CONTA DE PAGO BÁSICA: INDICADOR DE RISCO
1/6
Escala numérica, na que 1/6 é o indicador de menor risco e 6/6, de maior risco.
FONDO DE GARANTÍA
ABANCA está adscrita ao Fondo de Garantía de Depósitos de entidades de crédito. O Fondo garante ata un máximo de 100.000 euros por depositante e entidade de crédito.

Conta de Pago Básica

Calquera residente legal na UE, incluso as persoas que non teñan domicilio fixo ou sexan solicitantes de asilo ou non dispoñan de permiso de residencia e non poidan ser expulsados por razóns xurídicas ou de feito, teñen dereito a ter unha conta bancaria. Se o necesitas, podes solicitar unha Conta de Pago Básica en calquera das nosas oficinas.

Características principais da Conta de Pago Básica

Ingresos e reintegros en euros

Poderanse realizar tanto en calquera oficina da Entidade en España, como en caixeiros de ABANCA dentro da Unión Europea

Ata 120 operacións de pago anuais

Entendendo como tales: domiciliación de recibos, ordes de transferencia permanentes e transferencias realizadas tanto na nosa rede de oficinas como a través dos servizos de banca a distancia de ABANCA.

Operacións a disancia

Contratar unha tarxeta de débito, ou prepago, e realizar compras, incluíndo pagos online dentro da UE. Tamén podes contratar os servizos de Banca a distancia (inclúe e-correspondencia).

Non se considerarán operacións

Non se permitirá a vinculación á Conta de Pago Básica de ningún outro produto ou servizo que non foran detallados neste apartado.

Que comisións ten?

Dúas tarifas diferenciadas


- Tarifa xeral: ten unha comisión de 3€ ao mes. Esa comisión equivale a unha TAE do -0,60%, que calculamos utilizando o suposto de que mantiveras de forma constante durante un ano un saldo diario de 6000€, aplicando un TXN do 0,00% e esa comisión de mantemento de 3€ ao mes, que cobraríamos trimestralmente (9€).

- Tarifa reducida: gratuíta. (TXN do 0,00% e TAE do 0,00%). A tarifa reducida aplicarase a persoas en situación de especial vulnerabilidade ou risco de exclusión financeira consulta as condicións.

Información básica


Calquera saldo que presente a conta non se remunerará, se o saldo existente fose por exemplo 6000€, a remuneración polo devandito importe sería 0€.

Estas tarifas inclúen os servizos descritos no apartado anterior, ademais da comisión de apertura, mantemento e cancelación da conta. Consulta o documento informativo das comisións e a relación dos servizos máis representativosVer ficheiro PDF.

Se se superase o número máximo de 120 operacións de pago anuais (domiciliación de recibos, ordes de transferencia permanentes e transferencias), sobre as operacións que excedesen desa cantidade cobraríanse as comisións estándar da Entidade.Ver ficheiro PDF

Que se considera un colectivo en situación de especial vulnerabilidade ou en risco de exclusión financeira?

Considérase situación especial de vulnerabilidade ou risco de exclusión social cando os ingresos económicos brutos, computados anualmente e por unidade familiar dun cliente non superen os seguintes limiares:

Tres veces o Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples (IPREM) en doce pagas vixente no momento de efectuar a solicitude cando se trate de persoas non integradas en ningunha unidade familiar.

Tres veces e media o Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples (IPREM) vixente no momento de efectuar a solicitude cando se trate de persoas integradas nalgunha das modalidades de unidade familiar con menos de catro membros.

Catro veces do devandito indicador cando se trate de unidades familiares integradas por catro ou máis membros ou que teñan recoñecida a súa condición de familia numerosa de acordo coa normativa vixente.

Catro veces do devandito indicador cando se trate de unidades familiares cunha persoa con grado de discapacidade igual ou superior ao 33 por cento recoñecido oficialmente por resolución expedida polo Instituto de Maiores e Servizos Sociais ou polo órgano competente das comunidades autónomas.

Tres veces o Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples (IPREM) en doce pagas vixente no momento de efectuar a solicitude cando se trate de persoas non integradas en ningunha unidade familiar.

Tres veces e media o Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples (IPREM) vixente no momento de efectuar a solicitude cando se trate de persoas integradas nalgunha das modalidades de unidade familiar con menos de catro membros.

Catro veces do devandito indicador cando se trate de unidades familiares integradas por catro ou máis membros ou que teñan recoñecida a súa condición de familia numerosa de acordo coa normativa vixente.

Catro veces do devandito indicador cando se trate de unidades familiares cunha persoa con grado de discapacidade igual ou superior ao 33 por cento recoñecido oficialmente por resolución expedida polo Instituto de Maiores e Servizos Sociais ou polo órgano competente das comunidades autónomas.

Cal é a documentación que acredita que unha persoa pertence ao colectivo en situación de especial vulnerabilidade ou risco de exclusión financeira?

Para que se aplique a tarifa reducida da comisión da Conta de Pago Básica, todos os titulares deberán estar en situación de especial vulnerabilidade ou risco de exclusión financeira e deberán aportar algún dos dos seguintes documentos que acrediten:

¿Tes preguntas? Nós respostas

dúbidas

Podes consultar o teu IBAN ou número de conta na túa banca electrónica ou móbil.

O BIC ou SWIFT de ABANCA é CAGLESMMXXX. Este é o código que nos identifica como entidade ante todos os demais bancos e entidades financeiras do mundo, e é un código que deberás facilitar se che van facer unha transferencia desde o estranxeiro.

A Conta de Pago Básica (CPB) permíteche realizar a seguinte operativa:

  • Ingresos e reintegros en euros (estes últimos poderanse realizar en calquera oficina da Entidade en España e en caixeiros de ABANCA dentro da Unión Europea).
  • Ademais, con esta conta poden realizarse ata 120 operacións de pago anuais en euros dentro da Unión Europea, entendendo como tales: domiciliacións de recibos, ordes de transferencia permanentes e transferencias realizadas tanto na nosa rede de oficinas como a través dos servizos de Banca a Distancia de ABANCA.
  • Para poder operar a distancia os clientes poden contratar unha tarxeta de débito, ou prepago, e realizar compras, incluíndo pagos online dentro da UE.Tamén poden contratar os servizos de Banca a Distancia (inclúe e-correspondencia). 

    Non se considerarán operacións de pago e por tanto non se permitirá a vinculación á CPB de ningún outro produto ou servizo que non sexan os detallados nos parágrafos anteriores.

Só poderán solicitar esta conta as persoas que non sexan titulares doutra conta en ningunha entidade española, ademais deben ser residentes legalmente na Unión Europea, solicitantes de asilo ou, que aínda non tendo permiso de residencia non poidan ser expulsados.

DOCUMENTACIÓN

Buscar