Solucións para profesionais e autónomos
Se traballas pola túa conta, deixa que te axudemos a mellorar o teu proxecto cos nosos xestores especializados e as nosas solucións deseñadas para profesionais coas túas mesmas necesidades. Porque aínda que non teñamos un carné de conducir da clase C, sabemos moito de como poderiamos axudar un transportista para mellorar a súa situación financeira.
Tamén podemos axudarte a coidarte para que poidas coidar do teu negocio. Evita desprazamentos innecesarios e pide que un xestor especializado te chame para axudarche no que necesites, a través deste formulario. Será un tempo moi ben investido.
E se xestionas un comercio, temos algo específico para ti.
Para autónomos e profesionais coma ti
-
A conta que necesitas
Xestiona as túas contas dunha forma sinxela coa nosa conta para autónomos e profesionais
-
Conta para autónomos e profesionais
Benefíciate dunha conta deseñada para autónomos ou profesionais calquera que sexa o teu sector! Un produto que te axudará a resolver as túas necesidades financeiras e coa que, cumprindo uns requisitos moi sinxelos, poderás acceder de forma automática ás vantaxes do Programa Servicios ABANCA.
-
-
Quero financiamento para que o meu negocio creza
Financiamento á medida das túas necesidades e asesoramento específico para ti
-
Póliza de crédito
A póliza de crédito de ABANCA permitirache conseguir liquidez ao momento. Contarás cun aliado tan flexible como sólido para financiar os pagamentos habituais do teu negocio: nóminas, impostos, provedores… Ademais, dispoñerás de liquidez no momento que o necesites e co importe que necesites.
-
Un préstamo á medida
Dá igual o sector ou o tamaño do teu negocio, que teñas unha necesidade puntual de financiamento ou que esteas buscando unha solución estrutural que che permita tirar o máximo rendemento da túa tesouraría. Temos unha rede de expertos moi preto de ti e produtos a medida cos que cada ano axudamos milleiros de clientes coma ti. Chamámoste?
-
Desconto Comercial
Logra financiamento a curto prazo co desconto comercial e traballa sen estar preocupado pola túa tesouraría. Poderás adiantar o cobramento das facturas que tes pendentes, sen esperar ao vencemento. Ganarás liquidez e poderás dedicar o tempo aforrado ao máis importante: facer negocios.
-
-
Un TPV que siga o ritmo do meu comercio
Un TPV que che permite realizar cobramentos con calquera tarxeta de crédito ou débito, en tendas físicas e tamén virtuais.
-
O TPV perfecto para ti
Para os comercios de toda a vida ou para a túa nova tenda online. Para ferraxaría, restaurantes, tendas de roupa… . Sexas como sexas, temos o TPV perfecto para ti e cun servizo de atención profesional 24 horas ao día, sete días á semana. Todo para que realices os teus cobramentos da forma máis cómoda e segura, e cunhas tarifas irresistibles para o teu negocio!
-
Servizo Aprazos
Co servizo de compras de ABANCA, permitirlles aos teus clientes que financien as compras é rápido, sinxelo e moi económico. Podes fraccionar as compras de forma instantánea cando ti o decidas. É unha ferramenta excelente para multiplicar as túas vendas e para marcar a diferenza coa competencia.
-
APPÚNTAME
Se xestionas cobramentos fixos periódicos como cotas, domiciliacións ou subscricións… APPÚNTAME é o que estás a buscar. Poderás reducir as tarefas manuais e repetitivas que adoitan complicar o traballo de emitir recibos e consultar en tempo real a situación dos pagamentos dos teus clientes desde a túa banca electrónica de empresas.
-
-
Seguros? As mellores coberturas para min e para o meu negocio
Un seguro que entende que é o máis importante e cales son as coberturas que necesitas.
-
Seguro de Negocios
Protexe o teu negocio contra todo tipo de imprevistos e contrata unicamente as coberturas que realmente necesitas: asistencia informática, protección xurídica, avaría de maquinaria… E moito máis!
-
Seguros para autónomos e profesionais
A mellor cobertura para os teus seguros. En ABANCA podes atopar seguros de responsabilidade civil, seguro de baixa laboral, de saúde e con todas as coberturas que necesitas para estar tranquilo tanto no teu posto de traballo como no teu día a día.
-
-
Sen papelames! Quero xestións sinxelas!
Conta Empresas, Visa Business e, ademais, ten un control total das túas contas en todo momento.
-
Tarxeta VISA Business
Un dos grandes compañeiros de autónomos e profesionais coma ti é a nosa VISA Business: crea todo tipo de informes a través da banca electrónica e, se queres, limita os gastos dos teus empregados. Benefíciate de diferentes opcións de financiamento e personaliza as tarxetas coa imaxe da túa empresa, se así o desexas.
-
Banca electrónica para autónomos e profesionais
A banca electrónica é a forma máis cómoda para facer todas as operacións bancarias a calquera hora, calquera día, sen desprazamentos e desde calquera lugar onde teñas conexión a internet. E ademais coas mellores tarifas nas operacións máis frecuentes.
-