Bróker online
Consulta as tarifas para operar con valores desde o teu móbil
-
Obtén toda a información
Sobre a túa carteira, a rendibilidade e as túas operacións en curso.
-
A túa correspondencia
Enviarémosche os teus contratos de fondos e valores así como os xustificantes das operacións desde a túa banca electrónica.
-
Busca valores
Localiza valores e fondos interesantes para ti de forma eficaz dende calquera dispositivo.
-
Favoritos
Podes incluir os teus índices, valores e fondos favoritos e facerlle seguimento sobre a súa evolución.
Opera co Broker online con valores e fondos de investimento
Todos os nosos clientes teñen ao seu dispor un bróker online para operar na bolsa da forma máis fácil e eficaz. Trátase dunha plataforma web e app con todo o que necesitas para moverte pola bolsa, buscar fondos de investimento ou mercar e vender accións. Tamén atoparás noticias de actualidade relacionadas con economía, mercados e empresas que che axudarán a estar ao día de toda a información.
O bróker online e os fondos de investimento:
Se o que queres é diversificar o teu diñeiro de forma fácil e económica temos un amplo catálogo de fondos de investimento, no que podes elixir entre fondos nacionais e internacionais os que mellor se adapten ao teu perfil financeiro e a ti. Ademais, non necesitas ser un experto, porque os fondos de investimento son administrados por xestores profesionais.
Ti decides o risco que estás disposto a asumir, desde un nivel baixo de risco ata outros cun risco máis elevado. Se che interesa, informámoste polo miúdo.Desde o noso bróker online tes á túa disposición toda a información para xestionar os teus fondos. Podes consultar a túa posición e, tamén, buscar ou facer un seguimento sobre os fondos internacionais que che resulten máis relevantes.
Os detalles sobre as principais características e riscos podes consultalos no folleto informativo e no documento de datos fundamentais para o investidor de cada fondo, que está ao teu dispor, xunto co resto de documentación legal esixible, na información detallada de cada fondo, no noso bróker e nas nosas oficinas, na sociedade xestora, e na web da Comisión Nacional do Mercado de Valores. Consulta os folletos dos fondos é imprescindible antes de tomar calquera decisión de investimento.
O bróker online e os valores:
Poderás agrupar todas as operacións na túa Conta de valores e aproveitarte dunha tarifa plana para a compra e venda de valores nacionais ou internacionais.
Que necesitas para empezar a utlizar o bróker online?
Se es cliente de ABANCA, só necesitas as túas claves de banca electrónica para darte de alta, se aínda non as tes pódelas solicitar e enviámoschas rapidamente. Se aínda non eres cliente de ABANCA podes abrir unha conta corrente online desde esta mesma web, en só uns minutos! Asegurámoscho!
Antes de investir na bolsa…
Para investir na bolsa o primeiro que necesitas é unha Conta de valores desde a que administrarás a túa carteira de accións. Terás todos os teus movementos con valores, agrupados e ordenados para que os consultes cando queiras.
A Conta de valores está asociada a unha conta corrente, á que lle cargaremos o importe das túas ordes de compra, as comisións relacionadas coas operacións e custodia dos valores que deposites etc. Tamén será aí onde se che ingresará o diñeiro procedente da venda das accións e dereitos, ou o cobramento dos dividendos. Aínda non tes a túa? Contrátaa xa desde bróker online co usuario e o contrasinal da túa banca a distancia.
As tarifas do teu bróker online
Se eres cliente de ABANCA e realizas as túas operacións a través do bróker online desde a túa banca electrónica ou app, terás unha tarifa plana por operación, en función do volume da compravenda e do mercado no que queiras operar.
Lembra que, coma en calquera operación bolsista, deberás aboar as taxas e mais os canons da bolsa, que son comúns para todas as entidades, ademais dos gastos de correo se aínda non activaches o servizo gratuíto de e-correspondencia. Ademais debes ter en conta os custos vinculados á custodia dos valores. Para máis información sobre custos e gastos podes poñerte en contacto con nós.
Para máis información sobre costes e gastos podes poñerte en contacto con nós ou consultar este documento.
Importe | Comisión por operación |
---|---|
Mercado nacional | |
ImporteAta 3000 € | Comisión por operación6 € |
ImporteAta 10.000 € | Comisión por operación9 € |
ImporteAta 30.000 € | Comisión por operación15 € |
ImporteResto operacións | Comisión por operación0,15% |
Mercados internacionais | |
ImporteAta 20.000 € | Comisión por operación20 € |
ImporteResto operacións | Comisión por operación0,30 % |
Máis información
ABANCA Corporación Bancaria S.A. (ABANCA) advirte que toda a información publicada nesta sección foi elaborada por ABANCA tomando como fonte para determinados contidos a terceiros, e elaborouse sen tomar en conta a información persoal e específica do usuario, polo que en ningún caso representa opinión, estimación, predición, recomendación ou asesoramento en materia de investimento por parte de ABANCA nin de terceiros.
A información proporciónase exclusivamente a efectos informativos e publicitarios sen que poida estimarse como elemento determinante para a toma de decisións por parte do usuario.
ABANCA non responderá polas perdas, directas ou indirectas, ocasionadas polo uso da información aquí exposta. Queda completamente prohibida a reprodución ou distribución da información aquí contida por calquera medio sen a previa autorización de ABANCA.
A adquisición de instrumentos financeiros conleva riscos de diversa tipoloxía que deben ser asumidos polo investidor. A natureza e alcance do risco dependerá do tipo de instrumento. A modo de resumo, os principais riscos que debe asumir un investidor son os seguintes: de prezo, de tipo de cambio, de crédito, de interese e de falta de liquidez. Outros riscos atenden a moi diversas orixes e circunstancias: contornas políticas, económicos e sociais en xeral.