- Acceso privado https://abancaserfin.com/es/acceso-privado/#ABANCA-Colaboradores
- Solicita o teu TPV https://solicitudonline.abanca.com/empresas/es/solicitartpv/J
-
Como funciona?
Podes financiar as compras dos teus clientes directamente co teu TPV ou tamén a través de abancaserfin.com.
-
É para min?
Permíteche axudar aos teus clientes a financiar as súas compras nunhas condicións moi ventaxosas tanto para ti como para eles
-
Que é o mellor?
Ti decides que financiar e de que forma queres facelo
-
E que máis?
Diversas modalidades de pago, desde 3 ata 60 meses, coas que poderás elixir quen asume o custo do financiamento: ti, o cliente ou compartidos polos dous.
Multiplica as vendas dividindo pagamentos
Podes fraccionar as compras dos teus clientes de forma instantánea e cando ti o decidas. O teu TPV ABANCA trae instalado o servizo APRAZOS, unha ferramenta interesante para o teu negocio coa que podes multiplicar as vendas, e marcar a diferenza coa competencia.
Nunca foi tan sinxelo, rápido e económico axudar os teus clientes a financiaren as compras que fan no teu establecemento. E, como novidade, tamén poderás ofrecer financiamento aos teus clientes se tes o TPV Virtual de ABANCA. Sen papelames nin intermediarios!
Ademais, a través da plataforma de abancaserfin. com tamén poderás ampliar as opcións de financiamento de todos os teus clientes, sexan ou non clientes de ABANCA, e para todo tipo de compras. Para gozar deste servizo, deberás dalo de alta na túa oficina.
APRAZOS axudarate a aumentar as vendas porque:
- É áxil e sinxelo, para ti e para os teus clientes
- Diferénciate da competencia
- Sen risco de impagamento, nós ocupámonos
- Só ti decides que operacións queres financiar e de que forma
- Está dispoñible 24 horas ao día, os 7 días da semana
- Ten un servizo de atención telefónica de luns a sábado, de 9 a 22 horas
Sexa como sexa o teu negocio, encantaranos falar contigo e atopar xuntos a solución que estás a buscar.
Ofrece financiamento co teu TPV ABANCA
Para desfrutar do servizo APRAZOS, os teus clientes só teñen que pagar coa súa tarxeta de crédito ABANCA no teu TPV ABANCA, e ti poderás financiarlles as compras a 3, 6, 9, 10, 12, 18, 24 e 36 meses sen intereses para eles (0% TAE), e sen papelames.
E todo isto cun custo moi interesante para ti, que variará en función dos meses de aprazamento que elixa o teu cliente para pagar as súas compras: o 1,50% do importe da compra para 3 meses; o 2,50% para 6 meses; o 3,50% para 9 meses, o 3,75% para 10 meses; o 4,25% para 12 meses, o 6% para 18 meses; o 7,75% para 24 meses, e o 9,95% para 36 meses.
Por exemplo, para unha compra de 360€ aprazada en 12 meses, o teu cliente pagaría ao mes unha cota de 30€. O importe total da compra a prazos sería de 360€. TXN 0%, TAE 0%. E o custo do financiamento asumido polo teu establecemento supoñería un 4,25% do importe da compra, é dicir, 15,30€.
E lembra que es ti quen decide se quere ou non financiar unha operación!
E aínda máis opcións de financiamento a través de ABANCA Serfin
A través de abancaserfin.com podes ofrecer a todos os teus clientes un servizo de financiación más personalizado. Deste xeito poderán financiar todo tipo de compras hasta 30.000 euros e ata un prazo máximo de 60 meses.
Nesos casos podes tramitar online as financiacións de xeito áxil, sinxelo e coa mínima información.
Ademais, podes decidir se custo do servizo o asumes ti, o teu cliente ou se vos repartides os gastos do financiamento. O servizo de vendas APRAZOS é un servizo totalmente seguro, sen riscos. E a túa venda aboaráseche na túa conta, como sempre. Interesante, non si?
Só tes que darte de alta en APRAZOS na túa oficina ABANCA, onde che facilitarán o usuario e o contrasinal para accederes ao acceso privado. E para que non teñas dúbida ningunha, dispós dun servizo de atención telefónica en horario de luns a sábado de 8 a 22 horas, para resolveres todas as cuestións.
Cabecera tabla | No teu TPV ABANCA | Desde ABANCA Serfin |
---|---|---|
Importe máximo | No teu TPV ABANCAO límite da tarxeta | Desde ABANCA SerfinAta 30.000 € |
Prazos | No teu TPV ABANCAAta en 36 meses | Desde ABANCA SerfinAta en 60 meses e 85 anos (idade e prazo de financiamento) |
Que necesita o teu cliente | No teu TPV ABANCAPagarche cunha tarxeta de crédito ABANCA | Desde ABANCA SerfinDNI en vigor e en determinados casos un xustificante de ingresos |
Quen paga os custos | No teu TPV ABANCATi | Desde ABANCA SerfinTi, ou o teu cliente, ou entre os dous: ti escolles |
Que che cómpre | No teu TPV ABANCATPV | Desde ABANCA SerfinAcceso a internet e unha impresora para o contrato |
Como o fas | No teu TPV ABANCADirectamente, escollendo a opción de APRAZOS no teu TPV ABANCA | Desde ABANCA Serfin No teu acceso privado |
Para saber máis...
dúbidas
-
Con que usuario podo acceder á web ABANCA Serfin?
Para accederes á web ABANCA Serfin necesitarás contratar o servizo, gratuíto, na túa oficina ABANCA, onde che proporcionarán un usuario e un contrasinal. Este usuario e o contrasinal son distintos dos que xa tes para a túa web de banca electrónica.
Para ampliar información sobre como financiar aos teus clientes consulta esta guía.