Préstamo Coche Ecolóxico
Preocupámonos polo medio ambiente e premiamos que ti tamén o fagas. Se elixes un vehículo ecolóxico, aproveita as nosas condicións especiais.
- Contrátao agora https://solicitudonline.abanca.com/Multicredito/gl/contrat_prestamo_auto_ECOte/J
- Chamámoste? #llamada-gratis
Financia o teu coche. Bota contas
-
En que condicións?
Podes pedir entre 6000 € e 60.000 € de financiación para o coche dos teus soños.
-
E para min?
Se vas comprar un vehículo eléctrico ou híbrido enchufable, este préstamo é para ti.
-
Canto tarda?
Comprometémonos a responder a túa solicitude en menos de 24 horas.
-
Que é o mellor?
Non terás que pagar comisión de apertura.
Financia o teu coche ecolóxico, respondemos en 24 horas
Se ademais de estar a buscar un coche novo, estás concienciado con preservar o medio ambiente, temos algo para ti. O Préstamo Coche Ecolóxico 24h é unha forma fácil e rápida de conseguir financiamento para o teu novo vehículo ecológico nunhas condicións moi interesantes.
As condicións vantaxosas deste produto son a nosa forma de premiar ás persoas coma ti que apostan por un coche máis sostible en favor do medio ambiente e do futuro do noso planeta.
Consigue ahora o teu empréstito persoal bonificable, que che permite pedir de 6000 a 60.000€ e sen ningún custo adicional de formalización da operación.
Que consideramos vehículo ecolóxico?
Para gozar desta tarifa, o vehículo que vaias adquirir deberá…
- Ser eléctrico, híbrido enchufable, con pila autorrecargable…
- Ter un nivel de emisións inferior a 50 g CO2/km.
- Ser de categoría M1: vehículos para o transporte de persoas que contan con nove prazas, incluída a do condutor, conforme se define no artigo 4, apartado 1, letra a), inciso i) do Regulamento (UE) 2018/858.
Poderás consultar a categoría do vehículo na casa J da ficha técnica do mesmo.
Reduce o tipo de xuro do teu préstamo coche ecolóxico
O tipo de xuro deste Préstamo Coche Ecolóxico 24h, sen ningunha bonificación, é TXN 9,70%, TAE desde 10,60% (TAE máxima 14,18%). Mostrámosche como sería a túa cota e os xuros no exemplo que atoparás máis abaixo.
Pero podes rebaixar até un 3% esta tarifa até un TXN 6,70%, TAE desde 10,84% (TAE máxima 20,42%) se contratas algúns produtos ou servizos de ABANCA que bonifican o tipo de xuro. Non é obligatorio que os contrates, pero poden facer que pagues menos polo teu préstamo:
-
Se tes a nómina domiciliada (600€ mínimo) ou os seguros sociais, o TXN do teu empréstito rebaixarase un 1,50%. E se non tes nómina, pero tes ingresos recorrentes de máis de 600 € todos os meses, podes beneficiarte destas mesmas condicións.
-
Se tes un seguro vida asociado ao empréstito polo 100% do principal solicitado e este ten un importe mínimo de 15.000 euros, os xuros rebaixaránseche un 0,75%.
-
E se tes contratados un seguro de fogar ou un de coche, ou un seguro de protección de pagamentos de prima única asociado ao préstamo polo 100% do solicitado, reducirás o TXN de teu empréstito outro 0,75% máis.
Ten en conta que para formalizar este préstamo deberás contratar unha tarjeta de crédito VISA Tú, se non dispós doutra tarxeta de crédito ABANCA, que poderás dar de baixa canda queiras.
Exemplos para financiar un coche ecolóxico
Os bancos debemos darche un exemplo coa tarifa máis cara e máis barata cando che falamos dun préstamo, para que así poidas comparar as diferentes ofertas de forma transparente.
Para calcular os exemplos do Préstamo Coche Ecolóxico 24h sen bonificación, supuxemos que todos os meses teñen o mesmo número de días, que a data de formalización é o 1 de xaneiro (empezarías a pagar en febreiro) e que manterás para toda a vida do préstamo: unha conta asociada ao préstamo cunha comisión trimestral de mantemento de 31€, que se cobra en marzo, xuño, setembro e decembro (asígnase a abril, xullo, outubro e xaneiro a efectos de cálculo); e unha tarxeta de crédito VISA Tú que debes contratar co teu préstamo persoal, se non dispós doutra tarxeta de crédito ABANCA, cunha comisión de emisión e mantemento de 43 euros ao ano, que será gratuíta o primeiro ano.
En cambio, para calcular os exemplos do Coche Ecolóxico 24h con bonificación, tivemos en conta os supostos mencionados no caso anterior e, a maiores, que tes a túa nómina domiciliada connosco por un valor mínimo de 600€, un seguro de vida e un seguro de protección de pagos vinculados ao préstamo de prima única, cuxo custo che mostramos a continuación. O custo destes seguros foi calculado para unha persoa de 30 anos.
Importe | Prazo | TXN | TAE | Cota mensual | Última cota | Importe total debido | Custo total do financiamento | ||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Préstamo para o teu coche sen bonificación | |||||||||
Importe6000 € | Prazo1 ano (12 cotas) | TXN9,70% | TAE14,18% | Cota mensual 526,66€ | Última cota526,64€ | Importe total debido6.443,90€ | Custo total do financiamento443,90€ (1) | ||
Importe12.000 € | Prazo4 anos (48 cotas) | TXN9,70% | TAE12,59% | Cota mensual 302,63€ | Última cota302,32€ | Importe total debido15.150,93€ | Custo total do financiamento3.150,93€ (2) | ||
Importe60.000 € | Prazo8 anos (96 cotas) | TXN9,70% | TAE10,60% | Cota mensual 900,95€ | Última cota901,37€ | Importe total debido87.784,62€ | Custo total do financiamento27.784,62€ (3) | ||
Préstamo para o teu coche con bonificación | |||||||||
Importe6000 € | Prazo1 ano (12 cotas) | TXN6,70% | TAE20,42% | Cota mensual 518,33€ | Última cota518,34€ | Importe total debido6.601,25€ | Custo total do financiamento601,25€ (4) | ||
Importe12.000 € | Prazo4 anos (48 cotas) | TXN6,70% | TAE16,75% | Cota mensual 285,69€ | Última cota285,56€ | Importe total debido15.726,05€ | Custo total do financiamento3.726,05€ (5) | ||
Importe60.000 € | Prazo8 anos (96 cotas) | TXN6,70% | TAE10,84% | Cota mensual 809,09€ | Última cota809,62€ | Importe total debido85.407,26€ | Custo total do financiamento25.407,26€ (6) | ||
A TAE deste préstamo está calculada baixo o suposto de formalización da operación ao primeiro día do mes, e poderá variar desde o 10,60% ata o 20,42% en función do importe, o prazo, o tipo de xuro e a data de formalización. O sistema de amortización é o EPC (francés ou cota constante).
Que gastos e comisións inclúe este préstamo?
(1) Nestes 443,90€ inclúense todos os gastos incorridos: 319,90€ en concepto de xuros, e 31€ ao trimestre de comisión de mantemento da conta asociada.
(2) Nestes 3.150,93€ inclúense todos os gastos incorridos: 2.525,93€ en concepto de xuros; 31€ ao trimestre de comisión de mantemento da conta asociada, e 43€ anuais de comisión de mantemento da tarxeta de crédito Visa Tú.
(3) Nestes 27.784,62€ inclúense todos os gastos incorridos: 26.491,62€ en concepto de xuros; 31€ ao trimestre de comisión de mantemento da conta asociada, e 43€ anuais de comisión de mantemento da tarxeta de crédito Visa Tú.
(4) Nestes 601,25€ inclúense todos os gastos incorridos: 219,97€ en concepto de xuros; 31€ ao trimestre de comisión de mantemento da conta asociada; 54,79€ de prima do seguro de vida, e 202,49€ de prima do seguro de protección de pagos.
(5) Nestes 3.726,05€ inclúense todos os gastos incorridos: 1.712,99€ en concepto de xuros; 31€ ao trimestre de comisión de mantemento da conta asociada; 43€ anuais de comisión de mantemento da tarxeta de crédito Visa Tú, 630€ de prima do seguro de vida, e 758,06€ de prima do seguro de protección de pagos.
(6) Nestes 25.407,26€ inclúense todos os gastos incorridos: 17.673,17€ en concepto de xuros; 31€ ao trimestre de comisión de mantemento da conta asociada; 43€ anuais de comisión de mantemento da tarxeta de crédito Visa Tú; 1853,08€ de prima do seguro de vida, e 4588,01€ de prima do seguro de protección de pagos.
A túa resposta, en 24h
Hai ocasións en que non podes agardar. Por iso creamos este Préstamo Coche Ecolóxico 24h como un préstamo de tramitación rápida: dende que entras pola porta da nosa oficina coa documentación e asinas o a solicitude de financiamento ata que che confirmamos que é viable só van pasar 24h: nin un minuto máis.
Estamos seguros de que cumpriremos o prazo. Pero se non fose así, compensariamoste.
Que che fai falla? Pasos e condicións
Para solicitares un préstamo para un coche ecolóxico debes cubrir o noso formulario online. Pouco despois de enviar este formulario, porémonos en contacto contigo para dicirche se a operación é viable ou non. Se o é, pedirémosche unha pouca documentación, como o permiso de circulación e a ficha técnica do vehículo, e cando comprobemos que todo está correcto, terás que asinar o empréstito, algo que podes facer tanto online como na oficina.
Ademais, recorda que polas características deste produto, só poderás contratalo e ter a bonificación no tipo de xuro ata que ti ou calquera titular interveniente cumprades 59 anos. Neste caso, consulta outras opcións na túa oficina.
Xunto co teu préstamo disporás tamén dunha tarxeta de crédito VISA Tú, que che permitirá mercar ou retirar diñeiro en efectivo en calquera parte do mundo. E se en calquera momento consideras que non a necesitas, poderás dala de baixa cando queiras e sen custo ningún.
E lembra tamén que estas condicións son válidas só se tramitas o teu empréstito a través desta web.
Información legal sobre os nosos seguros
Información sobre o seguro de vida e o seguro de protección de pagos.
Mediador: ABANCA MEDIACIÓN, OPERADOR DE BANCA SEGUROS VINCULADO S.L., operador de banca-seguros vinculado, con domicilio social en Avenida da Mariña 1, 4ª planta da Coruña, e provista de CIF B-70049630, inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña, ao Tomo 3092, folio 73, folla C-38698 e no Rexistro Administrativo Especial de Mediadores de Seguros da Dirección Xeral de Seguros e Fondos de Pensións co nº OV-0044. Con Seguro de Responsabilidade Civil, Capacidade Financeira esixidos pola normativa de distribución de seguros vixente. Podes consultar as aseguradoras coas que traballamos. Ademais, atoparás máis información sobre condicións e tarifas nas oficinas de ABANCA.
Para saber máis...
dúbidas
DOCUMENTACIÓN
- Modelo de contrato para o Préstamo 24h (En pdf)
- Os nosos compromisos están recollidos na carta de servizo ABANCA para o Préstamo 24h (En pdf)
- Tamén podes consultar os detalles do grado de cumprimento do noso compromiso (En pdf)
- Queres saber máis sobre este Préstamo 24h? Aquí tes toda a información baixo os estándares da Unión Europea (INE) (En pdf)
- Máis preguntas e respostas reais sobre o Préstamo Auto 24h
- Resolución alternativa de litixios online en materia de consumo da Unión Europea
NO BLOG