Taboleiro de anuncios
Neste taboleiro de anuncios recollemos información sobre tarifas, contratos e demais documentación de publicación obrigatoria.
Tarifas e comisións
Tarifas
Podes consultar as tarifas completas en todas as oficinas ABANCA.
-
Comisións de servizos bancarios habituais - Clientes particulares.
-
Comisións de servizos bancarios habituais - Clientes autónomos e micropemes.
-
Información trimestral de comisións e tipos practicados ou ofertados de xeito máis habitual nas operacións máis frecuentes cos perfís de clientes máis comúns que sexan persoas físicas.
-
Tipos de xuro e comisións para descubertos tácitos en contas de depósitos e excedidos tácitos en contas de crédito.
-
Conta Clara, Documento Informativo das Comisións (DIC).
-
Conta á vista, Documento Informativo das Comisións (DIC).
-
Conta Netclub, Documento Informativo das Comisións (DIC).
-
Conta de Pago Básica, Documento Informativo das Comisións (DIC).
Programa Servizos ABANCA
Neste epígrafe podes atopar información salientable sobre os requisitos e beneficios do Programa Programa Servizos ABANCA:
- Bases notariais do Programa Servizos ABANCA. Poñemos á túa disposición as bases notariais que recollen os requisitos e os beneficios do Programa Servizos ABANCA.
Troco de divisas
Velaquí tes os tipos de troco mínimos de compra e máximos de venda ou, no seu caso, os tipos únicos, e as comisións e gastos que se lles aplicarán ás operacións de compravenda de divisas ou de billetes estranxeiros contra euros, cando o seu importe non exceda os 3000 euros.
Quen me protexe
Servizo de atención ao cliente
Para calquera suxestión, dúbida ou consulta podes acceder ao Servizo de Atención ao Cliente de ABANCA.
PSD2
Poñemos á túa disposición o folleto electrónico sobre os dereitos dos consumidores ao realizar pagos previsto no artigo 106.1 da Directiva sobre servizos de pago (PSD2) e de conformidade coa Disposición Adicional terceira da Orde ECE/1263/2019, sobre transparencia das condicións e requisitos de información aplicables aos servizos de pago.
Transparencia bancaria e protección ao cliente
As operacións bancarias e do mercado de valores desenvolvidas por ABANCA Corporación Bancaria, S.A. réxense, en materia de transparencia e protección da clientela, polas seguintes normas:
-
Real Decreto Lei 1/2017, do 20 de xaneiro, de medidas urxentes de protección de consumidores en materia de cláusulas de chan.
-
Orde ECC/2316/2015, relativa ás obrigas de información e clasificación de produtos financeiros.
-
Regulamento europeo UE 524/2013, sobre a resolución de litixios relativos a operacións feitas en internet.
-
Circular 5/2012 do Banco de España, a entidades de crédito e provedores de servizos de pagamento, sobre transparencia dos servizos bancarios e responsabilidade na concesión de empréstitos.
-
Orde EFA/2899/2011, de transparencia e protección do cliente de servizos bancarios.
-
Lei 16/2011 de contratos de crédito ao consumo.
-
Orden ECE/1263/2019, do 26 de decembro, sobre transparencia das condiciones e requisitos de información aplicables aos servizos de pago.
-
Orde EFA/1717/2010, de regulamentación e control de publicidade de servizos e produtos de investimento.
-
Orde EFA/1718/2010 de regulamentación e control de publicidade de servizos e produtos bancarios.
-
Orde EFA/1665/2010, pola que se desenvolven os artigos 71 e 76 do Real Decreto 217/2008, sobre o réxime xurídico das empresas de servizos de investimento e das demais entidades que prestan servizos de investimento, en materia de tarifas e contratos-tipo.
-
Real Decreto Lei 19/2018, de servizos de pagamento e outras medidas urxentes en materia financeira.
-
Real Decreto 217/2008, sobre o réxime xurídico das empresas de servizos de investimento e demais entidades que prestan servizos de investimento e polo que se modifica parcialmente o Regulamento da Lei 35/2003, de Institucións de Investimento Colectivo, aprobado polo Real Decreto 1309/2005.
-
Circular 4/2020, do 26 de xuño, do Banco de España, sobre publicidade dos produtos e servizos bancarios.
-
Lei 10/2014 de ordenación, supervisión e solvencia de entidades de crédito.
-
Real decreto 448/2023, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral para a defensa dos consumidores e usuarios.
-
Lei 22/2007, sobre comercialización a distancia de servizos financeiros destinados a consumidores.
-
Lei 5/2019, reguladora dos contratos de crédito inmobiliario.
-
Lei 2/1994, sobre subrogación e modificación de préstamos hipotecarios.
-
Real decreto-lei 6/2012, de medidas urxentes de protección de debedores hipotecarios sen recursos.
-
Real decreto-lei 19/2022, polo que se establece un Código de Boas Prácticas para aliviar a subida dos tipos de xuro en préstamos hipotecarios sobre vivenda habitual.
-
Orde ETD/699/2020, de regulación do crédito revolvente.
FONDO DE GARANTÍA DE DEPÓSITOS
Os depósitos mantidos en ABANCA están garantidos polo Fondo de Garantía de Depósitos español (FGD). O FGD ten a súa sé en Madrid, na calle José Ortega e Gasset, 22, 5º, 28006. O seu teléfono é +34 91 431 66 45 o fax o +34 91 575 57 28, e o correo electrónico fogade@fgd.es
O límite da cobertura é de 100.000 € por depositante e entidade de crédito ou, se o depósito está noutra moeda, o seu equivalente ao aplicar os tipos de troco do día en que se produza algunha das causas para a execución da garantía, ou do anterior hábil se fose festivo.
Se tes máis depósitos en ABANCA, súmanse todos os teus depósitos e o total está suxeito ao límite de 100.000 €. Se, por exemplo, tiveses unha conta de aforro con 90.000 € e unha conta corrente con 20.000 €, reembolsaríanseche 100.000 €.
Se tes unha conta en participación con outras persoas, o límite de 100.000 € aplícase a cada depositante por separado, agás os depósitos que realices como socio ou membro dunha sociedade, asociación ou agrupación de índole similar, sen personalidade xurídica, pois nese caso sumaríanse e trataríanse como se os efectuase un depositante único para efectos do cáculo do límite.
Ademais do importe garantido para os depósitos, os valores ou instrumentos financeiros depositados en ABANCA contan cunha garantía independente, que tamén ten un importe máximo de 100.000 €.
Se queres consultar a información completa sobre a cobertura dos depósitos de ABANCA, podes facelo neste documento.
En caso de que teñas débedas con ABANCA que sexan esixibles en data anterior ou igual ao día en que se producise algunha das causas para a execución da garantía e non exista ningunha disposición legal que o prohiba, estas débedas teranse en conta para calcular o importe reembolsable.
O período de reembolso se se producise o concurso da entidade de crédito é de 20 días hábiles ata o 31 de decembro de 2018; de 15 días hábiles entre o 1 de xaneiro de 2019 e o 31 de decembro de 2020; de 10 días hábiles entre o 1 de xaneiro do 2021 e o 31 de decembro de 2013; e de 7 días hábiles a partir de xaneiro de 2014.
Ao FGD resúltanlle de aplicación as seguintes disposicións normativas:
-
Real Decreto-lei 16/2011, de 14 de outubro, polo que se crea o Fondo de Garantía de Depósitos español.
-
Real Decreto 2606/1996, con data do 20 de decembro, sobre o Réximen Xurídico dos Fondos de Garantía de Depósitos de Entidades de Crédito.
Se queres máis información sobre o Fondo de Garantía de Depósitos podes consultar a web do FGD.
Como me informo?
INFORMACIÓN PRECONTRATUAL E OFERTAS VENELLANTES
Informámosche de que está ao teu dispor de forma gratuíta, se es cliente de empréstitos e créditos hipotecarios suxeitos á Orden EFA/2899/2011, a seguinte información:
-
A Guía de Acceso ao Empréstito Hipotecario (es) elaborada polo Banco de España. A Guía vai dirixida aos prestatarios que sexan persoas físicas, se a hipoteca recae sobre unha vivenda, ou se a finalidade do empréstito é mercar ou conservar dereitos de propiedade sobre terreos ou edificacións construídas ou por construír. Tamén están abeirados por esta Guía os casos de subrogación de empréstitos de promotor.
-
A Ficha de información precontractual (FIPRE), relativa aos empréstitos e créditos hipotecarios cando como cliente sexas unha persoa física, se a hipoteca recae sobre unha vivenda, ou se a finalidade do empréstito é mercar ou conservar dereitos de propiedade sobre terreos ou edificacións construídas ou por construír.
-
A oferta vencellante: que poderán solicitar os clientes interesados na contratación de créditos ao consumo acollidos á Lei 16/2011, de empréstitos hipotecarios acolidos á Lei 2/1994, e de empréstitos e créditos hipotecarios acollidos á Orde EFA/2899/2011, de 28 de outubro, antes da celebración do contrato.
FOLLETOS E CONTRATOS TIPO
Tamén pomos ao teu dispor o contrato tipo de custodia e administración de instrumentos financeiros (.pdf) así como o contrato tipo de xestión discrecional e individualizada de carteiras de inversión(.pdf).
TITULARIDADES FINANCEIRAS
Sinalámosche que, conforme a normativa de prevención do branqueo de capitais e do finanzamento do terrorismo, ABANCA está obrigada a declararlle ao Ficheiro de Titulariedades Financeiras a apertura e cancelación de todas as contas correntes, contas de aforro, contas de valores ou depósitos a prazo, xunto cos datos identificativos dos titulares, titulares reais, representantes e autorizados. O responsable deste ficheiro é a Secretaría de Estado de Economía e Apoyo á Empresa, e actúa como encargado do tratamento, en nome da Secretaría de Estado, o Servizo Executivo da Comisión de Prevención do Branqueo de Capitais e Infraccións Monetarias.
Esta información ten a finalidade de previr e impedir o branqueo de capitais e o finanzamento do terrorismo.
MiFID
INFORMACIÓN MIFID
Velaquí toda a información verbo da normativa sobre os mercados de instrumentos financeiros, coñecida como MIFID. Esta é a información precontractual MiFID.
Ademais, a relación entre os clientes minoristas e profesionais de ABANCA para a prestación de servizos de investimento formalízase nun Acordo básico - termos e condicións xerais aplicables á prestación pola entidade de servizos sobre produtos de investimento (.pdf). Poderás asinar este acordo na túa oficina ou a través de banca electrónica.
Así mesmo, e en liña co compromiso da entidade coa sostibilidade, poñemos á súa disposición un documento informativo sobre conceptos básicos relacionados con este ámbito, así como sobre a consideración das preferencias de sostibilidade dos clientes no test de idoneidade que serán tidas en conta cando lle prestemos o servizo de asesoramento en materia de investimento e/o xestión de carteiras. Para que vostede poida responder correctamente as preguntas que lle formulemos é importante que lea detidamente as explicacións que se inclúen no mesmo e, en caso de dúbida, consulte ao seu asesor, xestor ou axente.
Solicitude de cambio de clasificación de clientes
A normativa MiFID establece o dereito que che asiste, se o desexas, a solicitar o troco de clasificación, asumindo as posibles implicacións e limitacións que acompañan a clasificación solicitada en relación co nivel de protección que ABANCA outorga.
Os posibles trocos de clasificación admitidos por ABANCA son:
- Clientes minoristas: poderán solicitar que se lles trate como clientes profesionais, logo de declararen o cumprimento de dous dos tres requisitos necesarios para que ABANCA admita o troco de clasificación e contribución, se for o caso, da documentación acreditativa dese cumprimento. Asi mesmo, a avaliación da conveniencia realizada ao cliente deberá concluír que o cliente ten coñecementos e experiencia para comprender os riscos da contratación de cualquera tipo de instrumento financeiro avaliado.
- Clientes profesionais: poderían solicitar ser tratados como clientes minoristas.
- Contrapartes elixibles: poderían solicitar ser tratados como clientes profesionais ou minoristas.
En relación cos dereitos que a Lei do Mercado de Valores lle outorga ao investidor, presentámosche as distintas políticas adoptadas por ABANCA.
- Política de óptima execución(.pdf)
- Política de xestión de ordes (.pdf).
- Política de salvagarda de activos (.pdf).
- Política de xestión de conflitos de interese (.pdf).
- Política de incentivos (.pdf)
- Política de asignación en operacións de colocación (.pdf)
De acordo coa normativa MIFID II, as empresas de inversión deben permitir que o público e os inversores evalúen a calidade das súas prácticas de execución e identifiquen os cinco principais centros de execución e intermediarios en términos de volume de negociación nos que executaron ordes de clientes durante o ano anterior. Con este fin, ABANCA publica os correspondentes Informes dos principais centros de execución e intermediarios e a calidade da execución obtida.
- Informe sobre os cinco principais centros de execución e intermediarios e a calidade da execución obtida 2020 (.pdf)
- Informe sobre os cinco principais centros de execución e intermediarios e a calidade da execución obtida 2021 (.pdf)
- Informe sobre os cinco principais centros de execución e intermediarios e a calidade da execución obtida 2022 (.pdf)
Solicitude de cambio de clasificación de clientes
Para calquera consulta que desexes facer en relación con algún aspecto da normativa MiFID podes utilizar os seguintes métodos de comunicación:
Más información
- Teléfono de información MiFID: 900 811 819 - 0034 981 179 609.
- Correo electrónico: mifid@abanca.com
- Servizo de Atención ao Cliente.