Préstamo Auto 24h
Seguro que aínda tardarás uns días en elixir o modelo de coche, a cor, os extras… Pero pola resposta á túa solicitude de financiamento non terás que esperar máis de 24 horas.
Non perdas un segundo facendo todos os trámites 100% online.
- Chamámoste? #llamada-gratis
- Contrátao agora https://solicitudonline.abanca.com/Multicredito/gl/contrat_prestamo_auto/J
Financia o teu coche. Bota contas
-
En que condicións?
Podes pedir entre 6000 € e 60.000 € de financiación para o coche dos teus soños.
-
Canto tarda?
Comprometémonos a responder á túa solicitude en menos de 24 horas.
-
Só online!
Estas condicións son válidas só se o contratas a través desta web.
-
Que é o mellor?
Terás entre un e oito anos para devolvelo.
Financia o teu coche, respondemos en 24 horas
O Préstamo Auto 24h é o xeito máis sinxelo e rápido de conseguir financiamento para o teu novo coche ou a túa moto nunhas condicións moi vantaxosas. Non importa se o vehículo que queres é novo ou usado, podes solicitarnos desde 6000 € até 60.000 € para financiar a súa adquisición.
O Préstamo Auto 24h dáche todas as facilidades para pagar a túa préstamo online. Podes simular a operación a diferentes prazos, cun máximo de oito anos, e ver a cota que mellor se adapta ás túas necesidades. Así de sinxelo!
Consigue ahora o teu empréstito persoal bonificable, que che permite pedir de 6000 a 60.000€ cunha comisión de apertura de 1,50% (cun mínimo de 150 €) e sen ningún custo adicional de formalización da operación.
Reduce o tipo de xuro do teu préstamo coche
O tipo de xuro deste Préstamo Auto 24h, sen ningunha bonificación, é TXN 9,70%, TAE desde 11,08% (TAE máxima 19,77%). Mostrámosche como sería a túa cota e os xuros no exemplo que atoparás máis abaixo.
Pero podes rebaixar até un 3% esta tarifa até un TXN 6,70%, TAE desde 11,38% (TAE máxima 26,63%) se contratas algúns produtos ou servizos de ABANCA que bonifican o tipo de xuro. Non é obligatorio que os contrates, pero poden facer que pagues menos polo teu préstamo:
-
Se tes a nómina domiciliada (600€ mínimo) ou os seguros sociais, o TXN do teu empréstito rebaixarase un 1,50%. E se non tes nómina, pero tes ingresos recorrentes de máis de 600€ todos os meses, podes beneficiarte destas mesmas condicións.
-
Se tes un seguro vida combinado ao empréstito polo 100% do principal solicitado e este ten un importe mínimo de 15.000 euros, os xuros rebaixaránseche un 0,75%.
-
E se tes contratados un seguro de fogar ou un de coche, ou un seguro de protección de pagamentos de prima única combinado ao préstamo polo 100% do solicitado, reducirás o TXN de teu empréstito outro 0,75% máis.
Ten en conta que para formalizar este préstamo deberás contratar unha tarjeta de crédito VISA Tú, se non dispós doutra tarxeta de crédito ABANCA, que poderás dar de baixa canda queiras.
Exemplos para financiar un coche
Os bancos debemos darche un exemplo coa tarifa máis cara e máis barata cando che falamos dun préstamo, para que así poidas comparar as diferentes ofertas de forma transparente.
Para calcular os exemplos do Préstamo Auto 24h sen bonificación, supuxemos que todos os meses teñen o mesmo número de días, que a data de formalización é o 1 de xaneiro (empezarías a pagar en febreiro), unha comisión de apertura do 1,5% do importe solicitado (cun mínimo de 150€) e que manterás para toda a vida do préstamo: unha conta asociada ao préstamo cunha comisión trimestral de mantemento de 31€, que se cobra en marzo, xuño, setembro e decembro (asígnase a abril, xullo, outubro e xaneiro a efectos de cálculo); e unha tarxeta de crédito VISA Tú que debes contratar co teu préstamo persoal, se non dispós doutra tarxeta de crédito ABANCA, cunha comisión de emisión e mantemento de 43€ ao ano, que será gratuíta o primeiro ano.
En cambio, para calcular os exemplos do Préstamo Auto 24h con bonificación, tivemos en conta os supostos mencionados no caso anterior e, a maiores, que tes a túa nómina domiciliada connosco por un valor mínimo de 600€, un seguro de vida e un seguro de protección de pagos vinculados ao préstamo de prima única, cuxo custo che mostramos a continuación. O custo destes seguros foi calculado para unha persoa de 30 anos.
Importe | Prazo | TXN | TAE | Cota mensual | Última cota | Importe total debido | Custo total do financiamento | ||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Préstamo para o teu coche sen bonificación | |||||||||
Importe6000 € | Prazo1 ano (12 cotas) | TXN9,70% | TAE19,77% | Cota mensual 526,66€ | Última cota526,64€ | Importe total debido6.593,90€ | Custo total do financiamento593,90€ (1) | ||
Importe12.000 € | Prazo4 anos (48 cotas) | TXN9,70% | TAE13,49% | Cota mensual 302,63€ | Última cota302,32€ | Importe total debido15.330,93€ | Custo total do financiamento3.330,93€ (2) | ||
Importe60.000 € | Prazo8 anos (96 cotas) | TXN9,70% | TAE11,08% | Cota mensual 900,95€ | Última cota901,37€ | Importe total debido88.684,62€ | Custo total do financiamento28.684,62€ (3) | ||
Préstamo para o teu coche con bonificación | |||||||||
Importe6000 € | Prazo1 ano (12 cotas) | TXN6,70% | TAE26,63% | Cota mensual 518,33€ | Última cota518,34€ | Importe total debido6.751,25€ | Custo total do financiamento751,25€ (4) | ||
Importe12.000 € | Prazo4 anos (48 cotas) | TXN6,70% | TAE17,85% | Cota mensual 285,69€ | Última cota285,56€ | Importe total debido15.906,05€ | Custo total do financiamento3.906,05€ (5) | ||
Importe60.000 € | Prazo8 anos (96 cotas) | TXN6,70% | TAE11,38% | Cota mensual 809,09€ | Última cota809,62€ | Importe total debido86.307,26€ | Custo total do financiamento26.307,26€ (6) | ||
A TAE deste préstamo está calculada baixo o suposto de formalización da operación ao primeiro día do mes, e poderá variar desde o 11,08% ata o 26,63% en función do importe, o prazo, o tipo de xuro e a data de formalización. O sistema de amortización é o EPC (francés ou cota constante).
Que gastos e comisións inclúe este préstamo?
(1) Nestes 593,90€ inclúense todos os gastos incorridos: 319,90€ en concepto de xuros; 150€ de comisión de apertura, e 31€ ao trimestre de comisión de mantemento da conta asociada.
(2) Nestes 3.330,93€ inclúense todos os gastos incorridos: 2.525,93€ en concepto de xuros; 180€ de comisión de apertura; 31€ ao trimestre de comisión de mantemento da conta asociada, e 43€ anuais de comisión de mantemento da tarxeta de crédito Visa Tú.
(3) Nestes 28.684,62€ inclúense todos os gastos incorridos: 26.491,62€ en concepto de xuros; 900€ de comisión de apertura; 31€ ao trimestre de comisión de mantemento da conta asociada, e 43€ anuais de comisión de mantemento da tarxeta de crédito Visa Tú.
(4) Nestes 751,25€ inclúense todos os gastos incorridos: 219,97€ en concepto de xuros; 150€ de comisión de apertura; 31€ ao trimestre de comisión de mantemento da conta asociada; 54,79€ de prima do seguro de vida, e 202,49€ de prima do seguro de protección de pagos.
(5) Nestes 3.906,05€ inclúense todos os gastos incorridos: 1.712,99€ en concepto de xuros; 180€ de comisión de apertura; 31€ ao trimestre de comisión de mantemento da conta asociada; 43€ anuais de comisión de mantemento da tarxeta de crédito Visa Tú, 630€ de prima do seguro de vida, e 758,06€ de prima do seguro de protección de pagos.
(6) Nestes 26.307,26€ inclúense todos os gastos incorridos: 17.673,17€ en concepto de xuros; 900€ de comisión de apertura; 31€ ao trimestre de comisión de mantemento da conta asociada; 43€ anuais de comisión de mantemento da tarxeta de crédito Visa Tú; 1853,08€ de prima do seguro de vida, e 4588,01€ de prima do seguro de protección de pagos.
A túa resposta, en 24h
Hai ocasións en que non podes agardar. Por iso creamos este Préstamo 24h como un préstamo de tramitación rápida: dende que entras pola porta da nosa oficina coa documentación e asinas o a solicitude de financiamento ata que che confirmamos que é viable só van pasar 24h: nin un minuto máis.
Estamos seguros de que cumpriremos o prazo. Pero se non fose así, compensariamoste.
Que che fai falla? Pasos e condicións
Para solicitares un préstamo para o coche debes cubrir o noso formulario online. Pouco despois de enviar este formulario, porémonos en contacto contigo para dicirche se a operación é viable ou non. Se o é, pedirémosche unha pouca documentación, e cando comprobemos que todo está correcto, terás que asinar o empréstito, algo que podes facer tanto online como na oficina.
Ademais, recorda que polas características deste produto, só poderás contratalo e ter a bonificación no tipo de xuro ata que ti ou calquera titular interveniente cumprades 59 anos. Neste caso, consulta outras opcións na túa oficina.
Xunto co teu préstamo disporás tamén dunha tarxeta de crédito VISA Tú, que che permitirá mercar ou retirar diñeiro en efectivo en calquera parte do mundo. E se en calquera momento consideras que non a necesitas, poderás dala de baixa cando queiras e sen custo ningún.
E lembra tamén que estas condicións son válidas só se tramitas o teu empréstito a través desta web.
Información legal sobre os nosos seguros
Información sobre o seguro de vida e o seguro de protección de pagos.
Mediador: ABANCA MEDIACIÓN, OPERADOR DE BANCA SEGUROS VINCULADO S.L., operador de banca-seguros vinculado, con domicilio social en Avenida da Mariña 1, 4ª planta da Coruña, e provista de CIF B-70049630, inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña, ao Tomo 3092, folio 73, folla C-38698 e no Rexistro Administrativo Especial de Mediadores de Seguros da Dirección Xeral de Seguros e Fondos de Pensións co nº OV-0044. Con Seguro de Responsabilidade Civil, Capacidade Financeira esixidos pola normativa de distribución de seguros vixente. Podes consultar as aseguradoras coas que traballamos. Ademais, atoparás máis información sobre condicións e tarifas nas oficinas de ABANCA.
Para saber máis...
dúbidas
-
Que documentación teño que achegar para que me concedades un empréstito persoal?
Para que estudemos o teu empréstito tes que traernos uns documentos básicos: esforzámonos para que sexan os menos posibles.
Se optas pola modalidade de empréstito persoal do Préstamo 24h ou polo Préstamo Auto 24h, e xa es cliente noso e tes a túa nómina domiciliada en ABANCA, só nos tes que traer:
- a túa última nómina
- o teu último resumo anual de IVE, se es autónomo e non tes nómina
- a túa última declaración da renda (IRPF)
- os últimos tres recibos dos empréstitos que teñas concedidos noutras entidades.
Se aínda non es cliente de ABANCA, ou se o es, pero non tes unha nómina domiciliada, imos necesitar tamén a túa nómina e as túas declaracións tributarias, os recibos dos empréstitos noutras entidades e ademais:
- o teu documento de identidade, sexa DNI, NIE ou pasaporte
- un extracto bancario do último trimestre de todas as contas que teñas abertas noutras entidades.
DOCUMENTACIÓN
- Modelo de contrato para o Préstamo 24h (En pdf)
- Os nosos compromisos están recollidos na carta de servizo ABANCA para o Préstamo 24h (En pdf)
- Tamén podes consultar os detalles do grado de cumprimento do noso compromiso (En pdf)
- Queres saber máis este Préstamo Auto 24h? Aquí tes toda a información baixo os estándares da Unión Europea (INE) (En pdf)
- Máis preguntas e respostas reais sobre o Préstamo Auto 24h
- Resolución alternativa de litixios online en materia de consumo da Unión Europea
NO BLOG