Desconto comercial
Este desconto comercial é o mellor xeito de conseguir finanzamento a curto prazo e de traballar sen estar preocupado pola túa tesouraría. Con el poderás adiantar o cobro das facturas que tes pendentes, sen agardar ao seu vencemento. Gañarás liquidez e poderás dedicarlle o tempo que aforras ao máis importante, facer negocios.
Comunidade de Talento ABANCA
Únete á Comunidade de Talento, é fácil e sinxelo! Vai permitir que desde ABANCA te avisemos ao teu correo electrónico cando teñamos ofertas que encaixan cos teus intereses. Lembra: Mantén os teus datos de contacto actualizados!
Formulario de Rexistro
Rexistra os teus datos persoais e curriculares. É moi importante verificar que os datos de contacto son os correctos –móbil, teléfono e dirección de correo–.
Se a dirección do teu domicilio é só temporal porque estás de tránsito ou queres traballar nunha localidade diferente, podes incorporar esta información se nos adxuntas unha carta de presentación.”
Curriculum Vitae
Unha vez te rexistres, podes incorporar o teu CV en calquera momento. Aconsellámosche que sempre o incorpores, gústanos coñecerte e, aínda que non é obrigatorio, é unha boa maneira de que te coñezamos mellor. Animámoste a que poñas unha foto!
Un erro que se repite de maneira frecuente é dar toda a información nunha soa folla, o que en ocasións leva a utilizar letra moi pequena e que a información non estea ben estruturada. Aconsellámosche que empregues unha letra lexible, ordenes os contidos de forma cronolóxica e evites cores de fondo fortes e os formatos de columnas con contidos pouco relevantes.
Carta de presentación
Non é obrigatorio que achegues carta de presentación a non ser que a oferta así o especifique.
Co Rexistro e o CV xa nos darás moita información; lembra que a carta non debe duplicar esta información. É un lugar no que podes aclarar información relacionada: por que che interesa traballar en ABANCA, onde queres traballar, se xa tiveches algunha entrevista connosco, etc.
Entrevistas por videoconferencia
- Busca un sitio con boa cobertura de datos ou wifi e un espazo pechado ao público
- Prepara o fondo que hai detrás de ti. Todo o que se vexa dirá algo de ti! Coida os detalles coma se estiveses nunha entrevista física
- Se nunca realizaches unha videoentrevista, recomendámosche que practiques con persoas de confianza para ver como te comportas e que imaxe proxectas
- Se utilizas o móbil, evita sostelo na man para que a imaxe non se mova
- Hai diferentes sistemas de videochamada no mercado, se descoñeces pola que che convocan ou non sabes manexala, pregúntanos e axudarémoste
- Mantén o teléfono aceso, se falla a conexión poderemos seguir coa entrevista
Entrevistas presenciais
Todo o que nos digas e vexamos diranos como es: Coida os detalles!
- Se puntual. Se por algún motivo non podes acudir ou ves que chegarás tarde, é moi importante avisar. De non facelo, constará no informe profesional que realicemos. Desde ABANCA sempre che daremos un contacto para avisar
- Pregúntanos. Queremos escoitarche e aclarar as túas dúbidas. Cando saias da entrevista é importante que teñas información do proceso, de como continua e como che avisaremos do resultado da entrevista