Reclamacións e canles de denuncia - ABANCA Gestión de Activos
A seguir, atoparás información sobre reclamacións e atoparás información sobre reclamacións e sobre como exercer un dereito relacionado cos teus datos persoais.
1. Para presentar unha reclamación ao Servizo de Atención ao Cliente
Garantímosche a defensa dos teus dereitos como cliente. Por isto, e para facilitarche a tramitación das reclamacións que puideran xurdir, poñemos ao teu dispor un Servizo de Atención ao Cliente para a xestión das túas queixas e reclamacións.
Servizo de Atención ao Cliente
Calle Serrano 45, 28001 - Madrid
reclamaciones@abancagestion.com
O Servizo de Atención ao Cliente dispón dun prazo de dous meses, que contará desde a presentación ante eles da queixa ou reclamación, para ditar un pronunciamento, e o reclamante poderá, a partir da finalización deste prazo, acudir ao Servizo de Reclamacións da Comisión Nacional do Mercado de Valores. Podes consultar aquí o Regulamento para a defensa do cliente de ABANCA Gestión de Activos.
2. Para exercer un dereito relacionado cos teus datos persoais
Poderás escribirnos ao correo cumplimientolopd@abancagestion.com. Deberás incluír os seguintes datos: nome e apelidos, correo electrónico, teléfono e motivo da reclamación.