Xestión de cobros
-
TPV
Cubre as túas necesidades cun servizo de venda y cobro con tarxeta dentro do teu negocio ou contigo, vaias onde vaias, cunha ampla variedade de terminais de cobro. Benefíciate dun servizo rápido, seguro e flexible que che permitirá axilizar as túas operacións de cobro con tarxeta.
- ATENCIÓN 24/7
-
TPV Virtual
Tanto se queres ofrecer aos teus clientes a posibilidade de pagar por internet, a distancia e sen páxina web de forma sinxela e rápida coma se necesitas unha pasarela de pagos para a túa tenda online, o TPV Virtual de ABANCA é para ti.
-
APPÚNTAME
Xestiona online calquera tipo de cobro fixo periódico: cotas, domiciliacións, subscricións… Poderás reducir as tarefas manuais e repetitivas e consultar en tempo real a situación de pagos dos teus clientes desde a túa banca electrónica de empresas.
-
Factoring
Co noso servizo de factoring, nós encargarémonos da administración e o finanzamento das túas facturas. Poderás aforrar gastos administrativos, mellorar a túa contabilidade e organizar máis eficientemente a túa estrutura financeira. Máis recursos e máis tempo para o que é realmente importante: que a túa empresa sexa cada día máis e máis próspera.
-
Desconto comercial
Consigue finanzamento a curto prazo co desconto comercial e traballa sen estar preocupado pola tesourería. Adianta o cobro das facturas que tes pendentes, sen esperar ao seu vencemento. Gañarás liquidez e poderás dedicar o tempo aforrado ao máis importante, facer negocios.