Desconto comercial
O desconto comercial é o mellor xeito de conseguir finanzamento a curto prazo e de traballar sen estar preocupado pola túa tesouraría. Con el poderás adiantar o cobro dos pagos pendentes dos teus clientes, sen agardar ao seu vencemento. Gañarás liquidez e poderás dedicarlle o tempo que aforras ao máis importante, facer negocios.
- 981 910 534 tel:0034981910534
- Chamámoste? #llamada-gratis
- Solicítao xa https://solicitudonline.abanca.com/empresas/gl/descuento-comercial/J
-
Para quen é?
Podes aproveitar o desconto comercial se a túa empresa se dedica á compra e venda de produtos ou prestación de servizos.
-
Como funciona?
Co desconto comercial podes anticipar o cobro das vendas que realizou a túa empresa, para obter ao momento a liquidez que che cómpre.
-
Canto tempo?
Des que nos envíes unha remesa, só pasarán 24 horas até que recibas o importe das operacións incluídas.
-
En que condicións?
Adaptamos os límites e as condicións do contrato de desconto ás necesidades que ten o teu negocio.
Dos cobros encargámonos nós
O desconto comercial é o mellor xeito de conseguir finanzamento a curto prazo para a túa empresa. Se necesitas anticipar os cobros pendentes das compras que realizou a túa empresa, ofrecémosche unha liña de traballo que lle permitirá ao teu negocio obter ao momento a liquidez que necesita para funcionar perfectamente. A través de banca electrónica podes obter toda a información da liña de desconto comercial, para supervisala cando queiras e para que poidas dedicarlle máis tempo a outros labores da túa empresa.
A cambio de xestionar as túas facturas e de aboarche o seu importe por adiantado, cobrámosche uns xuros polo diñeiro que che cedemos emprestado. Ti obtés liquidez e despreocúpaste da xestión dos cobros. As condicións económicas deste acordo, que se denomina contrato de desconto, son negociables: podemos adaptar os límites e as condicións económicas ás túas necesidades.
Como funciona?
As remesas que queiras descontar, ou sexa, cobrar por adiantado, debes presentalas fisicamente nas nosas oficinas ou enviárnolas a través dun ficheiro normalizado de adeudos financiados en formato SEPA desde a banca electrónica. Se non tes unha aplicación que xere este tipo de ficheiros, podes descargala desde a propia banca electrónica. Ao que a descargues, introduce na aplicación os datos da túa remesa. Despois, accede outra vez á banca electrónica, recupera o ficheiro que crearas coa aplicación e envíalo canda as sinaturas operativas que che entregamos.
Cóbralas en 24 horas. As operacións de remesas execútanse varias veces ao día, polo que ao día seguinte de que nolas envíes terás xa aboado o importe. Así de rápido e sinxelo, segundo as túas necesidades e todo por internet.
Para saber máis...
dúbidas
-
A miña empresa pode utilizar o desconto comercial?
Se a túa empresa realiza venda de produtos e servizos podes anticipar o importe dos cobros diferidos dos teus clientes mediante o desconto de pagarés, letras, pagos domiciliados, facturas, certificacións ou Adeudos SEPA, CORE e B2B.
Este tipo de financiamento por desconto comercial non está destinado a empresas de subministracións recorrentes ou con cobros inmediatos ou en man. No seu lugar, poden utilizar o servizo de Adeudos SEPA ao cobro. Por exemplo, un ximnasio, un colexio ou unha xestoría utilizarían o servizo de cobros de recibos electrónicos á vista, do que tamén te podemos informar en ABANCA.
-
Cal é a diferenza entre as liñas de desconto e a xestión de cobro?
No desconto comercial, ABANCA anticípache o importe pendente do cobro dos teus clientes e, a cambio, cobra uns xuros e unha comisión. Se ao vencemento o debedor non paga, retrocederemos o anticipo e cobrarémosche os gastos que se producen pola devolución.
Coa xestión de cobramento, ABANCA préstalle un servizo ao cliente para xestionar o cobramento no teu nome. Unha vez realizado este cobramento, aboarase o importe na conta e cobraráseche unha comisión por esta xestión. Se o teu cliente, ao vencemento, non atende o pagamento cobraremos unha comisión pola devolución.
NO BLOG