Seguridad: protégete de las ciberestafas
Prevén o fraude con Chave ABANCA
Máis fácil
Sen contraseña ou SMS
Menos riscos
Seguridade: protéxete das ciberestafas
Dedicamos moitos esforzos para protexerte, pero só ti podes actuar fronte a certos riscos.
- Nunca accedas á túa banca electrónica desde ligazóns ni anuncios en buscadores. Escribe a dirección web de ABANCA directamente no teu navegador.
- Cando entres na nosa web, comproba que apareza o indicador de seguridade, representado por un cadeado 🔒. Atoparalo na túa barra de navegación.
- Descarga a app desde as tendas de aplicacións de iOS e Android.
- Cando teñas que validar unha compra online, le con atención o sms cos códigos que che enviamos e identifica o vendedor e o importe.
Como acceder a túa banca electrónica con seguridade
A túa banca electrónica incorpora un sistema de reforzo de seguridade para identificarte de forma segura.
Tras varios fallos consecutivos ao introducir as túas claves ou un longo período de inactividade, a túa banca electrónica quedará bloqueada. Para desbloqueala, utiliza a ligazón “Non consigo acceder” ou acode á túa oficina máis próxima para solicitar un novo PIN.
Insistimos: os ciberdelincuentes fanse pasar por servizos de mensaxería, tendas online, administracións públicas, e tamén por bancos! Así que lembra: nunca che pediremos as túas claves. E se tes dúbidas, chámanos.
Desconexión automática
Ante a duda: desconfía
A túa seguridade, actualizada
A tranquilidade dunha rede segura
Se crees que fuches vítima dunha estafa:
-
En caso de ter instalado un antivirus, realiza unha análise do dispositivo para tentar desinstalar a aplicación maliciosa.
-
Se isto non funciona, podes restaurar os valores de fábrica do dispositivo desde a sección de ‘Axustes’. Este tipo de aplicacións poden ser difíciles de eliminar, mesmo para unha solución de antivirus.
-
Recomendámosche que cambies o PIN de acceso ás túas contas bancarias, así como o das túas tarxetas bancarias.
-
Ademais, podes denunciar o suceso á Policía Nacional, a Garda Civil ou no Instituto Nacional de Ciberseguridade (INCIBE).
Se pasa algo, como te avisamos?
-
Temos un dos mellores equipos humanos e técnicos: se detectamos algo raro, poñerémonos en contacto contigo por teléfono ou correo electrónico para informarte dalgún posible problema ou verificar a autenticidade dalgunha das túas operacións.
-
Lembra que nunca che solicitaremos datos confidenciais nin claves por correo electrónico, SMS ou WhatsApp. Por iso, se che solicitan ese tipo de información, non respondas! Alguén podería estar a te enganar.
-
Se algunha vez che ocorre algo así, agradecémosche que nolo envíes a tuseguridad@abanca.com para evitar posibles fraudes a outros clientes.
Os nosos sistemas de seguridade non estarían completos sen a túa axuda
Por iso, se detectas algunha actividade estraña, agradecerémosche que nolo fagas saber se:
-
Ocorre algo coas túas compras, as túas tarxetas ou as túas contas
-
Atopas algunha web que se parece á de ABANCA pero non o é
-
Ao acceder á túa banca a distancia solicítanche máis claves das habituais
-
Chéganche avisos ao móbil sobre accesos ou operacións que ti non estas facendo
-
Chégache un correo cunha ligazón directa á túa banca electrónica
Monitorizamos minuto a minuto
Dispoñemos dun sistema de alertas
Temos protocolos establecidos
Tus compras online seguras
- Autenticamos as túas compras por internet.
- Esiximos a firma de certas operacións para iso podemos enviarche unha notificación á app de banca móbil ou pedirche uns datos e un contrasinal dun só uso que enviaremos ao teu teléfono móbil. Comproba que a operación se corresponde coa que estás realizando.
Poderás consultar toda a información sobre a seguridade nas compras online, aquí.
Dáche reparo dar o número da túa tarxeta ao comprar en liña?
O noso sistema de seguridade está preparado para non comprometer nin a túa información nin o teu diñeiro cando realizas compras online.
Unha conta online sen comisións
Xera unha tarxeta virtual directamente desde a túa app de ABANCA e asígnalle o límite de diñeiro que decidas. É fácil, rápido e gratuíto.
Tamén podes limitar o risco das túas compras utilizando as tarxetas prepago. Só poderás utilizar o saldo que teñas cargado.
Tarxetas virtuais: solución para compradores expertos (ou inexpertos)
Cres que esqueciches a túa tarxeta na casa pero non estás seguro?
A app de ABANCA dáche a posibilidade de apagar e acender as túas tarxetas. Así, poderás controlar facilmente o seu uso e desactivalas se sospeitas que fuches vítima de roubo, fraude, ou se a perdiches.
Creo que perdín a miña tarxeta, ¿mellor apagala o bloqueala?