• É para min?

    Colexios, asociacións, ximnasios, xestorías, academias, alugueres… Se recibes pagamentos periódicos, APPÚNTAME é a solución perfecta para ti.

  • Para que serve?

    É unha ferramenta que simplifica a xestión e o seguimento dos recibos que emites. Ademais, permite que os teus clientes se dean de alta eles mesmos e asocien a súa tarxeta ou conta para realizar pagos.

  • É seguro?

    O servizo cumpre con todos os nosos protocolos de seguridade. Se o teu cliente paga con tarxeta, validaremos a subscrición cunha clave enviada ao seu móbil.

  • Canto custa?

    Sabemos que APPÚNTAME che vai gustar, por iso os primeiros tres meses é gratis. E podes empezar a usalo agora mesmo!

APPÚNTAME é a solución online pensada para todas aquelas persoas que xestionan calquera tipo de cobro fixo periódico: cotas, domiciliacións, subscricións… Poderás crear os teus plans de cobramento de forma fácil e, automaticamente, realizaranse os cobramentos segundo o programaras e, se queres, tamén poderás facer que sexan os teus clientes ou usuarios os que fagan todo pola web, a distancia e sen papelame. Os teus clientes poderán darse de alta e realizar os pagamentos coa súa conta bancaria ou tarxeta financeira.

Deseñada pensando en academias, colexios, ximnasios ou calquera negocio que realice cobros periódicos de cotas fixas. Con APPÚNTAME poderás reducir todas as tarefas manuais e repetitivas que adoitan complicar o traballo de emitir estes recibos, e poderás consultar en tempo real a situación de pagamentos dos teus clientes. Aforra tempo na xestión bancaria e dedícallo ao realmente importante: o teu negocio!

APPÚNTAME: a ferramenta de subscrición e cobramento dos teus servizos

  • Simplifica a creación de recibos
  • Facilita a subscrición para os teus clientes. Daranse de alta eles sós coa súa conta bancaria ou tarxeta
  • Estarás informado en tempo real do seu estado
  • 100% seguro: cumpre todos os requirimentos legais e normativos
  • Para cobramentos nacionais e internacionais
  • Reduce o tempo que empregas creando as túas remesas de recibos
  • Recibe notificacións do estado dos teus cobros en cotas periódicas
casita-ingles-azul

Grazas a APPÚNTAME podo agrupar aos meus clientes de maneira sinxela en función das súas necesidades de cobro. Ademais, a interfaz é moi intuitiva e permíteme ver os datos históricos dunha ollada, así podo analizar mellor as tendencias do meu negocio.

Miguel Pérez Bornstein
Propietario de La Casita de Inglés - Madrid

Como funciona: área privada, área pública e integración

APPÚNTAME ten dous niveis. Por unha parte está a área privada, que xestionas ti, o emisor das cotas, e que é onde se crean os plans de cobramentos, tal e como estarás facendo agora, pero de forma máis sinxela.

Unha vez xerado cada plan de cobramentos, poderás engadir directamente os teus clientes ou subscritores ou, tamén, utilizar o enlace á web que crea APPÚNTAME e que poderás enviar directamente aos teus clientes ou incorporalo á páxina web da túa empresa. Poderás personalizalo co teu logo, cores e cos textos que prefiras! Amosámosche un exemplo de como sería a páxina web dunha academia que ofrece clases particulares ou dun ximnasio.

É nesa vista pública do teu servizo ou plan de subscricións onde os teus clientes ou usuarios se poderán apuntar de forma sinxela. Poden facelo incluso a través da súa tarxeta. Para iso só necesitarás o TPV Virtual de ABANCA.

Calquera que sexa o teu negocio, se cobras cotas ou subscricións esta ferramenta é para ti

Para cobrar a subscrición ao teu servizo, a cota das clases de surf ou de pádel, os recibos da comunidade, incluso se es un particular e alquilar prazas de garaxe ou pisos. Calquera que sexa a factura que tes que emitir, con APPÚNTAME será moito máis sinxelo!

  • ico-gimnasio
    Ximnasios
  • ico-academia
    Academias
  • ico-comunidad-vecinos
    Comunidades de veciños
  • ico-coworking
    Coworking
  • ico-colegio-guarderia
    Colexios ou gardarías
  • ico-ong-org
    ONG ou asociacións
  • ico-colegio-proferional
    Colexios profesionais
  • ico-garaje
    Garaxes
  • ico-viviendas-appuntame
    Alugueres
  • ico-mas-appuntame
    E moito máis

Como podes contratar APPÚNTAME?

Se queres gozar deste servizo e xa es cliente de ABANCA, só necesitas activalo na túa banca electrónica de empresas e negocios e empezar a emitir os teus débitos con este novo sistema. Accede ao apartado Ficheiros > APPúntame > Acceder a Appúntame.

Se non tes claves, pídeas na túa oficina de ABANCA: é gratis e non fai falta que sexas unha empresa nin teñas un CIF!

Durante os 3 primeiros meses podes usar APPÚNTAME sen custo e, aínda que seguro que non te queres dar de baixa nunca máis, se prefires seguir utilizando o método tradicional podes deixar o servizo cando queiras.

Despois do período de proba, esta ferramenta pasará a ter un pequeno custo. Nos cobros de adeudos contra conta cobrarémosche 0,10 € por recibo a maiores da túa tarifa de sempre. Nos cobros con tarxeta aplicarase a tarifa de teu TPV Virtual.

Se o que queres é que o teu ciente se subscriva a través da súa tarxeta, non é necesario que teñas contrato de cedente, solo necesitarás o noso TPV Virtual.

E se tes dúbidas ou queres que cho expliquemos en persoa, podes solicitar unha cita na oficina que queiras ou chamarnos ao 981 910 537, porque sabemos que o teu tempo é moi valioso.

Novidades da última actualización de APPÚNTAME

  • Melloramos a web de APPÚNTAME e o acceso ás distintas funcionalidades.
  • Os clientes poderán deixarte os seus datos para que poidas poñerte en contacto con eles.
  • Dar de alta plans é agora máis sinxelo. Podes ver plans de exemplo que te axudarán a crear un novo plan.
  • Modifica os plans unha vez creados e actualiza os datos sen necesidade de dar de alta un plan novo.
  • Activa plans gratuítos para ofrecer servizos de balde aos teus clientes.
  • Exporta en Excel o histórico de operacións, o que che facilitará a facturación e o seguimento do teu negocio.
  • Revisa as subscricións incompletas para coñecer os intentos errados de alta en cada plan.
  • Incluímos a opción de cobranzas presenciais para que poidas incorporar subscricións de forma manual.