Condicións de uso da nosa app
As presentes Condicións Xerais de Uso regulan a descarga, rexistro e uso da aplicación de servizos de Banca a distancia de ABANCA Corporación Bancaria S.A. (de agora en diante, a “Aplicación” ou “App”) en calquera dispositivo compatible coa Aplicación.
Abanca Corporación Bancaria, S.A.reservase o dereito a modificar, ben sexa total ou parcialmente e en calquera momento, as presentes Condicións Xerais de Uso. Poderás consultar en calquera momento as Condicións Xerais de Uso vixentes en cada momento dispoñibles na App.
CONDICIÓNS XERAIS DE USO
1. Titularidade e aceptación.
ABANCA Corporación Bancaria S.A. (de agora en diante, “ABANCA”), con domicilio social en Betanzos (A Coruña), en rúa Cantón Claudino Pita nº2 C.P. 15300 e CIF A-70302039, é unha entidade de crédito suxeita á supervisión do Banco de España e inscrita no Rexistro de Bancos e Banqueiros do Banco de España co número de codificación 2080 e no Rexistro Mercantil de A Coruña, no tomo 3426 da Sección Xeral, folio 1, folla C-47.803, inscrición 1º, á que lle corresponde a titularidade da Aplicación que pon ao dispor dos usuarios e permite a prestación de determinados servizos de banca a distancia a través da mesma.
A descarga da Aplicación, así como o acceso ás súas funcionalidades terá carácter gratuíto a excepción da conexión e/ou navegación por Internet segundo a tarifa que teñas contratada.
Coa descarga da App, prestas o teu consentimento para a incorporación dunha nova canle de acceso aos teus servizos de Banca a distancia nos termos previstos no teu contrato de Banca a distancia, así como confirmas ter lido, entendido e aceptado, sen reserva, as presentes Condicións Xerais de Uso. Poderás ler, imprimir, descargar e gardar as Condicións Xerais de Uso en todo momento, xa que estarán sempre dispoñible na App.
2. Propiedade industrial e intelectual da App.
A titularidade da App e o software e/ou calquera tecnoloxía que deba aplicarse para que ABANCA poda prestar os seus servizos a través da App (de agora en diante, a Tecnoloxía) corresponde a ABANCA ou a terceiras empresas outorgantes de licenzas.
ABANCA outórgache unha licenza de uso gratuíto da Tecnoloxía, persoal e intransferible, limitada, non exclusiva e dispoñible, trala aceptación das presentes Condicións Xerais de Uso. Dito uso inclúe a reprodución total ou parcial da Tecnoloxía exclusivamente mediante a súa utilización, descarga, execución e exhibición nun dispositivo.
Así mesmo, tódolos contidos incluídos na App, incluíndo, sen carácter limitativo, calquera Copyright, dereitos de deseño, logotipos, nome comercial, marcas, nomes de dominio de Internet, dereitos morais, códigos fonde, informes, debuxos e calquera outro dereito de propiedade intelectual e formas de protección equivalentes ou similares existentes en calquera lugar do mundo están protexidos polos dereitos de propiedade industrial e intelectual de ABANCA ou de terceiros titulares dos mesmos que autorizaron a súa inclusión na App. Queda, xa que logo, expresamente prohibida calquera utilización ou reprodución de tales marcas, nomes comerciais, deseños, textos, fotografías, logotipos, iconas e demais signos ou elementos susceptibles de utilización industrial ou comercial, sen o consentimento expreso e por escrito de ABANCA.
En relación coas funcionalidades de subida de contido (por exemplo, información, documentación, imaxes) dispoñibles na App (por exemplo, chat, foto de perfil, etc.), garantes que os datos, fotografías, representacións gráficas, así como calquera outro contido que nos proporciones a través da App (de agora en diante, os “Contidos”) che pertencen ou obtiveches consentimento dos titulares ou licenza de uso sobre os mesmos.
Isto é, es totalmente responsable do Contido e comprométeste a non subir ou proporcionar a ABANCA a través da APP ningún Contido contrario á lei, mora, orde pública e ás presentes Condicións Xerais de Uso. O Contido tampouco pode conter datos de carácter persoal sobre terceiras persoas que requiran o consentimento do titular dos dereitos.
ABANCA rexeita todo tipo de responsabilidade acerca do Contido e poderá retirar da App ou eliminar dito contido se ao seu parecer, ou ben debido á denuncia de terceiros, dito Contido infrinxise os dereitos de terceiros ou as presentes Condicións Xerais de Uso. Responderás directamente fronte a calquera terceiro de calquera dano e prexuízo que lle puidesen causar como consecuencia do incumprimento de ditas obrigas.
ABANCA resérvase o dereito a exercer cantas accións legais lle correspondan, así como reclamar os danos e prexuízos ocasional polo incumprimento do recollido neste apartado.
3. Exención de responsabilidade
Mediante o uso da App recoñeces e aceptas que a utilización da App e dos seus servizos se realiza baixo a túa enteira e exclusiva responsabilidade. ABANCA non outorga ningunha garantía nin se fai responsable, en ningún caso, dos danos e prexuízos de calquera natureza que podan derivarse do uso ou instalación da Tecnoloxía no teu terminal. ABANCA non se responsabiliza do uso ilícito, neglixente, fraudulento, contrario aos termos das presentes Condicións Xerais de Uso, ou a boa fe, da Tecnoloxía.
4. As túas obrigas de conduta na App
Ao empregar a App, obrígaste a facelo de xeito dilixente, correcto, e lícito, e, en consecuencia, estará prohibido: - Empregar os contidos da App con fins ou efectos contrarios á lei, á moral e ás boas costumes xeralmente aceptadas ou á orde pública. - Empregar virus informáticos ou calquera outro código, arquivo ou programa que estea deseñado ou destinado a interromper, danar ou limitar o funcionamento de calquera software, hardware ou equipo de telecomunicacións, ou danar ou obter acceso non autorizado aos datos ou outra información de calquera terceiro. - Calquera intento de probar a vulnerabilidade de calquera sistema ou rede de ABANCA ou violar calquera medida de seguridade ou autenticación. - Falsificar ou alterar calquera información da App.
5. Tratamento de datos persoais
En relación co tratamento dos teus datos persoais, ABANCA poderá levar a cabo o tratamento dos teus datos para acadar tódalas finalidades informadas na Ficha de Cliente que asinaches, así como na Política de Privacidade de ABANCA publicada tanto na App como no sitio web de ABANCA www.abanca.com/es/legal/politica-privacidad, en función da base lexitimadora especificada para cada finalidade, incluíndo aquelas finalidades para as que, no seu caso, prestaras o teu consentimento no suposto de que ese consentimento sexa necesario conforme á normativa de protección de datos aplicable.
6. Seguridade
ABANCA resérvase o dereito a eliminar, limitar ou impedir o acceso á App ou ás súas funcionalidades e/ou desactivar os contrasinais e, en xeral, a proceder ao bloqueo das mesmas por razóns obxectivamente xustificadas relacionadas coa seguridade adoptada para o correcto funcionamento da App ou as súas funcionalidades e/ou a sospeita dunha utilización non autorizada ou fraudulenta das mesmas.
ABANCA informarache da eliminación, limitación, bloqueo ou calquera acción que implique impedir o acceso á App ou ás súas funcionalidades e/ou a desactivar os contrasinais.
7. Modificacións
ABANCA resérvase o dereito a efectuar sen previo aviso as modificacións que considere oportunas na App, pudendo realizar as variacións tanto nos contidos e servizos que se presten a través da mesma como a forma en que estes aparezan.
8. Lexislación aplicable
As presentes Condicións Xerais de Uso rexistraranse pola lexislación española.