Préstamo Reforma 24h
Se che gustaría renovar os baños, acondicionar o salón da túa casa ou actualizar os electrodomésticos da cociña, nós axudámoste.
- Chamámoste? #llamada-gratis
- Contrátao agora https://solicitudonline.abanca.com/Multicredito/gl/contrat_prestamo_reforma/J
Bota contas. Calcula o teu préstamo online
-
En que condicións?
Podes pedir entre 6000 € e 60.000 € de financiamento para reformar o teu fogar.
-
Canto tarda?
Comprometémonos a responder á túa solicitude en menos de 24 horas.
-
Só online!
Estas condicións son válidas só se o contratas a través desta web. Facelo é moi doado!
-
En que prazo?
Terás entre un e oito anos para devolvelo.
Se necesitas unha resposta rápida a unha necesidade de financiamento, respondémosche en 24 horas. É o noso compromiso, certificado e por escrito. Solicita desde 6000 € até 60.000€ a través dun préstamo persoal bonificable, cunha comisión de apertura do 1,50%, cun mínimo de 150€, e sen ningún outro coste de formalización da operación.
O tipo de xuro deste Préstamo Reforma 24h, sen ningunha bonificación, é TXN 10,40%, TAE desde 11,85% (TAE máxima 20,59%) Mostrámosche como sería a túa cota e os xuros no exemplo que atoparás máis abaixo.
Pero podes rebaixar até un 3% esta tarifa ata un TXN 7,40%, TAE desde 12,19% (TAE máxima 27,52%) se contratas algúns produtos ou servizos de ABANCA que bonifican o tipo de xuro. Non é obligatorio que os contrates, pero poden facer que pagues menos polo teu préstamo:
-
Se domicilias a nómina ou os seguros sociais por valor de 600€ ou máis, os xuros do teu empréstito rebaixaranse nun 1,50%. Se non tes nómina, pero todos os meses tes ingresos recorrentes de máis de 600€, aplicaránseche as mesmas condicións que se tiveses nómina.
-
Se contratas un seguro de vida vencellado ao préstamo polo 100% do saldo que che vaia quedando pendente no préstamo, e este é por un importe mínimo de 15.000 euros, ademais de asegurar o pagamento, os teus xuros minguan un 0,75%.
-
E se o que contratas é un seguro de protección de pagamentos de prima única vencellado ao préstamo polo 100% do saldo pendente, ou un seguro para o fogar ou para o coche, tamén reducirás os xuros outro 0,75%.
Ten en conta que para formalizar este préstamo deberás contratar unha tarjeta de crédito VISA Tú, se non dispós doutra tarxeta de crédito ABANCA, que poderás dar de baixa canda queiras.
Exemplo para pedir un préstamo persoal
Os bancos debemos darche un exemplo coa tarifa máis cara e máis barata cando che falamos dun préstamo, para que así poidas comparar as diferentes ofertas de forma transparente.
Para calcular os exemplos do Préstamo Reforma 24h sen bonificación, supuxemos que a data de formalización é o 1 de xaneiro (empezarías a pagar en febreiro), unha comisión de apertura do 1,5% do importe solicitado (cun mínimo de 150€) e que manterás para toda a vida do préstamo: unha conta asociada ao préstamo cunha comisión trimestral de mantemento de 31€, que se cobra en marzo, xuño, setembro e decembro (asígnase a abril, xullo, outubro e xaneiro a efectos de cálculo); e unha tarxeta de crédito VISA Tú que debes contratar co teu préstamo persoal, se non dispós doutra tarxeta de crédito ABANCA, cunha comisión de emisión e mantemento de 43€ ao ano, que será gratuíta o primeiro ano.
En cambio, para calcular os exemplos do Préstamo Reforma 24h con bonificación, tivemos en conta os supostos mencionados no caso anterior e, a maiores, que tes a túa nómina domiciliada connosco por un valor mínimo de 600€, un seguro de vida e un seguro de protección de pagos vinculados ao préstamo de prima única, cuxo custo che mostramos a continuación. O custo destes seguros foi calculado para unha persoa de 30 anos.
Importe | Prazo | TIN | TXN | Cota mensual | Última cota | Importe total debido | Custo total do financiamento | ||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Préstamo personal sen bonificación | |||||||||
Importe6000 € | Prazo1 ano (12 cotas) | TXN10,40% | TAE20,59% | Cota mensual 528,61€ | Última cota528,64€ | Importe total debido6.617,35€ | Custo total do financiamento617,35€ (1) | ||
Importe12.000 € | Prazo4 anos (48 cotas) | TXN10,40% | TAE14,27% | Cota mensual 306,66€ | Última cota306,72€ | Importe total debido15.524,74€ | Custo total do financiamento3.524,74€ (2) | ||
Importe60.000 € | Prazo8 anos (96 cotas) | TXN10,40% | TAE11,85% | Cota mensual 923,20€ | Última cota922,92€ | Importe total adeudado90.819,92€ | Custo total do financiamento30.819,92€ (3) | ||
Préstamo persoal con bonificación | |||||||||
Importe6000 € | Plazo1 ano (12 cotas) | TXN7,40% | TAE27,52% | Cota mensual 520,27€ | Última cota520,24€ | Importe total debido6.774,49€ | Custo total do financiamento774,49€ (4) | ||
Importe12.000 € | Prazo4 anos (48 cotas) | TXN7,40% | TAE18,69% | Cota mensual 289,59€ | Última cota289,42€ | Importe total debido16.093,21€ | Custo total do financiamento4.093,21€ (5) | ||
Importe60.000 € | Prazo8 anos (96 cotas) | TIN7,40% | TAE12,19% | Cota mensual 830,02€ | Última cota829,77€ | Importe total debido88.315,76€ | Custo total do financiamento28.315,76€ (6) | ||
A TAE deste préstamo está calculada baixo o suposto de formalización da operación o primeiro primer día de mes, e poderá variar desde o 11,85% ata o 27,52% en función do importe, o prazo, o tipo de xuro e a data de formalización. O sistema de amortización é o EPC (francés ou cota constante).
Que gastos e comisións inclúe este préstamo?
(1) Nestes 617,35€ inclúense todos os gastos incorridos: 343,35€ en concepto de xuros; 150€ de comisión de apertura, e 31€ ao trimestre de comisión de mantemento da conta asociada.
(2) Nestes 3.524,74€ inclúense todos os gastos incorridos:2.719,74€ en concepto de xuros; 180€ de comisión de apertura; 31€ ao trimestre de comisión de mantemento da conta asociada; e 43€ anuais de comisión de mantemento da tarxeta de crédito Visa Tú.
(3) Nestes 30.819,92€ inclúense todos os gastos incorridos:28.626,92€ en concepto de xuros; 900€ de comisión de apertura; 31€ ao trimestre de comisión de mantemento da conta asociada; e 43€ anuais de comisión de mantemento da tarxeta de crédito Visa Tú.
(4) Nestes 774,49€ inclúense todos os gastos incorridos: 243,21€ en concepto de xuros; 150€ de comisión de apertura; 31€ ao trimestre de comisión de mantemento da conta asociada; 54,79€ de prima do seguro de vida, e 202,49€ de prima do seguro de protección de pagos.
(5) Nestes 4.093,21€ inclúense todos os gastos incorridos: 1.900,15€ en concepto de xuros; 180€ de comisión de apertura; 31€ ao trimestre de comisión de mantemento da conta asociada; e 43€ anuais de comisión de mantemento da tarxeta de crédito Visa Tú, 630€ de prima do seguro de vida, e 758,06€ de prima do seguro de protección de pagos.
(6) Nestes 28.315,76€ inclúense todos os gastos incorridos: 19.681,67€ en concepto de xuros; 900€ de comisión de apertura; 31€ ao trimestre de comisión de mantemento da conta asociada; e 43€ anuais de comisión de mantemento da tarxeta de crédito Visa Tú; 1853,08€ de prima do seguro de vida, e 4588,01€ de prima do seguro de protección de pagos.
O noso compromiso, certificado e por escrito
Hai ocasións nas que non podes agardar. Por iso creamos este Préstamo persoal 24h como un préstamo online de tramitación rápida: dende que nos entregas a documentación e asinas a solicitude de financiamento ata que che confirmamos de que é viable só van pasar 24h: nin un minuto máis.
Estamos seguros de que cumpriremos o plazo. Pero se non fose así, compensariamoste. E se non cumpres os requerimentos para o crédito, tamén te avisamos nun máximo de 24 horas!
Quixemos pór por escrito, ben claro, o noso compromiso nesta carta de servizo do Préstamo 24h, e tamén os detalles do seu grao de cumprimento. Sabias que fomos a primeira entidade financeira á que AENOR, a Asociación Española de Normalización e Certificación, certificou unha Carta de servizo? Podes atopar máis información na web de AENOR.
Devólveo ao teu ritmo
O Préstamo Reforma 24h dáche todas as facilidades para pagar a túa préstamo online. Podes simular a operación a diferentes prazos, cun máximo de oito anos, e ver a cota que mellor se adapta ás túas necesidades.
Poderás liquidalo entre un e oito anos (96 meses).
Que che fai falla? Pasos e condicións
Para pedires un préstamo persoal debes cubrir o noso formulario online. Pouco despois de enviar este formulario, porémonos en contacto contigo para dicirche se a operación é viable ou non. Se o é, pedirémosche unha pouca documentación, e cando comprobemos que todo está correcto, terás que asinar o empréstito, algo que podes facer tanto online como na oficina.
Ademais, recorda que polas características deste produto, só poderás contratalo e ter a bonificación no tipo de xuro ata que ti ou calquera titular interveniente cumprades 59 anos. Neste caso, consulta outras opcións na túa oficina
Xunto co teu préstamo disporás tamén dunha tarxeta de crédito VISA Tú, que che permitirá mercar ou retirar diñeiro en efectivo en calquera parte do mundo. E se en calquera momento consideras que non a necesitas, poderás dala de baixa cando queiras e sen custo ningún.
E lembra tamén que estas condicións son válidas só se tramitas o teu empréstito a través desta web.
Información legal sobre os nosos seguros
Información sobre o seguro de vida e o seguro de protección de pagos:
Mediador: ABANCA MEDIACIÓN, OPERADOR DE BANCA SEGUROS VINCULADO S.L., operador de banca-seguros vinculado, con domicilio social en Avenida da Mariña 1, 4ª planta da Coruña, e provista de CIF B-70049630, inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña, ao Tomo 3092, folio 73, folla C-38698 e no Rexistro Administrativo Especial de Mediadores de Seguros da Dirección Xeral de Seguros e Fondos de Pensións co nº OV-0044. Con Seguro de Responsabilidade Civil, Capacidade Financeira esixidos pola normativa de distribución de seguros vixente. Podes consultar as aseguradoras coas que traballamos. Ademais, atoparás máis información sobre condicións e tarifas nas oficinas de ABANCA.
Para saber máis...
dúbidas
-
Pero o Empréstito 24h online é un empréstito ou unha tarxeta de crédito?
Dependerá do importe que necesites:
- Se necesitas desde 500 € até 6.000 €, darémosche o importe nunha tarxeta de crédito.
- Se necesitas máis de 6.000 €, darémosche o importe nun empréstito persoal.
-
Que documentación teño que achegar para que me concedades un empréstito persoal?
Para que estudemos o teu empréstito tes que traernos uns documentos básicos: esforzámonos para que sexan os menos posibles.
Se optas pola modalidade de empréstito persoal do Préstamo 24h ou polo Préstamo Auto 24h, e xa es cliente noso e tes a túa nómina domiciliada en ABANCA, só nos tes que traer:
- a túa última nómina
- o teu último resumo anual de IVE, se es autónomo e non tes nómina
- a túa última declaración da renda (IRPF)
- os últimos tres recibos dos empréstitos que teñas concedidos noutras entidades.
Se aínda non es cliente de ABANCA, ou se o es, pero non tes unha nómina domiciliada, imos necesitar tamén a túa nómina e as túas declaracións tributarias, os recibos dos empréstitos noutras entidades e ademais:
- o teu documento de identidade, sexa DNI, NIE ou pasaporte
- un extracto bancario do último trimestre de todas as contas que teñas abertas noutras entidades.
DOCUMENTACIÓN
- Os nosos compromisos están recollidos na carta de servizo ABANCA para o Préstamo 24h (En pdf)
- Modelo de contrato para o Préstamo 24h (En pdf)
- Queres saber máis sobre este Préstamo 24h? Aquí tes toda a información baixo os estándares da Unión Europea (INE) (En pdf)
- Resolución alternativa de litixios online en materia de consumo da Unión Europea
NO BLOG