SICAV
Datos fundamentais para o investidor
Estes son os datos fundamentais sobre esta sociedade que o investidor debe coñecer. Non se trata de material de promoción comercial. A lei esixe que se facilite esta información para axudarlle a comprender a natureza da sociedade e os riscos que comporta investir nela. É aconsellable que lea o documento para poder tomar unha decisión fundada sobre a conveniencia ou non de investir nela.
RUMBO 1717, SICAV, S.A. (Código ISIN: ES0174183030)
No Rexistro da Sociedade na CNMV: 3500
A xestora da sociedade é IMANTIA CAPITAL, S.G.I.I.C.,S.A.
Obxectivos e política de investimento
A sociedade pertence á categoría: Sociedade de Investimento. GLOBAL.
Obxectivo de xestión: Preservación rendible do capital a longo prazo.
Política de investimento: A Sociedade poderá investir entre un 0% e 100% do seu patrimonio en IIC financeiras que sexan activo apto, harmonizadas ou non, pertencentes ou non ao grupo da Xestora.
A sociedade poderá investir, ben sexa de forma directa ou indirecta a través de IIC, en activos de renda variable e renda fixa ou outros activos permitidos pola normativa vixente, sen que exista predeterminación en canto ás porcentaxes de investimento en cada clase de activo, e poderá estar a totalidade do seu patrimonio investido en calquera deles. Dentro da renda fixa, ademais de valores, inclúense depósitos á vista ou con vencemento inferior a un ano en entidades de crédito da UE ou de estados membros da OCDE, suxeitos á supervisión prudencial e instrumentos do mercado monetario non cotizados, que sexan líquidos.
Non existe obxectivo predeterminado nin límites máximos no que se refire á distribución de activos por tipo de emisor (publico ou privado), nin por rating de emisión/emisor, nin duración, nin por capitalización bolsista, nin por divisa, nin por sector económico, nin por países. Poderase investir en países emerxentes. A exposición ao risco de divisa pode acadar o 100% do patrimonio.
A sociedade non ten ningún índice de referencia na súa xestión.
Poderase investir máis do 35% en valores dun Estado da UE, unha comunidade autónoma, unha entidade local, os organismos internacionais dos que España sexa membro e estados con solvencia non inferior á de España.
Poderase operar con derivados negociados en mercados organizados de derivados coa finalidade de cobertura e de investimento e non negociados en mercados organizados de derivados coa finalidade de cobertura e de investimento.
Poderase investir até un máximo conxunto do 10% en activos que poderían introducir un maior risco que o resto dos investimentos, entre outros, pola súa liquidez, tipo de emisor ou grao de protección ao investidor.
Esta acción é de acumulación, é dicir, os rendementos obtidos son reinvestidos.
As accións da sociedade negócianse no Mercado Alternativo Bolsista. O accionista poderá subscribir e reembolsar as súas accións con unha frecuencia diaria, sempre e cando sexa día hábil de mercado.
Se vostede quere subscribir ou reembolsar o valor liquidativo aplicable ás ordes introducidas até as 16:00 horas do día D, na modalidade de comunicación de operacións a valor liquidativo, será o correspondente a D. Na modalidade de fixing o prezo será o que resulte do sistema de poxa correspondente.
Perfil de risco e remuneración
O perfil de risco é de 3 nunha escala de 7, e é esta última cifra o máximo de risco e rendemento da escala.
Este dato é indicativo do risco da sociedade e está calculado en base a datos históricos que, non embargantes, poden non constituír unha indicación fiable do futuro perfil de risco da sociedade. Ademais, non hai garantías de que a categoría indicada vaia permanecer inalterable e pode variar ao longo do tempo.
Por que nesta categoría? Porque o nivel de volatilidade histórico está entre 2% e 5%.
Outros riscos con importancia significativa non recollidos no indicador:
- Risco de crédito: é o risco de que o emisor dos activos de renda fixa non lle poida facer fronte ao pagamento do principal e dos xuros.
- Risco de liquidez: pode influír negativamente na liquidez da sociedade e/ou nas condicións de prezo nas que a sociedade pode verse obrigada a modificar as dúas posicións.
Como consecuencia, o valor liquidativo da acción pode presentar unha alta volatilidade. Os investimentos desta sociedade están suxeitos aos anteriores riscos tanto de forma directa, como forma indirecta a través dos seus investimentos noutras IICs.
Gastos
Estes gastos destínanse a sufragar os custos de funcionamento da sociedade, incluídos comercialización e distribución. Os devanditos gastos reducen o potencial de crecemento do investimento.
Pode consultar aquí os gastos correntes detraídos da sociedade ao longo dun ano.
A información detallada pode atopala no folleto dispoñible na web da xestora e na CNMV, ademais de consultar aquí a comisión de resultados do ano anterior.
Rendibilidade histórica
Pode consultar aquí o noso informe de rendibilidade histórica.
Información práctica
O depositario da sociedade é CECABANK,S.A. O depositario conta con procedementos que permiten evitar conflitos de interese no exercicio das súas funcións. Nos casos en que existan posibles conflitos de interese non solventados a través de procedementos axeitados de resolución de conflitos, publicaranse na páxina web do depositario.
O depositario ten delegadas as funcións de custodia en sistemas de liquidación internacionais. Velaquí a relación de entidades en que delegou esta función:
- Euroclear Bank
- Citibank
- Euroclear
Fiscalidade: A tributación dos rendementos obtidos polos accionistas dependerá da lexislación fiscal aplicable á súa situación persoal. Os rendementos das sociedades de investimento tributan ao 1% no Imposto sobre Sociedades.
Información adicional: Este documento debe ser entregado, previo á subscrición, co último informe semestral publicado. Estes documentos, o folleto, que contén os estatutos sociais e os últimos informes trimestral e anual, poden solicitarse gratuitamente e ser consultados por medios telemáticos na Sociedade de Investimento, ou no seu caso, na Sociedade Xestora ou nas entidades comercializadoras e nos rexistros da CNMV (dispoñibles en castelán).
A xestora e o depositario unicamente incorrerán en responsabilidade polas declaracións contidas no presente documento que resulten enganosas, inexactas ou incoherentes fronte ás correspondentes partes do folleto da sociedade.
A información que pode solicitarse de balde e ser consultada por medios telemáticos está dispoñible na web de IMANTIA CAPITAL, S.G.I.I.C.,S.A.
Esta sociedade está autorizada en España o 14/03/2008 e está regulada pola CNMV.
Informes e contas anuais
- Datos fundamentais para o investidor
- Folleto Rumbo 1717, SICAV, S.A.
- Estatutos Sociales Rumbo 1717, SICAV SA
- Contas anuais 2012
- Contas anuais 2013
- Contas anuais 2014
- Cuentas anuais 2015
- Cuentas anuais 2016
- Informe semestral do primeiro semestre 2013
- Informe semestral do primeiro semestre 2014
- Informe semestral do primeiro semestre 2015
- Informe semestral do primeiro semestre 2016
- Informe semestral do primeiro semestre 2017
- Informe semestral do segundo semestre 2013
- Informe semestral do segundo semestre 2014
- Informe semestral do segundo semestre 2015
- Informe semestral do segundo semestre 2016
- Informe trimestral do primeiro trimestre 2013
- Informe trimestral do primeiro trimestre 2014
- Informe trimestral do primeiro trimestre 2015
- Informe trimestral do primeiro trimestre 2016
- Informe trimestral do primeiro trimestre 2017
- Informe trimestral do terceiro trimestre 2013
- Informe trimestral do terceiro trimestre 2014
- Informe trimestral do terceiro trimestre 2015
- Informe trimestral do terceiro trimestre 2016