Dámosche a benvida,
xa formas parte de ABANCA!

Imaxe dunha nena en brazos do seu pai

Porque en ABANCA queremos darche o mellor desde o principio, ofrecémosche a nosa oferta de produtos máis competitiva, e completamente adaptada ás túas necesidades.

ABANCA Seguros

Dámosche a benvida cun agasallo de 30 € no teu seguro de Vida, Fogar, Coche e Saúde.1

Hipotecas

E se buscas casa, coñece a nosa hipoteca Mari Carmen Mixta, coa que o tipo de xuro non varía durante os primeiros 5 anos.

Plan de pensións

Goza de ata un 4% de bonificación en efectivo2 por traer o teu plan de pensións ou coñece outras opcións para o teu futuro

Ao teu aire

Somos un banco dixital con 900 oficinas, e valoramos o teu tempo máis que nada. Por iso, temos unha das apps de banca móbil mellor valoradas e diferentes ferramentas e servizos para que poidas facer as túas operacións esteas onde esteas e á hora que queiras.

Se nos necesitas

Ás veces non quererás nin lembrarte do teu banco, pero outras estarás devecendo por falar cunha persoa que te poida axudar. Normalmente teralo todo clarísimo, pero pode ser que, de cando en vez, teñas algunha dúbida. Se o precisas, axudámoste do xeito que prefiras. Porque sabemos que non hai dúas persoas iguais. Somos 8000 persoas traballando para ti.

Se tes un problema

Dedicamos moitos recursos á túa seguridade e á túa tranquilidade, está no noso ADN. E se tes algún problema, dicímosche como resolvelo.

Conversamos onde queiras

Somos un banco tecnolóxico formado por persoas que traballan para persoas. Se queres falar, sabemos escoitar.

Dúbidas frecuentes

Temos millóns de clientes, así que seguro que alguén xa tivo a mesma dúbida ca ti. Recompilamos as máis habituais.

Outras canles

Información de utilizade e de actualidade, concursos… e xestores especializados para atenderte nas nosas redes e no noso blog.

Se tes un problema

En ABANCA hai un extenso equipo de profesionais dedicados a velar pola túa seguridade, 24 horas ao día, todos os días da semana. Traballamos para que nada poida pasar, pero tamén o facemos para responder do xeito máis eficiente se algunha vez che pasa algo. Estes teléfonos son específicos para resolver estes problemas. Se tes calquera outra necesidade, sigue a ler.

Se extraviaches a túa tarxeta ou crees que puideron roubarcha
Para calquera outro problema que afecte á túa seguridade

Resposta ás preguntas frecuentes

Estas son as preguntas que che poderían xurdir durante os teus primeiros días en ABANCA. Se tes algunha dúbida para a que non atopes resposta aquí, lembra que sempre tes unha opción de Axuda, esteas na canle na que esteas.

Para acceder ao túa app tes que utilizar o teu NIF ou NIE con letra, e un PIN. Se non o lembras, podes solicitar un novo PIN desde a túa app. Para asegurarnos de que es ti, pedirémosche algúns datos persoais e, ademais, necesitas ter a man unha tarxeta ABANCA da que sexas titular.

Claro que sí! Poñemos á túa disposición un servizo dixital de cambio de recibosSerás redirixido a outro sitio web que che permite traer a ABANCA os recibos que teñas domiciliados noutro banco de forma gratuíta.

Este servizo préstao Qwist GmbH, unha empresa tecnolóxica europea regulada pola Autoridade de Supervisión Financeira alemá.

Estamos comprometidos coa seguridade. Utilizamos as ferramentas contempladas na lei europea de openbanking para simplificar procesos como o traspaso de domiciliacións.

Durante o proceso pedirémosche os datos de acceso á banca online da entidade desde a que queres traspasar os teus recibos: só os utilizaremos para esta finalidade. Nunca consultaremos nin trataremos ningún dato persoal nin financeiro.

Podes sacar diñeiro a débito coa túa tarxeta sen pagar ningunha comisión en todos os caixeiros ABANCA. Ademais, fóra de Galicia tamén poderás retirar efectivo 5 veces ao mes nos caixeiros da Euro 6000, Euronet, Banco Sabadell, Bankinter, Caja de Arquitectos, Caja de Ingenieros e Euro Automatic Cash.
Bizum está integrado na túa app de banca móbil de ABANCA. Poderás enviar e recibir diñeiro de móbil a móbil da forma máis sinxela. Simplemente tes que acceder ao menú de contas e facer clic na opción "enviar diñeiro".

Toda a información sobre ABANCA

Traballamos dia a día en 11 países para ser un banco líder e continuar merecendo a confianza dos nosos clientes. Aquí ofrecémosche toda a información corporativa, social e financeira do teu banco.

(1) Promoción válida para novas contratacións entre o 1 de xaneiro de 2024 ata o 31 de decembro de 2025 e cuxa data de efecto sexa ata o 31 de marzo de 2026. Aceptación de ingreso en conta por un importe total de 30€ netos a todos aqueles novos clientes dados de alta en 2024 ou 2025, que contraten un novo seguro das modalidades Fogar libre, Saúde, Coche, Decesos prima periódica, Vida risco libre ou Accidentes e o domicilien na Tarifa Plana Seguros.É necesario que a prima bruta do primeiro ano do novo seguro contratado sexa de polo menos 100€ para poder acollerse á promoción. O ingreso en conta por parte de ABANCA Seguros constitúe un rendemento de capital mobiliario suxeito ao IRPF do seu perceptor; rendemento sometido, no seu caso, á correspondente obrigación de retención por parte do pagador. Consulta a promoción en calquera das nosas oficinas. Consulta as condicions da Tarifa Plana Seguros en abanca.com/tpsCCGG

MEDIADOR: ABANCA MEDIACIÓN, OPERADOR DE BANCA-SEGUROS VINCULADO S.L., operador de banca-seguros vinculado, con domicilio social na avda. da Mariña núm. 1, 4ª, A Coruña, inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña, tomo 3321, folio 64, folla C-38698 no Rexistro Especial de Mediadores da Dirección Xeral de Seguros e Fondos de Pensións co núm. OV-0044. ASEGURADORAS: ABANCA Vida y Pensiones de Seguros y Reaseguros, S.A.U, CIF: A15140387, con clave de rexistro na DXSFP C0628 e domicilio social na avda. da Mariña 1, 3ª, A Coruña. ABANCA Generales de Seguros y Reaseguros, S.A., co NIF A14715270 e domicilio social na Coruña, Avda. Linares Rivas 30 3ª, CP 15005. Inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña, tomo 3407, folio 9, folla C-47133 e suxeita á supervisión da Dirección Xeral de Seguros e Fondos de Pensións (DXSFP) onde consta no seu Rexistro Especial de Entidades Aseguradoras coa clave C-0808. CASER, Caja de Seguros Reunidos, Compañía de Seguros Y Reaseguros, S.A. con domicilio social na avenida de Burgos, 109 - 28050 Madrid e suxeita á supervisión da Dirección Xeral de Seguros e Fondos de Pensións (DXSFP) onde consta no seu Rexistro Especial de Entidades Aseguradoras coa clave C0031 SANITAS, Sanitas Sociedad Anónima de Seguros con domicilio social en Ribera del Loira, 52 –28042 Madrid e suxeita á supervisión da Dirección Xeral de Seguros e Fondos de Pensións (DXSFP) onde consta no seu Rexistro Especial de Entidades Aseguradoras coa clave C0320. Consulta o resto de entidades aseguradoras coas que o mediador ten concertado un contrato de axencia no apartado de seguros de abanca.com. Con seguro de responsabilidade civil profesional e capacidade financeira necesaria esixidos pola normativa de distribución de seguros vixente. CIF: B-70049630.

(2) Poderás consultar as alertas de liquidez, o indicador de risco, as principais características dos plans de pensións, os documentos de datos fundamentais e demais documentación legal en calquera oficina ABANCA ou en www.abanca.com/es/legal/planes-de-pensiones/. Cecabank, S.A. Entidade Depositaria de Fondos de Pensións. ABANCA Corporación Bancaria S.A. Entidade Promotora e comercializadora dos plans de pensións individuais. ABANCA Vida y Pensiones de Seguros y Reaseguros, S.A. (unipersoal), Entidade Xestora de Fondos de Pensións. A promoción do 4% é válida para traspasos efectivos doutras entidades a determinados plans de pensións individuais de ABANCA realizados ata o 30 de setembro: ABANCA Renda Fixa Mixta Conservador, ABANCA Renda Fixa Mixta Moderado, ABANCA Renda Variable Mixta Decidido, ABANCA Renda Variable Mixta Dinámico e ABANCA Renda Variable. Entrega da bonificación en efectivo.Para os efectos fiscais, esta bonificación ten a consideración de rendemento de capital mobiliario (suxeito a IRPF) e está suxeita a retención segundo a normativa fiscal vixente. Aboarase un 4% bruto para traspasos efectivos doutras entidades de importes igual ou superior a 50.001 € e cun compromiso de permanencia de 6 anos. O límite de bonificación é de 5.000€ brutos. Promoción non compatible con outras promocións de plans de pensións.