TPV VIRTUAL E COBRO FÁCIL
Solucións para os teus pagos a distancia
Pide cita na túa oficina máis próxima e aumenta as vendas, calquera que sexa o teu modelo de negocio.
Descubre as túas opcións para xestionar pagamentos a distancia
Delivery, ecommerce, comercio tradicional… Se tes un negocio, podemos axudarte.
-
TPV Virtual
Tes un comercio electrónico
- Unha pasarela de pagamentos para as túas vendas online
- Para unha ampla gama de tarxetas: VISA, Mastercard, Maestro, AMEX, JCB…
- Compatible con WooCommerce, PrestaShop… e co resto das principais plataformas de ecommerce
-
Cobro Fácil
Non tes comercio electrónico
- Unha solución de cobramento sinxela sen ter unha plataforma de comercio electrónico
- Envíalles un link ou un código QR aos teus clientes para realizar o pagamento en liña desde o ordenador ou o móbil
- Sen custo adicional e a través dunha web mobile-friendly
O servizo Cobro Fácil é moi sinxelo de utilizar, e resolve todas as necesidades de pagamento a distancia con cero incidencias. Ademais, tamén me permite habilitar o TPV virtual para que os clientes poidan facer as operacións directamente na miña web.
Juan Manuel Sainz Serrano
Restaurante Pizzería El Solecito, Santander
-
Fácil de usar
Xestiona os cobramentos por Internet e a distancia teñas páxina web de venda ou non.
-
Seguridade nos teus cobros
A nosa pasarela de pagamentos cumpre os estándares 3D Secure e Comercio Electrónico Seguro.
-
Soporte 24 horas
E se necesitas axuda, podes chamarnos as 24 horas, os 365 días do ano.
Máis sobre o TPV Virtual
Non manexo moi ben as tecnoloxías, a instalación do TPV virtual será un problema?
Claro que non! Unha vez que deamos de alta o servizo, enviarémosche as instrucións e mais as claves de acceso específicas para implementar o TPV virtual na web do teu ecommerce.
Neste vídeo explicámosche paso a paso como incluír o TPV virtual de ABANCA nunha tenda en liña Woocommerce.
Que tarxetas acepta o TPV virtual?
O TPV virtual de ABANCA permite o pagamento cunha ampla gama de tarxetas: VISA, Maestro, Mastercard, AMEX, JCB, e máis! E para todo tipo de tarxetas: débito, crédito, prepagamento, virtuais…
Os meus clientes poderán pagar con Bizum e noutras divisas?
Por suposto! O TPV virtual de ABANCA permite que os teus clientes utilicen o método de pagamento que prefiran:
Todas as tarxetas. Acepta todos os tipos de tarxetas: débito, crédito, prepagamento, virtuais…
Pagamento con Bizum. Poderás habilitar Bizum como opción de pagamento para que os teus clientes autoricen a operación directamente desde esta aplicación.
Operacións multimoeda. Poderás ofrecer pagamentos en divisas distintas ao euro: dólares, euros, libras, iens, iuans chineses, pesos mexicanos, francos suízos, zlotys polacos…
Pagamentos periódicos. Disporás dunha completa ferramenta que che permitirá xestionar os pagamentos recorrentes dos teus clientes. Lembra que para xestionar os pagamentos periódicos tamén dispós do servizo Appúntame.
Podo financiar as compras dos clientes?
Si podes! Temos varias opcións para que escollas a que mellor se adapta a ti.
O servizo APLAZOS permíteche fraccionar as compras dos clientes de forma instantánea, cando o decidas e cunhas tarifas moi interesantes. Para os pagamentos que che fagan cunha tarxeta de crédito ABANCA, podes ofrecer un financiamento a 3, 6, 9, 12, 18, 24 e 36 meses para os teus clientes.
Ademais, a través da plataforma de abancaserfin.com, tamén poderás ampliar as opcións de financiamento de todos os teus clientes, sexan ou non clientes de ABANCA, e para todo tipo de compras. Para gozar deste servizo, deberás dalo de alta na túa oficina.
Cando terei dispoñible o diñeiro das vendas que cobre co TPV Virtual?
Con carácter xeral, todas as operacións que se realizan no día liquídanse de forma automática ao día seguinte, ás 7:30 da mañá, e abóanse con data valor do día en que se realizaron.
En que plataformas podo instalar a pasarela de pagamento?
O TPV virtual de ABANCA é compatible coas principais plataformas de ecommerce:
Palbin, un software para ecommerce enfocado ás redes sociais. Se es cliente de ABANCA, axudámoste cun 20% de desconto na creación da túa tenda en liña, e mesmo podes obter o dominio gratis!
WooCommerce. É un complemento gratuíto que se engade a WordPress e que transforma o teu blog ou a web corporativa nunha tenda en liña. Dispón dunha ampla variedade de modelos con diferentes deseños e estruturas. Consulta neste vídeo como instalar o TPV virtual de ABANCA en WooCommerce. Prestashop, Magento, Shopify…
Preocúpame a seguridade nas compras en liña, é seguro o TPV virtual?
Esta pasarela de pagamentos cumpre os estándares de Comercio Electrónico Seguro e 3D Secure, baseados na autenticación de dobre factor do titular da tarxeta, e conta con filtros para o control da fraude.
Ademais, terás acceso a un panel para xestionar todas as operacións e poderás consultar o estado dos cobramentos, procesar devolucións, consultar informes e moito máis.
Máis sobre Cobro Fácil
Quero que os meus clientes poidan pagar con tarxeta, pero non teño páxina web, hai opción de facelo?
En ABANCA poñemos ao teu dispor a funcionalidade Cobro Fácil, que che permite xerar unha ligazón ou un código QR de pagamento que lles podes enviar aos clientes a través do correo electrónico, WhatsApp, mensaxe directa etc., ben introducindo a súa tarxeta de débito ou crédito ou a través de Bizum, sen necesidade de ter unha web de comercio en liña e unha pasarela de pagamentos.
É todo a través dunha web? Non teño que descargar nada?
Unha das grandes vantaxes desta modalidade en liña é que non require ningún desenvolvemento informático porque todo se realiza a través de Internet. O funcionamento é moi sinxelo, explicámoscho!
- O teu cliente indícache que produtos quere mercar no teu negocio.
- Desde a consola de administración do Cobramento Fácil xeras un pagamento polo importe e o concepto que elixas.
- O sistema devolverache unha ligazón que terás que lle enviar ao cliente para que finalice o pagamento. Poderasllo facer chegar por correo electrónico, aplicacións de mensaxaría instantánea ou o medio que máis cómodo che resulte.
- O teu cliente deberá acceder á pasarela de pagamento seguro, introducir os datos da súa tarxeta, confirmar a operación, e listo!
- Recibirás o importe da compra de forma inmediata na túa conta.
Como envío a ligazón de Cobro Fácil?
Unha vez que xeres a solicitude de pagamento a través da plataforma Cobramento Fácil, só terás que premer no botón de 'Compartir' e seleccionar a opción de envío que prefiras:
- Envía a ligazón por correo electrónico, SMS, Telegram, WhatsApp
- Copia a ligazón directamente para compartila por calquera outra canle
- Ou failla chegar como un código QR
Que medios de pagamento lles podo ofrecer aos meus clientes?
A plataforma Cobramento Fácil acepta os métodos de pagamento máis habituais: pagamento con tarxeta, Bizum e os principais ewallets (Google Pay, Apple Pay…).
Para saber máis...
dúbidas
-
¡Ao intentar operar co meu TPV aparéceme un erro!
Ao realizar unha operación pódense producir diversos erros que quedarán reflectidos no listado de operacións. No capítulo “Tratamento de erros” da documentación técnica que che entregamos ao contratar o teu TPV Virtual, aparece un listado cos códigos de erro máis frecuentes.
-
¿Existen tarxetas para probar no entorno de produción?
Existen tarxetas de proba para o entorno de desenvolvemento, podes atopalas na documentación técnica que che entregamos ao contratar o teu TPV Virtual. Para o entorno de produción son necesarias tarxetas de verdade e que soporten autenticación se o comercio é seguro.
-
Teño un pedido pendente na miña tenda pero non localizo o intento de pago no meu TPV virtual
Cando un cliente pecha a ventá e non continúa co proceso de pago o teu TPV virtual non rexistra a operación como correcta e tampouco cun código de erro.
-
¿Podo enviarvos un correo electrónico coas miñas dúbidas sobre o TPV Virtual?
Claro! Para calquera consulta que teñas relacionada coas TPVs Virtuais podes poñerte en contacto con nós a través de epasarela@abanca.com, un correo específico para ti, usuario da TPV Virtual, onde estaremos encantados de atenderte e resolver todas as túas dúbidas.
-
En pagos directos ou pagos por email o meu TPV dáme un erro de comunicación online, que fago?
Cando xeramos unha operación manual poida que o número de operación que esteamos a poñer non estea rexistrado na base de datos de pedidos do comercio. Neste caso, debes configurar a opción de 'Comunicación online' en 'NON' á hora de encher os datos da operación na consola.
-
Teño un problema co meu TPV, como contacto co soporte técnico?
Se tes unha incidencia co teu TPV, podes poñerte en contacto co noso soporte técnico especializado en TPV no teléfono 981 17 96 11, dispoñible os 7 días da semana, 24 horas ao día.
-
Como instalar o TPV Virtual de ABANCA no teu comercio electrónico?
Neste vídeo explicámosche como integrar o TPV Virtual ABANCA na túa tenda
en liña utilizando WordPress e WooCommerce.