Sen | |
---|---|
TXN | 3,55% |
TAE | 4,16% |
A 15 anos |
Máxima | |
---|---|
TXN | 2,55% |
TAE | 4,46% |
A 15 anos |
Sen comisións
Tipo de xuro
Ata 30 anos
Podes solicitar ata o 80%
Simulador de hipotecas para hipoteca fixa
Axudámosche a calcular a cota da túa hipoteca, 100% online. O simulador de hipotecas ABANCA dáche toda a información que necesitas para coñecer cal será a hipoteca da túa nova vivenda, de maneira personalizada e en tres sinxelas preguntas. Bota contas!

Mellora o TXN desta hipoteca fixa
Unha hipoteca adoita vincular a unha persoa co seu banco durante moitos anos, por iso nosa Hipoteca Mari Carmen ten diferentes prezos en función dos productos que contrates de forma combinada: se tes máis produtos de ABANCA, podemos ofrecerche un mellor prezo.
O tipo de xuro de partida desta hipoteca fixa, sen ningunha bonificación é o TXN 3,55 % ¦ TAE 4,16% a 15 anos. Tamen che mostramos como sería a túa cota e os xuros nos distintos prazos na táboa do exemplo representativo que atoparás máis abaixo.
Ingresa todos os meses unha cantidade de cartos na conta ou domicilia os teus seguros sociais. Dependendo da cantidade que ingreses obterás unha bonificación diferente:
- Se tes un ingreso recorrente (unha nómina, pensión ou unha achega única similar, periódica e estable) de 600 € ao mes ou máis, e ata 2500 € (nun único apunte), ou se domicilias os teus seguros sociais (sen importe mínimo), terás unha bonificación do - 0,20%.
- Se tes un ingreso único de 2500 € ao mes ou máis (ou 3500 € ou máis en diferentes ingresos), terás unha bonificación do - 0,40%. Tamén poderás manter esta bonificación se domicilias os teus seguros sociais e mantés un saldo medio anual igual ou superior a 2000 € nas túas contas. Ou tamén se, tes un ingreso recorrente superior a 600 € (nun único apunte) e contratas un seguro de protección de pagamento comercializado a través de ABANCA polo saldo do que che resta de préstamo. Este seguro ten unha prima única durante os 5 primeiros anos de 3.260,72€ e prima anual a partir do ano 6 de 720€.
Se non tes tarxeta de crédito, ou seguros, ou domiciliada a nómina con ABANCA, podes solicitar estes produtos dun modo rápido e sinxelo desde esta web ou desde a túa oficina máis próxima, e aproveitar todas as vantaxes asociadas. Lembra que revisaremos anualmente o cumprimento das condicións descritas na tarifa bonificada.
Debes ter en conta que no caso dos seguros de pagos protexidos ou de vida que te poden axudar a rebaixar o tipo de xuro da túa hipoteca, existen limitacións de idade. Podes encontrar os detalles e outra información de interese sobre os seguros na FIPRE ao final desta páxina. A contratación e condicións dos seguros, estará suxeita ao cumprimento dos requisitos de suscripción esixidos por cada compañía aseguradora.
Tamén podes revisar as Condicións Xerais do Contrato e na nosa sección de Axuda atoparás unha guía con consellos prácticos que che serán de gran utilidade no proceso de compra, así como algunhas preguntas que nos fixeron xa clientes coma ti. Non queremos que despois leves ningunha sorpresa e queremos que o teñas todo muy claro.
A tranquilidade da cota fixa e sen comisións
A hipoteca fixa Mari Carmen ofréceche a tranquilidade de ter unha cota fixa durante toda a vida da hipoteca, sen sobresaltos. Con ela pagarás a mesma cota desde o primeiro momento e ata o final. Sen preocupacións nin cambios inesperados, e coa tranquilidade de saber que contarás cun TXN fixo e unha cota fixa, sempre igual, e axustada especificamente ao prazo que elixas, xa sexa 15, 20, 25 ou 30 anos. Consulta na táboa de máis abaixo como serían as cotas nos prazos que ti elixas.
É a solución perfecta para os que queredes saber exactamente canto ides pagar pola vosa hipoteca, sen vos ter que preocupar do euríbor ou dos mercados, cun tipo de xuro moi competitivo con bonificación que se axusta a cada prazo. Consulta todos os detalles nos exemplos que che amosamos.
Ademais, esta hipoteca fixa non ten as seguintes comisións: de apertura, por modificación contractual e tampouco por reembolso. Do único que debes preocuparte é de elixir a túa nova casa e de seleccionares os prazos que che veñen mellor para pagala. E se queres rematar de pagar esta hipoteca antes do prazo pactado, podrás amortizala total ou parcialmente.
Tes toda a información sobre as condicións do producto na FIPRE e no modelo de Condicións Xerais da contratación do préstamo hipotecario, dous documentos que debes ler con detemento se ao final te decides a mercar casa e que podes atopar ao final desta páxina. Dispós de máis información na “Guía de acceso ao empréstito hipotecarioSerás redirixido a outro sitio web”, publicada polo Banco de España. E se o prefires, velaquí estamos!
Canto che correspondería pagar nunha hipoteca fixa? Mostrámoscho cun exemplo representativo
Aquí poderás ter unha idea do que che correspondería pagar cunha hipoteca a tipo fixo Mari Carmen e as diferencias entre contratar o préstamo de forma separada ou de contratalo de forma combinada xunto con outros produtos e/ou servizos. Pero recorda que estas tarifas só están dispoñibles ata o 30 de abril se pides cita a través desta web. Botamos as contas por ti das cotas que terías que pagar nos seguintes escenarios:
Periodo | Importe total | TXN | Cota (**) | Última Cota(**) | TAE(*) | Intereses | Comisiones y gastos | Coste total | Importe total adeudado | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Sen bonificación | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
A 15 años (180 cotas) | 150.000 € | 3,55% | 1.076,01 € | 1.076,13 € | 4,16% | 43.681,92 € | 6.906,38 € | 50.588,30 € | 200.588,30 € | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
A 20 años (240 cotas) | 150.000 € | 3,55% | 873,80 € | 873,28 € | 4,13% | 59.711,48 € | 9.096,38 € | 68.807,86 € | 218.807,86 € | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
A 25 años (300 cotas) | 150.000 € | 3,55% | 754,96 € | 756,71 € | 4,10% | 76.489,75 € | 11.286,38 € | 87.776,13 € | 237.776,13 € | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
A 30 años (360 cotas) | 150.000 € | 3,55% | 677,76 € | 678,22 € | 4,08% | 93.994,06 € | 13.476,38 € | 107.470,44 € | 257.470,44 € | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Con bonificación máxima | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
A 15 años (180 cotas) | 150.000 € | 2,55% | 1.003,72 € | 1.003,32 € | 4,46% | 30.669,20 € | 23229 € | 53.898,20 € | 203.898,20 € | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
A 20 años (240 cotas) | 150.000 € | 2,55% | 798,51 € | 799,49 € | 4,37% | 41.643,38 € | 30.987,30 € | 72.630,68 € | 222.630,68 € | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
A 25 años (300 cotas) | 150.000 € | 2,55% | 676,71 € | 675,96 € | 4,30% | 53.012,25 € | 38.745,60 € | 91.757,85 € | 241.757,85 € | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
A 30 años (360 cotas) | 150.000 € | 2,55% | 596,59 € | 595,72 € | 4,23% | 64.771,53 € | 46.503,90 € | 111.275,43 € | 261.275,43 € | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
(*)A TAE sen e con bonificación calculouse baixo as hipóteses de que: (i) o contrato de préstamo polo importe indicado estará vixente durante toda a duración pactada, (ii) que ABANCA e o Prestameiro cumprirán as súas obrigacións nas condicións e nos prazos acordados, polo que non se incluíron as comisións e gastos que o Prestatameiro poida evitar se cumpre coas súas obrigas contractuais, (iii) o importe, o tipo de xuro, as comisións e os gastos mantéñense durante toda a vixencia do contrato no nivel fixado no período inicial, (iv) non se produce ningún reembolso total nin parcial durante toda a duración do préstamo. Por tanto, esta TAE con e sen bonificiación, variará coas modificacións que se poidan producir no importe, o tipo de xuro, as comisións e os gastos. A TAE con bonificación, ademais tamén poderá variar por aplicación das bonificacións. (**) O sistema de amortización do presente préstamo hipotecario é o EPC (francés ou cota constante). A cota mensual ( C) calcúlase aplicando a seguinte fórmula: C= P*(i/(1-(1+ i)-n)). Onde “ P” é o importe pendente do préstamo; "i" o tipo de xuro mensual aplicable ao mes que será o resultante de dividir o xuro anual (TXN) entre 12 (o número de cotas ao ano) e "n" é o número de cotas pendentes do préstamo. A cota mensual está composta de amortización de capital (parte que se destina a devolver o diñeiro que se prestou) e xuros (parte coa que se remunera o capital pendente de devolver). Para calcular os xuros (I) que se pagarán na cota do mes utilizarase a seguinte fórmula: I = P * i. Onde "P" é o importe pendente do préstamo; e "i" é o tipo de xuro, que será o resultado de dividir o xuro anual (TXN) entre 12 (número de cuotas al año). O importe dos xuros redondéase ao segundo decimal. Para calcular o importe da parte que corresponde a amortización de capital A teremos que restar á cota total "C" o importe dos xuros "I"; sendo a fórmula: A = C - I. Podes consultar máis información en abanca.com/tuprestamo |
Queres saber como calculamos estes exemplos?
Calculamos estas TAE sen e con bonificación para unha hipoteca por importe, prazo, e tipo de xuro indicado para cada exemplo. Tendo en conta que terás que facer fronte aos seguintes compromisos e custes que sinalamos na táboa:
Para o suposto de bonificación máxima, o cálculo realizarase contando que manterás contratados con ABANCA durante toda a vida da hipoteca os productos indicados.
Compromisos, comisións e gastos incluídos na TAE | Sen bonificar | Máxima bonificación | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Comisión de mantemento da conta asociada (págase en xuño e decembro de cada ano) | 31€ trimestrais | 31€ trimestrais | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Taxación (inclúe IVE, 21%) | 318,23 € | 318,23 € | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nota simple (inclúe IVE, 21%) | 18,15€ | 18,15€ | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Seguro de danos (1) Seguro de fogar en máxima bonificación (2) | 314€ prima anual | 314€ prima anual | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Seguro de vida (3) | - | 350,66 € prima anual | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Seguro de Protección de Pagos (4) | - | 5 primeiros anos 3.260,72€ prima única A partir del ano 6 la prima anual será de 720€(4) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nómina domiciliada | - | Min 600€/mes en un apunte (5) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Tarxeta de crédito Visa Tú | - | 43€/ano (primer ano en balde)(6) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
(1). Como ABANCA non comercializa Seguros de Danos que solo cubran os riscos indicados pola normativa de mercado hipotecario, para calcular o coste de dito producto simulouse un seguro de fogar (que é o máis similar ao de danos pero incluíndo maiores coberturas). Dito importe ten carácter orientativo. De conformidade coa normativa reguladora do mercado hipotecario, para poder contratar este préstamo, requírese a suscripción durante toda a vida da hipoteca dun seguro de danos. No é obrigatorio que o contrates con ABANCA; poderás contratalo coa compañía aseguradora da túa elección; pero só poderás optar á bonificación do 0,20% do tipo de xuro se o contratas a través de ABANCA e o asocias á hipoteca. (2) Seguro de fogar do inmoble hipotecado cuns capitais de 150.000 € de continente e 12.000 € de contido, cunha prima anual de 350,66€ (3) A redución do tipo de xuro por domiciliación de nómina, aplicará tamén a calquera ingreso recorrente, a condición de que se respecten os importes mínimos esixidos. (4) Contratación dun seguro de protección de pagos asociado á hipoteca que cubra o 100% do saldo pendente (idade máxima de contratación 64 anos e 6 meses e idade máxima de renovación 69 anos e 6 meses) os prazos de contratación poderán ser: renovación anual, ou prima única os 5 primeiros anos e a partir do ano 6 renovación anual ata vencemento da operación. No noso exemplo representativo, e a efectos informativos, simúlase un seguro de protección de pagos prima única durante os 5 primeiros anos de 3.260,72€ e a partir do 6 ano, renovación anual cunha prima de 720€. (5) Contratación dunha tarxeta de crédito Visa TÚ de ABANCA (a non ser que xa sexas titular doutra tarxeta de crédito en ABANCA) coa que cada ano realizas polo menos 24 compras ou coa que realizarás compras por un importe de 2500 € como mínimo, cunha comisión de mantemento anual de 43€ (primeiro ano gratuíta). Concesión suxeita a análise de riscos de ABANCA._ (6) Contratación dun seguro de vida comercializado a través de ABANCA (idade máxima de contratación 64 anos e 6 meses e idade máxima de renovación 69 anos e 6 meses) asociado ao préstamo. Os prazos de contratación para o seguro de vida asociado á hipoteca poderán ser: (i)renovación anual, ou (ii) prima única a 6, 8, ou 10 anos. A efectos informativos, simúlase un seguro de vida de renovación anual cuxa prima estimada é de 350,66€ para un prestatario de 30 anos de idade, e a cal permanece constante durante toda a vida da operación; dado que é complexo determinar, o custo do seguro en cada renovación, con motivo de que este poderá variar en función de múltiples circunstancias (idade, capital pendente do préstamo, impostos aplicables, estado de saúde do prestatario, etc…). Se o prestameiro non puidese contratar os seguros combinados indicados, ou durante a vixencia do préstamo superase os límites de idade indicados neste apartado, non poderá alcanzar a máxima bonificación e a súa TAEVariable Bonificada veríase modificada xa que non se terían en conta nin o custo das curmás nin a bonificación aplicable aos devanditos seguros. A contratación e condicións dos seguros, estará suxeita ao cumprimento dos requisitos de subscrición esixidos por cada compañía aseguradora. O Prestameiro deberá manter aberta en ABANCA, ata a cancelación do préstamo, unha conta asociada ao mesmo na que se aboará o importe prestado e se cargarán os pagos o que veña obrigado, derivados de dito contrato. Para obter a bonificación indicada, os seguros han de ser comercializados necesariamente polo mediador: ABANCA MEDIACIÓN, OPERADOR DE BANCA-SEGUROS VINCULADO, S.L., operador de banca-seguros vinculado, con domicilio social en Avenida da Mariña nº 1, 4ª planta, A Coruña, inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña, tomo 3321, folio 64, folla C-38698 e no Rexistro Administrativo Especial de Mediadores de Seguros da Dirección Xeral de Seguros e Fondos de Pensións co nº OV-0044 e provisto de C.I.F: B-70049630. Con Seguro de Responsabilidade Civil, Capacidade Financeira esixidos pola normativa de distribución de seguros vixente. Entidades aseguradoras dispoñibles no apartado de Seguros desta web. Podes solicitar máis información na rede de oficinas de ABANCA. Non están incluidos no cálculo da TAE os seguintes custos a cargo de ABANCA: (i) formalización da escritura de préstamo hipotecario en Notaría, (ii) inscrición da escritura de préstamo hipotecario no Rexistro da Propiedade, (iii) os de xestoría relativos á formalización en Notaría e inscrición do préstamo hipotecario no Rexistro da Propiedade correspondente, (iv) o pago do IAJD; así como os gastos de xestoría derivados do pago do mencionado imposto ante a oficina liquidadora correspondente, cando devandito gasto deba ser asumido en base a normativa. Todo isto non implica que ABANCA teña que concederche a hipoteca fixa. A oferta personalizada que che fagamos finalmente poderá diferir se as condicións da túa hipoteca cambian, ou se dispoñemos de información complementaria sobre as túas preferencias ou as túas condicións financeiras. Ten en conta, por favor, que as condicións deste produto só son válidas para novas formalizacións, para persoas físicas con ingresos e patrimonio en euros, dólares USA, francos suízos, libras esterlinas e pesos mexicanos declarados no momento do estudo do préstamo. Ademais, o importe destes ingresos para un único titular debe ser superior a 1.800 € (ou a conversión á divisa correspondente) mensuais e, se son dous titulares, o importe mínimo de 3.000 € (ou a conversión á divisa correspondente) mensuais; sempre e cando a contratación sexa a través desta web. Se o que estás a buscar é unha subrogación ou unha novación, ven vernos a unha das nosas oficinas e estudaremos xuntos o teu caso. |
Canto podo solicitar
Podes solicitar ata o 80% do menor destes valores:
- O valor de taxación da vivenda a hipotecar
- O prezo da compravenda
Por exemplo, se a vivenda che custa 200.000 € pero o valor de taxación actualizado é 187.500 €, poderás solicitar como máximo o 80% deste segundo valor, por ser o menor. Ou sexa, ata 150.000 €. Se necesitases pedir un importe maior, sería máis difícil que che concedésemos a hipoteca.
Podes contratala por 15, 20, 25 ou 30 anos, como máis che conveña. En calquera caso o prazo deberá axustarse á túa idade xa que terás acabar de pagar a hipoteca antes de facer os 75. Xa que logo, se tes máis de 60 anos non poderás contratar esta hipoteca fixa.
¿Tes preguntas? Nós respostas
Canto máis amplíes a duración da hipoteca, menor será a cantidade que teñas que pagar todos os meses. Mais lembra que iso tamén significa que en total, ao pagar os xuros durante máis tempo, pagarás un pouco máis. Ademais o prazo de devolución da hipoteca ten un límite máximo de 30 anos.
Se preferirías rebaixar a cota mensual, a Hipoteca Mari Carmen dispón dunha serie de bonificacións que che poden axudar:
- Ingresando todos os meses na conta a nómina ou a pensión, ou porque con regularidade achegas diñeiro á túa conta:
- Se domicilias a túa nómina ou pensión, ou se realizas ingresos mensuais de 600 € ou máis, ou se domicilias os teus seguros sociais, a bonificación é dun -0,20% no tipo de xuro.
- Se os teus ingresos son de 2.500 € ao mes ou máis (ou 3.500 ou máis en diferentes ingresos), ou se domicilias os teus seguros socias e mantés un saldo medio de 2.000 € na túa conta, terás unha bonificación do -0,40%. Tamén se che aplicará se tendo un ingreso recurrente superior a 600 € contratas un seguro de proteción de pagos polo valor do que resta de crédito.
- Contratando un seguro de vida polo 100% do saldo pendente da hipoteca na data de revisión, descontas - 0,25%.
- Contratando un seguro de fogar vencellado á hipoteca e que teña unha cobertura cando menos igual ao valor de taxación, a bonificación é de - 0,20%.
- Realizando 24 compras ao ano coa túa tarxeta de crédito ABANCA, ou gastando con ela cando menos 2.500 € ao ano, redúceseche un -0,15%
En total poderías rebaixar até o 1% o tipo de xuro. Consulta as condicións na páxina da Hipoteca Mari Carmen ou realiza a túa propia simulación.
A hipoteca a tipo fixo Mari Carmen é unha hipoteca coa que pagarás sempre a mesma cota, desde o primeiro mes ata o último, coa tranquilidade que iso supón. Ademais conta cun tipo de xuro moi competitivo que podes mellorar co sistema de bonificacións, facendo que sexa aínda máis reducido. Bota as contas.
Ademais, fácemonos cargo nós dos gastos de notaría, rexistro e xestoría. Nin comisión de apertura!
Tes toda a información na FIPRE e nas Condicións Xerais do Contraro, dous documentos que deberías ler con repouso se ao cabo te decides a mercar casa.
DOCUMENTACIÓN
NO BLOG