Información sobre cláusulas de chan
ABANCA Corporación Bancaria, S.A. (“Abanca”) implantou un procedemento para a resolución de reclamacións sobre determinadas cláusulas de chan con arranxo ao Real Decreto Lei 1/2017 de 20 de xaneiro, de medidas urxentes de protección de consumidores en materia de cláusulas de chan.
Información pública • Procedemento • Datos de contacto
INFORMACIÓN PÚBLICA
Para cumprirmos co establecido no devandito Real Decreto Lei, ABANCA comunícalles aos seus clientes a seguinte información:
-
Os clientes que teñan incluídas nos seus contratos de empréstito ou crédito hipotecario determinadas cláusulas de chan a que se refire o real decreto lei, poden acollerse ao procedemento a partir do 21 de febreiro de 2017.
-
ABANCA creou un servizo especializado incardinado no Servizo de Atención ao Cliente.
-
Este servizo terá un prazo de 3 meses desde a súa recepción para darlles resposta ás reclamacións presentadas. O prazo de resposta para as reclamacións recibidas con anterioridade ao 21 de febreiro de 2017, empezará a contar a partir desa data, conforme o circuíto establecido nesta comunicación.
-
O servizo ten carácter voluntario e gratuíto para os clientes consumidores.
PROCEDEMENTO
A partir do 21 de febreiro habilítase un procedemento en ABANCA coas seguintes características:
-
A reclamación poderana entregar os clientes consumidores que se atopen no ámbito de aplicación do Real Decreto Lei 1/2017 (clientes consumidores, titulares dun empréstito ou crédito con hipoteca inmobiliaria e coas cláusulas de chan ás que se refire o real decreto lei) con obxecto de revisar se procede a devolución dos importes cobrados pola existencia desa cláusula.
-
Os clientes poderán acudir á súa oficina habitual ou a calquera oficina de ABANCA co seu documento identificativo e encher o formulario específico habilitado para efecto que se lles facilitará na propia oficina.
-
O formulario debe ir asinado polos titulares do empréstito ou crédito hipotecario obxecto de reclamación, e a oficina deixará constancia da súa recepción.
-
Non é necesario que o cliente achegue documentación adicional coa reclamación.
-
Ao que entregue o formulario de reclamación, iníciase a tramitación do proceso e o servizo especializado incardinado no Servizo de Atención ao Cliente analizará individualmente cada petición atendendo o disposto no real decreto lei.
-
Para responder, no sentido que proceda, ABANCA dispón dun prazo máximo de 3 meses, contado desde a presentación da reclamación ou desde a posta en funcionamento deste servizo (en caso de fose presentada con anterioridade).
-
Por esta canle atenderanse só reclamacións presentadas ao abeiro do real decreto lei.
-
Se a decisión é favorable ao cliente:
-
Informaráselle do importe a devolver. Para proceder á devolución é necesario que todos os titulares do empréstito ou crédito hipotecario obxecto de reclamación estean conformes co importe e que asinen o documento de acordo.
-
Ao que o asinen, ABANCA procederá á liquidación e pagamento da cantidade acordada conforme ao disposto no Real Decreto Lei.
-
As devolucións que, no seu caso, se acordasen, poden xerar obrigas tributarias e comunicaránselle á Axencia Estatal da Administración Tributaria.
-
Se o consumidor non está de acordo co cálculo da cantidade a devolver, ou rexeita a cantidade ofrecida, darase por finalizado o procedemento.
-
-
Se ABANCA rexeita a solicitude do consumidor, comunicaránselle as razóns en que se motiva a decisión e darase por concluído o procedemento.
-
Se se cumpre o prazo de tres meses e ABANCA non realizou comunicación ningunha ou non aboou de modo efectivo a cantidade ofrecida, finalizará tamén o procedemento.
-
As partes non poderán exercitar entre si ningunha acción xudicial ou extraxudicial, incluíndo reclamacións ante o Servizo de Reclamacións do Banco de España en relación co obxecto da reclamación, durante o tempo en que esta se sustancie.
DATOS DE CONTACTO
-
Presentación de solicitudes: calquera oficina ABANCA (habilitamos formularios específicos co obxectivo de axilizar a súa tramitación).
-
Servizo especializado (cláusulas de chan) - Servizo de Atención ao Cliente
-
Dirección: Rúa Nova, 1 - Entreplanta, 15003 – A CORUÑA
-
Correo electrónico: atencioncliente@abanca.com
-