Pensando en mercar a primeira casa? Poñémoscho fácil
ABANCA uniuse ao programa de avais ICO para axudarche a cubrir o 100% do prezo da nova casa. Se es menor de 35 anos ou tes menores a cargo, podes beneficiarte de financiamento específico. Contámosche as condicións.
Sen gastos
Non lles terás que facer fronte aos gastos de notaría, rexistro nin xestoría.
Ata en 40 anos
Podes solicitar esta hipoteca a 40 anos.
Solicita ata o 100%
Poderás solicitar ata o 100% do menor dos seguintes valores: o de taxación da vivenda que se vai hipotecar ou o da compravenda.
Ampliamos o prazo ata 40 anos
Para que a cota da hipoteca non se che faga costa arriba, se cumpres as condicións esixidas no Convenio ICO para adquisición de Primeira Vivenda e ti ou algún dos titulares sodes menores de 35 anos, poderás ampliar o prazo da hipoteca ata os 40 anos.
Condicións para acceder aos avais ICO para a túa hipoteca
Se es menor de 35 anos ou se tes menores ao cargo, sen importar a idade, podes beneficiarte dos avais ICO para a compra da primeira casa.
- Aval durante 10 anos
- Cobre ata o 20% do financiamento
- Para vivendas con cualificación enerxética D ou maior, o aval cubrirá o 25%
Requisitos
- ser residente legal en España
- que sexa a primeira vivenda
- os teus ingresos non superan 4,5 veces o IPREM
- o teu patrimonio non supera os 100.000 €
- sen límite de idade
- ser residente legal en España
- que sexa a primeira vivenda
- os teus ingresos non superan 4,5 veces o IPREM, cun incremento do 0,3 por cada menor ao cargo
- se a túa familia é monoparental, o límite de ingresos aumenta un 70%
- o teu patrimonio non supera os 100.000 €
Condicións
- Que sexa a vivenda habitual, xa sexa nova ou de segunda man
- Que o prezo non supere o importe máximo establecido no convenio para cada comunidade autónoma
E máis axudas para financiar a túa primeira vivenda
Unímonos a diferentes programas para poñercho fácil. Descubre a nosa Hipoteca Xove e o programa A miña Primeira Vivenda.