1 / 6
Escala numérica, na que 1/6 é o indicador de menor risco e 6/6, de maior risco
FONDO DE GARANTÍA
ABANCA está adscrita ao Fondo de Garantía de Depósitos de entidades de crédito. O Fondo garante ata un máximo de 100.000 euros por depositante e entidade de crédito.
300€ + 2%TAE
Na túa Conta Online para saldos ata 15.000€ o primeiro ano.



Premiamos a túa confianza, por iso queremos que saibas todos os beneficios que te esperan por facerte cliente de ABANCA. Tanto os incentivos que temos por traer a túa nómina coma outros descontos e ofertas exclusivas para novos clientes. Descubre todas as vantaxes de ser cliente de ABANCA!
(1) Promoción válida ata o 30 de abril de 2025 para novas domiciliacións da nómina/pensión. Deberás mantela durante 24 meses e asinar un compromiso de permanencia. Rendemento de capital mobiliario monetario suxeito a retención. Non acumulable a outras campañas de nómina/pensión. Non se lles aplicará a promoción aos clientes que xa tiveron a nómina ou pensión domiciliada en ABANCA nalgún momento dos últimos 12 meses. No caso de incumprir o requisito de permanencia, deberás reembolsarnos a parte proporcional do incentivo bruto aos meses que resten para alcanzar a permanencia de 24 meses.
(2) Conta Online Clara para novos clientes. TXN: 0% TAE: 0%. E domiciliando unha nova nómina superior a 800 €, a remuneración será TXN 2% TAE 2% durante o primeiro ano, que contará desde o día 1 do mes seguinte á data de contratación da conta, para saldos de ata 15.000 €. Liquidación trimestral dos xuros. Exemplo representativo para un saldo de 15.000 €: TXN: 2% TAE: 2% Xuros brutos liquidados no ano: 300 €. Remuneración dos saldos a partir do segundo ano: TXN:0% TAE:0%. Para poder contratar a Conta Online Clara só tes que ser maior de idade, vivir en España e non ser cliente de ABANCA. Unha vez contratada a Conta Online Clara, se queres gozar de todas as vantaxes da conta debes estar ao día cos pagamentos se tes algún préstamo, crédito ou calquera outro produto con ABANCA. Ademais, como se trata dunha conta para clientes dixitais, tes que realizar as operacións habituais a través da túa app ou da banca electrónica.
Se vemos que vas ás nosas oficinas para realizar operacións no portelo como ingresos ou reintegros de menos de 600 € (que podes facer desde os nosos caixeiros) ou transferencias e traspasos (que podes facer gratis desde a app), durante dous meses seguidos a túa Conta Online Clara pasaría a ter as condicións dunha conta corrente normal, que si que ten comisións de administración e mantemento e, ademais, terías outras comisións nas tarxetas ou transferencias. Para que non te teñas que preocupar e evitar que isto ocorra, avisarémoste previamente. Recomendámosche que consultes a FIPREVer ficheiro PDF e o contrato, onde tamén cho explicamos.Ver ficheiro PDF
A tarxeta Visa Tú de crédito será sen custo, sen comisión de emisión, durante o primeiro ano. Despois poderás seguir gozando desta tarxeta de crédito sen pagar nin un céntimo se fas compras anuais con ela por valor de polo menos 3000 €. A concesión deste produto está suxeita á análise de riscos da entidade.
No paquete de Conta Online Clara tamén contratarás a nosa Tarifa Plana Seguros así, se algún día contratas un seguro con ABANCA, poderás pagalo mes a mes, sen xuros nin comisións (TXN 0%, TAE 0%). Poñémosche un exemplo do pagamento dos seguros domiciliados na túa Tarifa Plana Seguros, supón que o importe anual das primas de todos os seguros é de 420 €, o importe que terías que pagar en cada unha das doce cotas mensuais sería de 35 €. Polo tanto, o importe total debido serían 420 €. Sen comisións, TXN 0% TAE 0%. A concesión deste produto está suxeita á análise de riscos da entidade. Máximo dous titulares por conta e dúas Contas Online Clara por cliente. Ademais se contratas varios seguros do mesmo ramo poderás obter unha bonificación sobre a prima dos teus seguros.
(3) Promoción válida para novas contratacións e solicitude da tarxeta regalo desde o 1 de xaneiro ata o 31 de decembro de 2025 de 2023. Entrega dunha tarxeta regalo ABANCA a todos aqueles novos clientes, dados de alta en 2022 e 2023, que contraten un novo seguro das modalidades Fogar libre, Saúde, Coche, Decesos, Vida risco libre ou Accidentes e o domicilien na Tarifa Plana Seguros, por un importe bruto equivalente ao 15% da prima total anual do primeiro ano. A entrega da tarxeta regalo por parte de ABANCA constitúe un rendemento de capital mobiliario suxeito ao IRPF do seu perceptor; rendemento sometido, de ser o caso, á correspondente obriga de retención por parte do pagador. Consulta a promoción en calquera das nosas oficinas. Consulta as condicións da Tarifa Plana Seguros en abanca.com/tpsCCGG
MEDIADOR: ABANCA MEDIACIÓN, OPERADOR DE BANCA-SEGUROS VINCULADO S.L., operador de banca-seguros vinculado, con domicilio social na avda. da Mariña núm. 1, 4ª, A Coruña, inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña, tomo 3321, folio 64, folla C-38698 no Rexistro Especial de Mediadores da Dirección Xeral de Seguros e Fondos de Pensións co núm. OV-0044. ASEGURADORAS: ABANCA Vida y Pensiones de Seguros y Reaseguros, S.A.U, CIF: A15140387, con clave de rexistro na DXSFP C0628 e domicilio social na avda. da Mariña 1, 3ª, A Coruña. ABANCA Generales de Seguros y Reaseguros, S.A., co NIF A14715270 e domicilio social na Coruña, avda. Linares Rivas 30 3ª, CP 15005. Inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña, tomo 3407, folio 9, folla C-47133 con clave de rexistro na DXSFP C-0808. CASER, Caja de Seguros Reunidos, Compañía de Seguros Y Reaseguros, S.A. con domicilio social na Avenida de Burgos, 109 - 28050 Madrid e con clave de rexistro na DXSFP C0031 e SANITAS, Sanitas Sociedad Anónima de Seguros con domicilio social en Ribera del Loira, 52 –28042 Madrid e con clave de rexistro na DXSFP C0320. Consulta o resto de entidades aseguradoras coas que o mediador ten concertado un contrato de axencia no apartado de seguros de abanca.com. Con seguro de responsabilidade civil profesional e capacidade financeira necesaria esixidos pola normativa de distribución de seguros vixente. CIF: B-70049630.