Factoring
Co noso servizo de factoring, nós encargarémonos da administración e o finanzamento das túas facturas. Poderás aforrar gastos administrativos, mellorar a túa contabilidade e organizar máis eficientemente a túa estrutura financeira. Máis recursos e máis tempo para o realmente importante: que a túa empresa sexa cada día máis e máis competitiva.
- 981 910 534 tel:0034981910534
- Chamámoste? #llamada-gratis
- Solicítao xa! https://solicitudonline.abanca.com/empresas/gl/solicitar_factoring/J
-
É para min?
Se xestionas un negocio onde algúns clientes non pagan ao contado, o factoring pode serche de grande axuda.
-
Como funciona?
Co servizo de factoring cédesnos as facturas que tes fronte aos teus cliente e en ABANCA anticipámosche o seu importe.
-
Que é o mellor?
O servizo de Factoring mellora a liquidez da túa empresa e afórrache tempo e esforzos. Axudámoste coas xestións de cobro fronte aos teus clientes.
-
En que condicións?
As condicións do servizo de factoring adáptanse ás túas necesidades, e podes engadir ou retirar contas de clientes, cando queiras, deste servizo externalizado.
Unha solución á túa medida
O Factoring é unha fórmula de finanzamento e administración moi sinxela, baseada na cesión de facturas: ti cédesnos o crédito comercial dos teus clientes rexistrado nesas facturas e nós adiantámoste o importe das mesmas e axudámoste a xestionar o cobro.
Deste xeito poderás obter moito en troca de moi pouco: poderás reducir os gastos administrativos da túa empresa e simplificar a túa contabilidade; poderás dispoñer de liquidez a medida das túas transaccións comerciais e aumentar a eficacia da xestión de cobros. E moito máis!
Vantaxes financeiras e contables
Co noso servizo de factoring poderás optimizar a túa estrutura contable: ao eliminar contas a cobrar poderás mellorar o teu circulante, e permitirache planificar de forma máis rendable a túa Tesouraría, evitando posibles desviacións.
Ademais, ao optares por esta solución, que axustarmos exactamente ás necesidades da túa empresa, amplías a capacidade de finanzamento e melloras os teus ratios de endebedamento.
Nós axudámosche cos cálculos, verás como con esta ferramenta poderás mellorar o rendemento comercial do teu negocio.
Prestacións do Factoring de ABANCA
Ofrecémosche un servizo de Factoring a medida, co que poderás beneficiarte das seguintes prestacións:
Estudo e clasificación de debedores. Estudaremos e clasificaremos de xeito experto aos teus clientes comerciais, en función da súa calidade crediticia establecendo un límite cuantitativo de risco económico individualizado. Ao longo da vida do contrato poderás solicitar a inclusión de nuevos debedores e modificación dos seus límites, de xeito áxil e sinxelo.
Anticipo dos créditos cedidos. O finanzamento dos créditos cedidos podería chegar até o 100% do seu importe, aínda que é habitual pactar retencións entre o 5% e o 20% do nominal para cubrir posibles diferencias entre o importe cedido e o importe cobrado. Poderás anticipar os créditos en calquera momento comprendido entre a data de cesión e o vencemento do crédito. E ademais, poderás realizar disposicións parciais.
Posibilidade de asegurar as ventas. ABANCA asumirá o risco de insolvencia daqueles debedores que estean clasificados, sempre e cando os créditos cedidos sexan lexítimos e esixibles.
Xestión de cobro e recobro dos créditos cedidos. Tamén te axudamos nas xestións cos teus clientes comerciais para o cobro das facturas.
Quen intervén nun contrato de factoring?
Neste servizo hai tres actores:
-
Cedente: ti, o noso cliente, que tes un contrato (ou un pedido, ou un acordo) para a venda de mercadoría ou a prestación de servizos aos teus clientes, cos que pactaches un aprazamento e unha forma de cobro.
-
Debedores: son os compradores da túa mercadoría ou servizos.
-
Factor: ABANCA, a entidade á que ti lle cedes os créditos comerciais a cargo dos debedores. Estes, ao vencemento dos créditos, págannos directamente a nós. En ABANCA ademais encargámonos de prestar os servizos administrativos, de finanzamento ou de cobertura que pactásemos