes require opcións de investimento alternativas que ademais se adapten ao seu perfil investidor e á súa planificación.

Como o logramos? Identificamos posibles nichos con rendibilidades atractivas e diversificamos e optimizamos as carteiras nos distintos mercados, sempre analizando e tendo en conta o seu risco.

servicios-bp-5