Seguridade para a túa empresa

Consulta os nosos consellos para xestionar as finanzas do teu negocio de forma segura en Internet

Protexe a túa seguridade en liña

En ABANCA dedicamos moitos recursos para protexer o teu diñeiro e mais os datos. Con todo, tamén necesitamos que poñas da túa parte e navegues en Internet con coidado. Para iso, dámosche as seguintes recomendacións.

Os nosos sistemas de seguridade non estarían completos sen a túa axuda

Se detectas algunha actividade estraña, agradecerémosche que nolo fagas saber se:

  • Ocorre algo coas túas compras, coas tarxetas ou coas contas
  • Atopas algunha web que se parece á de ABANCA pero non o é
  • Che chegan avisos ao móbil sobre accesos ou operacións que ti non estás facendo
  • Che chega un correo cunha ligazón directa á túa banca electrónica

Envíanos un correo electrónico a tuseguridad@abanca.com ou chámanos para revisalo.

Se fuches vítima dunha fraude chámanos o antes posible. Atendémoste as 24 h

Aumenta a túa seguridade en Internet con estas recomendacións

Utiliza un PIN seguro

Para iso, sigue estas recomendacións.

  • Non utilices datos persoais: data de nacemento, teléfono, DNI…
  • Evita números sucesivos e non reutilices claves
  • Non anotes o PIN en ningún dispositivo, tampouco en papel
  • O teu PIN é secreto e intransferible, non o compartas con ninguén
  • Actualízao frecuentemente

Adecúa os límites da túa banca electrónica ao teu día a día.

Revisa os importes das túas operacións habituais, por exemplo envíos de diñeiro, e establece límites máximos. Poderás amplialos para operacións puntualmente se é necesario.

Préstalles atención aos correos electrónicos ou ás chamadas fraudulentas

Estas son algunhas das claves que delatan un intento de fraude ou phishing por correo.

  • O enderezo do correo electrónico do remitente non coincide co da empresa
  • Pídenche que realices unha acción con máxima urxencia
  • O deseño da mensaxe é sospeitoso
  • Hai faltas de ortografía ou erros de redacción
  • O correo solicita información persoal
  • Inclúense arquivos anexos

Reforza a túa seguridade con máis dunha sinatura.

Contar con máis dunha sinatura para xestionar as túas operacións habituais tamén é importante para reforzar a seguridade da túa empresa. Sobre todo, se realizas operacións con importes elevados de forma regular.

Activa a autenticación con segundo factor

Desta forma sempre che pediremos que confirmes a identidade co teu móbil cando operes coa banca electrónica

Revisa as instrucións de pagamentos por correo electrónico

Se detectas cambios, como novos bancos ou números de conta, contacta co remitente por outra canle e confírmao

Conciencia o cadro de persoal

É importante que o persoal da empresa estea informado sobre ciberataques e como deben actuar

Actualiza os dispositivos

Mantén sempre actualizados o navegador, o antivirus, as aplicacións, os sistemas operativos…

E máis recomendacións de seguridade para o teu día a día