A mellor opción para crecer
Xa podes solicitar os préstamos do Plan de Recuperación e Resiliencia ICO, financiados con fondos Next Generation UE e dispoñibles para fogares, autónomos, pemes, empresas e universidades.
Para novos investimentos
Financiamento ata o 100%
Con opción de carencia
Préstamos do Plan de Recuperación ICO para proxectos de transición ecolóxica, dixitalización e competitividade
Liña ICO Verde
Si has pedido una subvención Next Generation y necesitas complementar la financiación para tu proyecto, desde ABANCA podemos ayudarte con nuestros préstamos Next Generation Financiamento para fogares, autónomos, pemes e empresas.
- Iniciativas de transporte sostible
- Eficiencia enerxética
- Enerxías renovables
- Descarbonización da industria
- Xestión da auga
- Economía circular e adaptación ao cambio climático
Consulta a listaxe completa de investimentos.
Liña ICO Empresas e Emprendedores
Financiamento para o crecemento empresarial, dixitalización e competitividade. Conta con 3 subliñas:
- Proxectos de investimento para autónomos, pemes, medianas e grandes empresas
- Turismo sostible e modernización
- Dixitalización de universidades, dentro do PERTE Nova Economía da Lingua
Acompañámoste no proceso
Os nosos xestores revisarán o teu proxecto, a documentación que necesitas achegar e informarante dos pasos que tes que seguir. ABANCA, contarás coa confianza e mais a proximidade que mereces. Visítanos!
Como funcionan os préstamos ICO?
As liñas ICO son unha das formas que ten o Estado de axudar as empresas españolas a través de entidades financeiras líderes, como ABANCA. O Instituto de Crédito Oficial (ICO) fixa e prové a dotación económica total, así como as características e mais as condicións financeiras destas liñas de financiamento.
Son as entidades como ABANCA as que, despois de asinar un contrato co ICO, actúan como intermediarias, analizan a viabilidade da operación e deciden sobre a concesión ou non do financiamento, entre outros.
Tes máis información sobre este produto na web do Instituto de Crédito Oficial (ICO).