Somos agro
Somos ABANCA
Somos un banco cos pés na terra. En ABANCA apoiamos desde sempre o traballo e esforzo dun sector crítico da nosa economía, e grazas a esta experiencia somos unha entidade de referencia para o sector agrogandeiro, forestal e vitivinícola.
ABANCA Agro é a unidade especializada en servizos financeiros para a cadea de valor do mundo Agro. Conta cun equipo de profesionais especializados e un catálogo de produtos deseñados para atender as necesidades financeiras do sector.
Financiamento e seguros para o campo
-
Quero financiamento
Dámosche o financiamento que necesitas para o teu negocio agrícola ou gandeiro, específico para o día a día da túa explotación.
-
Anticipo das axudas PAC 2024
Ofrecémosche a posibilidade de adiantar a cobranza das axudas da PAC para que poidas dispoñer do importe desde o primeiro día. Coa nosa experiencia podémosche axudar na tramitación cunha xestión simplificada, áxil e cómoda.
Pide cita na túa oficina máis próxima e axudámoste.
-
Subvencións
Facemos que as túas relacións coa Admnistración sexan moito máis sinxelas e cómodas. Anticipámosche as subvencións concedidas, a devolución dos impostos e financiamos as túas obrigas tributarias.
Facemos valer a nosa experiencia no sector para facerche a vida máis cómoda, tamén con todo o relacionado cos Fondos Next Generation: procura de axudas, servizo de tramitación, anticipo da axuda, financiamento de inversións, e moito máis!
-
Póliza de crédito
Axudámoste a mellorar a estabilidade do financiamento do circulante que lle cómpre á tesouraría da túa explotación. Disporás dun aliado tan flexible coma sólido para financiar as túas necesidades de liquidez, a un prazo de 5 anos e en condicións moi vantaxosas a tipo variable.
-
Liñas de desconto
Para que o cobramento das túas letras, notas promisorias, recibos ou facturas non che supoña un problema, facilitámosche que anticipes o seu cobramento cunhas condicións moi competitivas.
-
-
Quero financiamento para os meus investimentos
Se estás pensando en investir para mellorar a túa explotación, podémoste axudar a medrar sen preocupacións. Co financiamento de investimentos de ABANCA Agro verás o futuro con seguridade.
-
Financiamento de equipamento
Se estás pensando en cambiar, ampliar ou modernizar as túas instalacións, nós axudámoste. Podemos financiar os teus proxectos de investimento a través da nosa oferta sectorial, donde poderás escoller entre un xuro fixo ata un prazo de 8 anos ou uns xuros variables e ata en 12 anos, con posibilidade de carencia. Elixe a forma que máis se che axeite: préstamo ou leasing, incluido el leasing para ganado.
Ademais, no financiamento de investimentos que contribúan a mellorar a sustentabilidade ou eficiencia enerxética da actividade, aplicaranse tarifas bonificadas.
Financiamento de comunidades de regadores, amoblamento de leiras de regadores e cultivos de ciclo longo con prazos e condicións adaptadas que se adecúan ás necesidades específicas destes cultivos.
-
Convenios para axudarte co financiamento
Poñemos á túa disposición convenios oficiais que che poden facilitar o acceso a novo financiamento como o Convenio con SAECA ou SGRs que achegan garantías adicionais para facilitar o acceso a financiamento de liquidez e investimentos. As persoas físicas poderán solicitar ata 250.000€ e as persoas xurídicas, ata 400.000€, cun prazo máximo de 15 anos.
Se a túa explotación está nunha comunidade adherida (actualmente Galicia, Castela e León e Estremadura), infórmate das vantaxes do Instrumento Financeiro de Xestión Centralizada (FEADER 2014-2020) para investimentos recollidos nas medidas dos Programas de Desenvolvemento Rural. Poderás solicitar financiamento ata en 20 anos con carencia e a garantía do 80% do MAPA:
- Investimentos en explotacións agrarias, Industria Forestal con resolución favorable a préstamo garantido.
- Financiamento de investimentos (incluída compra de terras) e financiamento de circulante.
- Incorporación de mozas e mulleres.
-
-
Quero financiamento especializado
Dispomos dunha ampla liña de servizos que garanten os teus pagamentos aos provedores, simplifican os procesos de xestión, reducen a túa carga administrativa e, se queres, acompáñante no proceso de exportación dos teus produtos.
-
Confirming
Esta é unha solución perfecta para optimizar o teu tempo e recursos no pagamento a provedores, con procesos máis simples e menos carga administrativa. Coas nosas solucións poderás organizar e xestionar os teus pagamentos e a posibilidade de diminuír os custos de aprovisionamento coa opción de pronto pago. E ata podemos encargarnos de atenderche as chamadas.
-
Factoring
Co noso servizo de factoring, nós encargarémonos da administración e o finanzamento das túas facturas. Poderás aforrar gastos administrativos, mellorar a túa contabilidade e organizar máis eficientemente a túa estrutura financeira. Máis recursos e máis tempo para o que é realmente importante: que a túa empresa sexa cada día máis e máis próspera.
-
Comercio exterior
En ABANCA garantímosche a seguridade, fiabilidade e financiamento dos teus pagamentos aos provedores, aquí e no estranxeiro. Para iso acompañámoste nas operacións de importación e exportación cun servizo integral de calidade: crédito, afianzamento e xestión dos cobramentos e pagamentos.
ABANCA pon ao teu dispor unha ampla rede internacional, unha plataforma informática de vangarda e sobre todo o asesoramento personalizado dun equipo de xestión próximo. Temos unha grande experiencia no comercio internacional de produtos agrogandeiros.
-
Multifinanciamento
Todos os produtos de circulante que necesitas para a túa empresa (avais, comex, desconto comercial, liña de crédito), nun único contrato. Desta forma, todos compartirán o 100% do límite solicitado, unha forma moito máis flexible e rápida de dispoñer de liquidez. Con esta solución poderás resolver as túas necesidades financeiras no momento preciso, cando queiras.
-
-
Quero un seguro
Temos un gran número de seguros especializados no agro para que, calquera que sexa a túa preocupación, non teñas que cismar nela nunca máis.
-
Agroseguro
Comercializamos todas as liñas de Agroseguro, ademais dispoñemos dunha liña de financiamento para seguros agrarios que permite fraccionar o pagamento das primas ata en doce mensualidades:
- Retirada de animais mortos.
- Seguros pecuarios (vacuno, aviar, porcino, ovino e caprino).
- Seguro forestal.
- Seguros agrícolas (millo, trigo, cebada, alfalfa, leguminosas, oleaginosas, frutos secos, frutais, hortalizas, olivar e uva tanto de mesa como de viño)
-
Seguro de maquinaria
O noso seguro de tractores e maquinaria agrícola cobre a póliza obrigatoria de circulación, pero ademais ofréceche a contratación de coberturas adicionais segundo as túas necesidades: como responsabilidade civil de traballos en bens propios ou alleos, accidente do condutor, asistencia médica, incendio, roubo, perda total…
-