Servizo de atención ao cliente de ABANCA
Podes presentar unha reclamación por medio das seguintes canles:
-
Formulario electrónico: a forma máis áxil, sinxela e segura. Preme aquíSerás redirixido a outro sitio web para comezar. En tan só catro pasos estará xestionada e obterás o número de referencia asignado que acredita a presentación e mais a recepción por parte de ABANCA.
-
Correo electrónico: envíanos a atencioncliente@abanca.com un documento asinado no que conste o teu nome completo, enderezo postal e o teu DNI ou o teu documento de identidade e explicando o motivo da desconformidade.
-
Nas oficinas de ABANCA Corporación Bancaria, S.A. dispós de follas de reclamación do Servizo de Atención ao Cliente, que podes entregar na propia oficina.
-
Por correo postal: enviando un escrito asinado no que indiques o motivo concreto da desconformidade, xunto cunha copia do teu documento de identidade ao seguinte enderezo:
ABANCA Servizo de atención ao cliente
Rúa Nova, 1 - Entreplanta 15003 A Coruña – A CORUÑA
Podes utilizar a nosa folla de reclamaciónVer ficheiro PDF de réxime interno ou un escrito propio.
Lembra que, se presentas a queixa ou reclamación por medio dun terceiro que te represente, deberá ser acreditada a representación por calquera medio admitido en dereito.